Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

Cóntame un conto

etnografía de patacón

De acordeóns e orellas

luns, 14 de abril de 2008 14:27
contamunconto: De acordeóns e orellas

Un meu pariente renegou da gaita, e botouse de cabeza ó acordeón. O rapaz colleu amores cunha moza de Oseiro que tiña un acordeón vello no faiado. O instrumento en cuestión pertencera a un tío-avó dela, coñecido noutros tempos polos arredores co alcume de "Nachina". Tamén lle chamaban Pontevedra, pois viñera daló. Non era o que se dí un virtuoso, pero tocaba muiñeiras, Jotas e incluso a Raspita. Un fenómeno disque non o era, pero polo menos, facía baile el só.
O caso é que o vello acordeón caeu nas mans deste familiar meu, e gatilla que gatilla, conseguiu amañar unhas repichocas e poñelas a tono para que sexan dignamente escoitadas.
Díxenlle eu: -E logo, non era ben darlle un pouco máis de brío para que a xente baile?
-Non, meu tío -respondeu el-. A idea é que a xente escoite. Para bailar xa están as verbenas.
Eu aínda non pillei ben a idea. O éxito do gaiteiro, noutra hora, era poñela xente a bailar, ou como pouco, a facelos partícipes da festa. E este condanado pretende que a xente utilice as orellas, e non os pes… e aínda por riba tocando o acordeón, que é o instrumento máis bailongo do mundo.
Dicíase neutros tempos, aló por Muxía, que un gaiteiro “tocaba para o vicio” cando non buscaba o rítmico e o bailable; cando buscaba na gaita as notas longas, e a cadencia lenta dos alalás. É o que poéticamente se define como “facer chorar a gaita”. Non sei, pero eu supoño que será máis fácil facer chorar un acordeón que unha gaita.Dígoo polo tema do fuelle, que no acordeón é elástico, e na gaita é ríxido.
A verdade é que a este meu sobriño lle leva idea o da música, pero separala do baile échevos tarea complicada. Veremos en que queda a cousa. Disque vai tocar próximamente nun destes bares modernos que temos no centro de Arteixo.
Cando saiba máis, xa vos contarei.

http://arteixo.cidadans.net/contamunconto/47610
8 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Comentarios

  • ti si que escribes ben chaval, non como outros. E nin siquiera sabemos quen eres. Sigue contando, fabuloso.

    un que se suma - 14/04, 16:19
  • Cómo non parar a orella áo escoitar un ‘cordión’ ou un alalá, e sentir como se erízan os pélos ante tanto vicio do corazón, e chorar si hai que chorar, ou andar de punta-tacón anque sexa sentado. Espero que abran os enlaces que publíco. Ti si que escríbes ben Rilo. Marcho a pillar un ‘táji’. Un saudo.

    Johnny Lee Leslie.¡Qué pasada total!...
    es.youtube.com
    es.youtube.com

    Uxía e Cristína Fernández... Non a presi d’Arxentína, eh!!!.
    es.youtube.com

    sioux - 14/04, 16:38
  • O chaval non só escribe ben,senón que tamen toca ben a gaita...,outros nin escriben e son soplagaitas de "la palabra"

    Arteixán - 14/04, 18:19
  • Rilo, é un pracer ler o que escribes. Eu son neta dun músico, o meu avó tocaba a trompeta. Cando el estaba triste, a súa trompeta choraba...

    Amadora - 14/04, 23:26
  • Rilo, el que nace artista...no solo eres un gran músico edemás escribe muy bien, seguro que has de pintar.
    Luisa cuando te concibió lo hizo a conciencia, mira que le saliste ben feitiño!!

    una admiradora - 15/04, 12:50
  • LUISA? A NAI DE RILO NON SE CHAMA ASI.

    LUISA - 15/04, 13:13
  • fue un lapsus, es María Jesús o no?

    una admiradora - 20/04, 21:50
  • Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Para máis información:
    blog-xuntanza.blogspot.com

    Manuel Busto - 24/04, 19:31

Envía o teu comentario


 
 
 
Copie el código que aparece en la imagen.
 Condicións de publicación de comentarios
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados