Pastoriza, Eslovenia, o pazo de Meirás e Almanzor.
01/10/2007
A verdade é que se trata dunha asociación estrana a de estos catro elementos na mesma frase e no mesmo retrinco. Pero se me permitides ir por partes, veredes que non están tan lonxe uns dos outros.
Pastoriza está na boca de todos polo tema do San Miguel, que foi antonte, e que hoxendía serve de pistoletazo de saída para o mes grande da Virxe. E digo mes grande polo das peregrinacións tódolos domingos e festivos de Outubro ao Santuario. Xunto con Caión, échevos o "mini-xacobeo" que temos máis a man.
Hai dous anos, en Eslovenia recomendáronme un libro que se chamaba tal que así: "La leyenda de Pastoriza". Eslovenia é un pequeno pais pertencente á antiga Yugoslavia, pero a menos de cincuenta quilómetros de Venecia. Soa raro, pero foi así de surrealista. Unha estudante de Filoloxía española na facultade de Liubliana me vai falar a min de Pastoriza. Pois así foi. Esta rapaza estaba elaborando a súa tese doutoral sobre a Literatura española do século XIX, e concretamente do realismo de Benito Galdós, de Clarín e de Emilia Pardo Bazán. Naqueles momentos, esta estudante estaba a saco coa obra de Dona Emilia, da cal é de sobra coñecido "Los pazos de Ulloa". E manda carallo que teña que chegar eu a Eslovenia para enterarme de que a Pardo Bazán tamén escribiu un libriño sobre a lenda da Virxe de Pastoriza...
Por outro lado, moito se fala estos días do Pazo de Meirás, e non por motivos literarios propiamente. Que si é un ben cultural, que si os herdeiros de Franco deberían devolvelo, que si dentro teñen as de Dios... e con todo este revuelo, case que queda agochado o feito de que algún día este pazo pertenceu a Emilia Pardo Bazán, que foi escritora, e non das que postean nos blogs hoxendía. Xa só este pretexto debería de servir para interesarse polo que fixo, que non foi pouco. Se queredes saber, téndela aí, na biblioteca, ou a golpe de wikipedia.
Pois de volta daquela viaxe á antiga Yugoslavia, busquei o devandito libro....e atopeino. Non en Arteixo, pero sí na biblioteca de Durán Loriga: "La leyenda de Pastoriza" por Doña Emilia Pardo Bazán. 1887.
Esta lenda fala da fundación do Santuario no ano 453, por orde do rei suevo Reckiario. Por este motivo, Pastoriza sería o primeiro santuario mariano de Galicia.
E aquí aparece Almanzor, ese pedazo de caudillo musulmán malo malísimo que, entre outras desfeitas, destruiu a primitiva hermida de Pastoriza. A imaxe da Virxe foi agochada por alguén, e foi aparecer moitísimos anos despois. Atopouna unha rapaza seguindo unha estrela que a guiou ata unha pedra curva que pasaría a chamarse o "berce da Virxe". Trátase da pedra pola que hoxendía pasan os romeiros para sanar as dores das costas.
A verdade é que me quedou un pouco "tutti-frutti-multi-culti" este relato...
tendes que disculpar...
pero claro... pensade que eu polo de agora vivo de tocala gaita, non de contar contos.
Bicos e avións
Comentarios:
-
1. Din..que vale á pena que cha toquen..que pagár por tocala..,tamén din que gaiteiro págo núnca ben tocou...
Publicado por: Hay que tocala. | 01/10/2007 13:16:33
-
2. Tocar non sei como tocarás, pero dende logo se eres quen de vivir de tocala ...... noraboa. Pero mentras non te escoitamos, continúa a relagarnos estes contos que son una delicia.
Publicado por: albanta | 02/10/2007 09:51:26
-
3. Mira eu si coñezo o "libriño da Pardo Bazán sobre a virxe de Pastoriza, o que non sabía era que o pazo de Meirás houbera sido dela.
Cada día acaba co algo novo.
unha aperta e bicos terrestres
Publicado por: esquio | 02/10/2007 12:36:40
-
4. Pois estivo ben este relato tuttifrutti.
O que non entendo e o de bicos e avions.
Publicado por: paideleo | 06/10/2007 00:20:14
-
5. pois o de bicos e avions copioumo a min.
Publicado por: a muller de rilo | 06/10/2007 15:33:34
-
6. Vale.A mín porque me gusta moito ver os avións no Burgo, cando chegan e cando marchan, entón paréceme unha boa despedida "bicos e avións" pero.....supoño que terá outro significado pra vos ¿non?
Por cierto, Cuentameuncuento, siempre que entro en el blog te leo y siempre me entretienes. ¿Bicos y trenes?
Publicado por: Valvanera | 11/10/2007 13:31:04