SUCESIVOS ROUBOS NA ZONA COMERCIAL
domingo, 06 de maio de 2007 22:02
Abro este caderno para comentar uha serie de roubos que se produciron na Avenida do Balneario nas ultimas 3 ou catro semanas.
Sobre estes asaltos (todos de noite, á porta cerrada) non se soubo moito, a verdade, pois non tiveron moita relevancia entre os veciños.
Concretamente (e ata donde eu coñezo), producironse cinco roubos en tres establecementos, dous destes sufríronos por partida doble. En tódolos casos só levaron a caixa.
Agora... eu preguntome: sabendo como soubo a policia esto, ¿non poderian, a partir da primeira ou segunda vez que ocorreu, vixiar a zona polas noites para tratar de evitalo?
Por que, ¿teran outra cosa mais importantes que facer pola noite? e...¿a que se dedican nestes turnos?
Porque.....ao mellor atopábanse no comercio de marroquís que esta enfrente do GRUPO ALUMAN, a (multi)empresa do noso adorado lider-presidente-alcalde-empresario-etc.etc.
A verdade é que varios veciños da zona ven aos policias ir a esta tenda polas noites, e non unha, nin duas, nin tres veces.
Visto esto, a min dame moito que pensar, non sei a vós. Eu polo menos non vexo normal estes hábitos nos axentes cando están a "traballar" (¿¿non teran alfombras na casa??).
Prefiero non pensar, solo se me ocorren cousas malas, e quero aplicarlles a presunción de inocencia ¿?
O OBXECTIVO DA CREACION DESTE ARTÍCULO É, ADEMAIS DE DAR A COÑECER UNS FEITOS QUE CREO DESCOÑECIDOS, SABER A OPINION DE TODOS VÓS----POR ESO VOS ANIMO A QUE OPINEDES!!!
GRACIAS Fdo.:Julián Muñoz