Arteixo Castellano  Galego  

A velas vir

Diario de a bordo dun inconformista recalcitrante

"Mátala, mátala... písale la cabeza"

04/08/2008

Así se expresaban unas nenas de non máis de 15 anos mentres unha compañeira apalizaba brutalmente a outra rapaza da mesma idade no madrileño concello de Colmenarejo.

Tiróns de pelo, puñetazos, pisotóns, e patadas pódense ver no video, que a xeito de trofeo, grabaron as participantes deste aberrante feito, e que posteriormente foi colgado en youtube como mostra da sua fazaña.

Din que a agredida está ferida no físico e no psicolóxico. E non é de estranar. Porque ó fin e ó cabo, as feridas do corpo acaban pasando... pero verte como noticia de apertura de tódolos informativos nacionais, saber que o teu video foi un dos máis vistos en youtube, que todo o pobo o pasou por bluetooth ós seus teléfonos móviles... ser consciente de que máis de medio país sabe que che deron unha malleira, sen que ningúen fixese nada por evitalo... e verte acosada por ducias de cámaras, unha chuvia de flashes e un cento de micrófonos, coma buitres carroñeros esperando a súa presa, cando saes por primeira vez á rúa... todo eso ten que doer máis que que che dean unha patada na cabeza cando estás no chan mentras escoitas ás coristas berrar "pero mátala, mátala que da igual..."

Pero este tema deixame moitos interrogantes, demasiados...

¿Qué clase de pais son os que educan ós seus fillos para que todo o resolvan a golpes? ¿Qué aprenden esas nenas nas súas familias para mostrar semellante desprecio pola vida humana? ¿En qué clase de enfermos nos convertemos cando grabamos malleiras cos móviles para subilas ó youtube e pasalas de teléfono en teléfono coma quen amosa na casa as cabezas cortadas das fieras cazadas nun safari?

E o peor de todo, e o que máis me revolve as tripas, é a nube de xornalistas acosando á pobre rapaza cando saiu á rúa por primeira vez despois da malleira... ¿Por qué non podemos respetar a súa intimidade? ¿Onde está a ética xornalística, os dereitos do menor...?

Sinceramente... estou moi preocupado...

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/08/04/matala-matala-pisale-la-cabeza/
7 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Pois non te preocupes tanto, porque me da que isto vai a ir millorando co tempo.
    Coñeces o refrán aquel que dí... De lo que se come se cria?... Pois d'aquela, mira o que comen os cativos durante o día por parte de todolos medios de comunicación ou entretenimiento e sentate a esperar unha mentira ou en todo caso... un gran espectaculo, eso si, con moderador, que dé paso, a os intres de marabillosa publicidade.
    ¡Coño, que pouco se anuncian ultimamente os Bancos na tele!, ¿Por qué será?. Saudiños.

    Publicado por: sioux | 04/08/2008 19:34:08
  • 2. Teño unha prima que ten un cativo pequeno. Ela educou ó seu fillo nos valores de que hai que compartir, de que non debe meterse en liortas e andar a pegarse cos outros nenos, en que non se pode andar insultado á xente, en fin, educouno civilizadamente. Un día, falando con ela na rúa, díxome que estaba desesperada, porque o neno non tiña capacidade de resposta ante determinadas situacións, o que o facía totalmente dependente. Cando ían ó parque, o neno, coma todos os cativos, levaba os seus xoguetes, e mesmo non tiña problemas en compartilos cos demáis. Á hora da reciprocidade, encontrábase con nenos que non só non compartían os xoguetes, senón que o querían agredir porque mentras eles collían os del, él tiña que esperar a que llos devolveran sen poder tocar os deles. Cando vía que a agresión estaba a caer, o neno escapaba correndo a refuxiarse nela coa cara de: "Dónde queda todo o que me ensinas na casa?". Eu que son moito peor persoa que miña prima, non dubidei en contestarlle: "Pensa que a túa escala de valores non ten porque ser a dos demáis...se o comportamento é normal, que o neno sexa coma tí queres que sexa, pero se toca lei da selva, que ruxa"...E non vai quedar outra máis que a de facerlle a competencia ó león da Metro...e senón, ó tempo.

    Publicado por: L_DEL_J | 05/08/2008 01:01:20
  • 3. personalmente creo que el problema es de una sociedad en su conjunto, ya he dicho muchas veces que creo que el problema es que los nuevos padres, (y no tan nuevos) con hijos entre los 1 y los 17 (mas o menos) se han preocupado mucho más de ser colegas de sus hijos que de ser sus padres, hoy en día los niños y adolescentes carecen de toda obligación y responsabilidad porque todos contribuimos a ello, en el colegio pueden pasar con 4 suspensas y para que se van a molestar en sacar más... en casa sus padres son de "puta madre, son mis colegas" pueden salir con 15 años hasta las 6 de la mañana y no pasa nada es normal...¿normal? no se yo no lo veo tan normal pero será que yo no seré tan colega de mis hijos...un padre tiene que enseñar valores y aplicarlos, algunos creen que diciendole que no a un hijo le crearan algun tipo de trauma y a todos nos han dicho que no a muchas cosas y creo que agradecemos hoy en día la educación recibida, a mi personalmente esas niñas no me preocupan demasiado hoy, lo que me preocupa es que esas delicuentes potenciales serán las mujeres del mañana, al igual que no me preocupa ese chico sentado en un portal saltandose las clases fumandose los petas mientras su padre ni se preocupa de donde estará, a mi lo que me preocupa es que ese chico con su falta de valores, responsabilidades y obligaciones, con una educación precaria será el español de mañana.

    Publicado por: yoli | 05/08/2008 09:21:11
  • 4. Para iso está a nova sinatura.."educación para la ciudadania"..,Yoli..,hai que ir cos tempos.Aquelo do catecismo.."si che dan ún cachete pola outra mexilla..quedou anclado no catecismo i o adoutrinamento relixioso.As doutrinas núnca foron boas,sabemelo ben quenes tivemos que sufrilas durante decadas.Os valores son os pilares principais que os proxenitores deben sentar e inculcar/lles os fillos.Por outra banda o feito de ser"colegas"considero tampoco está reñido coa educación nin coa falta de respecto da xuventude,senón outros problemas que a mesma vida diarimente crea.Sempre me considerei colega dos meus fillos,agora dos meus netos,e aseguroche que eu saiba xamáis me faltaron o respecto.Emplea/lo "latigo" núnca deu nin dará resultado.

    Publicado por: Arteixán | 05/08/2008 11:02:18
  • 5. no he dado religión en el colegio, soy de los de ética, creo que tanto la religión como la educación deben ser del hogar y no de las instituciones, no estoy a favor de la educación religosa en las escuelas pero tampoco del adoctrinamiento de "educación para la ciudadania" el colegio está para formar profesionalmente y no para adoctrinar partidariamente ni de un lado ni del otro, eso corresponde a los padres, que es la carencia total de ahora, parece que todo el mundo tiene obligación de criarles a los hijos menos ellos, todos tienen responsabilidades menos ellos. Puedes ser colega de tus hijos claro que si, pero no te puedes olvidar de que tambien eres el padre...por eso creo que hay gente que se olvida de una parte de la historia.

    Publicado por: yoli | 05/08/2008 11:25:30
  • 6. en cuanto a lo del látigo Arteixan, jamás sería partidaria del uso de la fuerza si no del raciocinio y el respeto, respeto que aprendes a tener desde pequeño y no con 15 años, el respeto por los demás, nuestros familiares y mayores, lo adquirimos desde la cuna y creo que hay una gran diferencia en tener respeto y tener miedo, si usas el "latigo" lo que te tienen es miedo y cuando alcanzan una edad donde el miedo ya no funciona se lió la marimorena, jamás me han puesto mis padres la mano encima (tampoco era que diese muchos motivos) pero creo que una buena regañina a tiempo o quedarte sin salir con los amigos un mes te enseña a reflexionar en lo que hemos hecho mal y en lo que realmente está mal, el problema es que hoy en día sean normalizado muchas cosas que hasta hace pocos años no eran para nada normales, llamame anticuada si quieres, pero antes, el que se fumaba un peta lo hacía a escondidas porque era consciente de que no estaba haciendo bien, (lo hacias, si, pero era tu elección hacer el mal) ahora los fumas en la calle delante de niños en el parque o delante de un negocio cualquiera del pueblo, y no les puedes decir nada, pues no creen que esten haciendo nada malo, esa es la diferencia. todos hemos tomado alguna copa sin tener la edad, pero sabaias que no podias llegar pedo a casa o te caía una buena, ahora no solo lo hacen si no que se cabrean si aun encima el viejo no le da la pasta para los cubatas...algo tan básico como diferenciar el bien del mal, ya poco existe y mucho es de querer ser mas modernos que nuestros padres e intentar hacer normales cosas que nunca debieron parecerlo. Es mi opinión, pero quizás sea un poco carca Arteixán, quizás no este adaptada a las nuevas generaciones.

    Publicado por: yoli | 05/08/2008 11:55:37
  • 7. Por desgracia non se trata dun feito aillado ou novidoso,senón que ven a repetirse a cotío: os archi-repetidos videos da "bofetada feliz", a humillación e abusos grabados por unha pandilla de g... contra rapaces con deficiencias e xente sen fogar, as "kedadas" para mallarse... as novas tecnoloxías permiten cada vez máis a difusión de feitos que son denunciables (e penados no caso de ser coñecidos)e diante dos que unha gran parte da xente reacciona con indiferencia, cun sorriso, desexando ver sangue para que sexa mellor! A observación da violencia continuada provoca insensibilidade cara a mesma e incita en certa medida á súa reproducción. Creo que deberíamos ser máis críticos á hora de elexir os videoxogos que mercan os rapaces, as películas que ven, o manexo que fan de internet, chats, etc.. e axudar a formar o seu criterio primando a educación en valores, algo que cada vez máis pasa a un segundo plano en favor da inmediatez e do éxito económico,
    En canto ó noxo que che producen os xornalistas acosando á rapaza, estou dacordo contigo, e non se me saca da cabeza cando foron os asasinatos e violacións das nenas de Alcasser e a "imbécil" da reporteira só se lle ocorre preguntarlle ós pais das rapazas o día do enterro "¿cómo se sienten ustedes en estos momentos?"..¿como cres que te sentirías ti se che asasinaran e desgraciaran ó máis preciado que tes, g..? En fin, un ás veces dubida se nas facultades de periodismo realmente ensinan á xente a observar asépticamente os feitos, informar, e intentar poñerse no lugar da victima e da familia á hora de enfoca-la noticia(por respeto, por decencia e por humanidade).

    Publicado por: laia | 06/08/2008 01:46:57

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados