Arteixo Castellano  Galego  

A velas vir

Diario de a bordo dun inconformista recalcitrante

Debate aberto sobre as festas de Arteixo

18/07/2008

Nun dos anteriores artigos, algúns comentarios da xente fixéronme reflexionar, botar a vista atrás, e lembrar cómo eran as festas hai anos en Arteixo, e cómo son agora.

Alguén dicía que o traslado das festas á explanada so beneficiou ós veciños que rodeaban o antigo campo da festa, que agora descansan máis tranquilos, pero que os hosteleiros de Arteixo perderon bastante, xa que o movemento de xente no centro da vila xa non é o que era.

De tódolos xeitos, co barullo que montan hoxe en día as orquestas, as atraccións (o saltamontes coa voz nasal do "narrador" comentando o xa clásico "arriba ese culito"), as tómbolas co seu "dos de oros, señora, dos de oros, le ha tocau el robó de cocina..." "otro muñeco picachu, otro muñeco pokemon"... os coches de choque coa música makinera a todo meter... a xente que vive na Avenida de Caión, ou na de Finisterre enfrente á explanada, non creo que durma moi tranquila.

E máis, eu creo que xa tódolos veciños teñen-temos asumido que son dias para durmir un pouco menos do habitual. Para eso son festas...

Por iso gustaríame abrir unha liña de debate entre os lectores: ¿onde credes que se deberían celebrar as festas e por qué? ¿qué intereses pensades que trasladaron as festas á explanada?

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/07/18/debate-aberto-sobre-as-festas-de-arteixo/
57 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Tiña ganas de falar disto..
    Persoalmente, cando as festas celebrabanse no centrorespirabase un ambiente de festa moi moi agradable. Eu penso que asi se encherían as rúas, o paseo fluvial, os bares, as prazas, a peatonal,... todo esto estando no centro, e organizando actividades nos distintos lugares, poderían ser unhas festas nas que todos os veciños poderíamos estar disfrutando do pobo en si e dos servicios que temos agora.
    O ruido? Tódalas cidades e pobos teñen festas e verbenas pegadas as casas dos veciños, é inevitable. E é festa, o día de festa é día de festa, por unha vez o ano non creo que pase nada. Como estarán os que viven cerca das fábricas do polígono, da xeral, etc...)Ademáis temos un festivo de descanso no medio. E a cambio vamos a gañar todos, os veciños tendo unhas festas cercanas, os hosteleiros facendo o seu agosto (que tamén o merecen),.....
    E que coa verbena na explanada, alexas a todo o mundo do centro, e o só ven o 20% cara o centro. Moita xente queda coa idea de que arteixo é esa explanada por que non ve nada oredor que lle chame a atención.
    E por suposto, que sean un pouco máis abertos e prácticos organizando as festas, que cada vez traen a xente peor, coma por exemplo, bustamante.

    Para rematar, coma suxerencia persoal, propoño tirar a igrexia cristiá fruto do querer político e non do popular, e que dana imaxen verde e natural do paseo, e por ahí o palco. E o resto po resto de cachivaches, por diante do concello por exemplo.
    Vos imaxinades as nosas ruiñas cheas de xente, a min pareceme apetecible....

    É a miña opinión, espero que todos dedes avosa e non ataquedes a dos demáis a ver se desde o concello apuntan as suxerencias dos que de verdad vivimos aquí.

    Publicado por: Lidia | 18/07/2008 12:01:10
  • 2. A verdade é que non che falta razón en moitas das cousas que dis, Lidia.

    Non vou a entrar a valorar o tema da igrexa, pero si que coido que o pobo gañaría máis, e daríase máis a coñecer si as festas se celebraran no centro...

    E verdade que hai moita xente que non coñece Arteixo e que pensa que só son as casas que hai pegadas á avenida de Finisterre, e sorpréndense ó ver a peatonal, a zona do balneario... porque nestes últimos anos cambiou moito a cousa.

    O mellor unha maneira máis de potenciar esa zona sería montando ahi as festas...

    Publicado por: A velas vir | 18/07/2008 12:14:58
  • 3. Si, incluso cara un futuro cercano, incluso para a xente de fora que ven das praias, as familias, ou calquera que quera darse un paseo polo pobo. Non é que arteixo sea unha xoia nin moito menos, nin exempro de sostenibilidade nin de respeto o medio ambiente pero polo menos o paseo, a peatonal, as prazas cos soportais, son moi agradables para pasear. E daría pe a fomentar máis actividades nelas.

    Publicado por: Lidia | 18/07/2008 13:07:10
  • 4. Las fiestas de Arteixo están bien donde se hacen en la actualidad,y el concejal de fiestas detras del bochinche tambien,lo demas es envidia cochina.

    Publicado por: Fiestasgolgorio | 18/07/2008 13:25:38
  • 5. Non se trata de envexa, Fiestasgolgorio.

    Pensa en Betanzos, por exemplo: ¿ónde se fan as festas?

    Ou en outros concellos próximos... sempre se busca un enclave céntrico ou cando menos... algo vistoso ¿non é?

    Publicado por: A velas vir | 18/07/2008 13:28:15
  • 6. Eu tamén as faría no centro, estaban moi ben, eran máis populares.

    Publicado por: Xerardo | 18/07/2008 13:46:07
  • 7. yo personalmente creo que se podrían hacer no solo en el centro de Arteixo, si no que se podrían segregar las distintas actividades para que se pudiese pasear por todo el pueblo, así unas atracciones estarian en la zona del paseo otras en la zona del balneario, las orquestas tambien podrian estar cada día en una zona y todo sería mucho mas dinámico y participativo para todos los del pueblo, con el beneficio que eso supondría para los comerciantes de todo el pueblo.En cuanto a la iglesia no me meto pero creo que en las fiestas se la tiene mucho en cuenta en este pueblo ¿no?. La alcaldesa la primera que ya el año pasado estaba en la misa para hacerse la foto el día del Santiago, así que creo que es un tema para un blog aparte.

    Publicado por: yoli | 18/07/2008 16:43:13
  • 8. penso que o cambio de ubicación respostou ó estado no que quedaban os xardíns do concello e a zona próxima, cheos de lixo, con destrozos, e porque ademáis aquelo convertíase nun embudo no que era moi difícil entrar e sair. Xa sei que algo semellante pasa agora no paseo fluvial cando hai festas(mobiliario urbán esnaquizado-algo que tamén ocorre ó longo do ano a mans duns salvaxes que máis se diría que pertencen ó Cromagnon que o século XXI-) pero que permite moverse pola festa e polas atraccións con maior liberdade.
    Non creo que os hostaleiros perdan de facer clientela, que esto non é Madrid!, e chegase en poucos minutos a todas partes. Poida que fora máis atractivo se ó longo do ano a "explanada" mantivera un aspecto máis coidado, con herba e árbores ó redor, que serviran tamén de esparcemento para o concello. Fai moitos anos estaba así, aínda que descoidado, e creo que foi un gran erro acabar con el para enchelo da terra procedente do polígono industrial.
    Non entro a valorar a calidade das actuacións: houbo de tódalas clases e cores nestes últimos anos(Rocío Jurado, Sergio Dalma, Chenoa, Década Prodigiosa, Arrebato, Camela, etc...)e penso que debe ser variada e respostar ós intereses da maioría, sen descoidar o gasto que poida ocasionar, que non se anda sobrados de cartos!!

    Publicado por: laia | 18/07/2008 18:13:12
  • 9. Precisamente os exempros que das dos artistas caen no mesmo tipo de público e incluso o mesmo estilo. Ves sitio ahí para xente de 15 a 40 anos?
    Isto non é madrid, pero preguntalle a xente dos bares a ver que lle daba 20 veces máis cartos, facela no pobo ou na esquina do pobo. Creo que é evidente. E a explanada coma eu a coñecin cando vin aqui fai 15 anos, eran silvas, nada máis que silvas, pero tes razón que cambiaría o conto se a arranzaran un pouco, e a uniran co paseo. Asi cambiaban, pero ten en conta que a herba se vai estropearr igual que noutro lado.

    Publicado por: Lidia | 18/07/2008 18:59:13
  • 10. Herdeiros da crus, Burning,Luar na lubre,tamén estiveron, Carlos Baute, etc.. non sei se dan cabida ou non a todos, pero dende logo que sempre se diu cabida a grupos do concello e a outros grupos novos da Coruña e arredores, ...que se pode poñer máis, vale, pero ten en conta que non a todo o mundo lle gustan hip-hop(xa houbo un "festival" hai dous ou tres anos)e outras tendencias, o que si se podería mesturar serían actuacións diversas, pero ten en conta que o que segue interesando son as orquestas para anima-las festas.
    Cando falo de adecentar a explanada estoume a referir á creación dun parque(semellante á Santa Margarida, pero máis cativo), onde sí se poidera disfrutar de ocio e festas),non sei como aínda non entrou na cabeza de ninguén, porque a "presentación do pobo" de cara á xente que vai pola estrada xeral e dun espacio baldío onde só aparcar camións -e caravanas no vran-.

    Publicado por: laia | 18/07/2008 19:59:46
  • 11. Non se pode ter todo. Por ubicación, por estar atraccións e verbena todo xunto, por facilidade de aparcamento, está mellor agora: o centro está suficientemente colapsado cos coches dos residentes sen máis sobrecarga. Ademáis unha das principales arterias de transporte do Concello bordea precisamente o campo da festa, co que máis ás vistas non pode estar. ¿Qué ocorre? Pois que unha boa organización de festas debe ter en conta que a presenza da festa ten que estar nas diversas rúas do Concello, e para eso, hai que botar mans dos parques para organizar xogos para a xente menuda: era o xeito nos meus anos de estricar a ficha das atraccións por non sermos fillos de Onassis...e os pais van donde van os seus "kikuyos"...o teatro, danzas rexionales, cine ó aire libre, concurso de bandas...poden ser actividades que se poidan organizar a distintas horas en distintos puntos do pobo, que inviten a coñecelo, a facelo moi atractivo e que contenten a todo o mundo...Por eso creo que este ano as festas están ben organizadas: van por "parroquias"...por decilo dalgún xeito.

    Publicado por: L_DEL_J | 18/07/2008 22:16:18
  • 12. Yoli,pero que obsesión tes coa alcaldesa..,entendo o teu cabreo por perdela alcaldia o teu querido Pose..,pero muller acepta as reglas democraticas,acepta o que quixo pobo.
    En canto a que alcaldesa estivese na"santa misa"do Apostolo..,xa me dirás que ten de malo..,muller,lembra que alo menos ela non ía baixo palio como Pose.¿ou acaso ela non ten o mesmo dereito a facelo?

    Publicado por: Arteixán | 21/07/2008 10:34:08
  • 13. ¡¡CON LA IGLESIA HEMOS TOPADO!!

    Publicado por: A velas vir | 21/07/2008 10:37:32
  • 14. Arteixán no le reprocho a la Sra Alcaldesa su asistencia a la iglesia, pero si su falta de coherencia, yo no creo en la institución y como tal no piso templos solo por sacar la foto, lo que no se puede es pedir desde la oposición todos los días que el templo sea tirado abajo y en cuanto se cambia el cargo hacerse la foto dentro para quedar bien delante de medio publo, me parece hipócrita si crees que no debe estar donde está ¿porque ahora no dice nada de la dichosa iglesia? ¿porqué ahora que es alcaldesa no la tira? ¿será poque no era tan ilegal como nos quería hacer creer cuando estaba en la oposición? eso le critico, la falta de coherencia, política y de criterio que tiene esta mujer, por lo demás no digo nada, jamás he puesto en duda el sistema democrático faltaría más, de todas formas, me quedan muchos años y acosos para llegar a tu nivel de obsesión Arteixan, y ahora di la verdad, ¿no te parece falta de coherencia lo de esta mujer?

    Publicado por: yoli | 21/07/2008 12:55:58
  • 15. ¿Coherencia?..,pero donde coño con perdón tivechedes vos a coherencia mentras Pose gobernou..,pois permiteme que che diga,aínda que soe mal,a vosa coherenciai a do propio Pose estivo na puntas dos collóns.En primeiro lugar decirche que como alcaldesa de Arteixo,as difrencias entre ela i o "sr Pose"son ostensiblemente grandes e patentes.A sra alcaldesa cos defectos que os ten,é únha persoa trablladora e honrada,de Pose creo que xa debes ter a miña opinión o respeto..
    En canto a que alcaldesa crea ou non na institución,supoño que e únha afirmación túa non dela,dado que núnca lle escoitei dicir si cree ou non cree..,pero en calquér caso únha cousa e a isntitución e o utra a ilegalidade coa que esa Igrexa foi edificada..,non vou entrar agora en termos,nin como se dictou sentenza..,Dicir que a alcaldesa fo ia igrexa face/la afoto,penso que nin siquera os máis pepeiro dos peperios o cree,excepto polo que vexo ti.Se presisamente ista alcaldesa se caracteriza por algo non e presiamente por saír na afoto..,parece mentira Yoli,que teñas isa apreciación,cando Pose saía e aparecía ate na sopa.
    Verás Yoli,a alcaldesa que me empeza a caér ben,sobor de todo pola súa humildade i honradez,aínda sen facer verse cómo deberia polo cargo que ostenta facelo,ningún concelleiro/a popular lle fai sombra,e Pose por suposto non lle chega a altura do tacón(aínda co pequena que é)..,Para ser honrado hai que nacer,deso non entende xentuza cómo o imputado Pose
    Por último decirche que a igrexa,non a denunciaron os roxos senón o BNG,muy ben denuciada por certo e con motivos para facelo tamén,que non che esquenza iso.

    Publicado por: Arteixán | 21/07/2008 13:32:46
  • 16. non debían ter tantos cando, segue en pe, ¿non crees? so decirche meu ben querido Arteixan, que cando fales de Pose, non pluralices, nin me metas no mesmo saco, que sexa a fin a un partido non quere decir nada, eu nin fixen nin deixo de facer opino igual ca ti, e que eu saiba cando falo do que non me gusta non te meto no saco ainda que se che ve de que pe coxeas. ¿non podes opinar e escoitalas opinións sen derivar no mesmo sempre? non falo por mais boca que pola miña, e si moitas das miñas opinións teñen moita afinidade cun determinado partido, pero outras moitas non teñen nada que ver. Cando me adique a política poderás criticarme como tal, mentres son un cidadan mais que opina coma ti.

    Publicado por: yoli | 21/07/2008 13:49:22
  • 17. senpre acaba aparecendo a política, por iso cada vez me deixo ver menos por aqui, odio a politica.... grrrrr

    saudos dende o oeste

    Publicado por: clint_easwood | 21/07/2008 13:56:50
  • 18. Si, pero sempre saen a flote as ancestrais rencillas...

    Un saúdo, Clint, e gracias pola visita

    Publicado por: A velas vir | 21/07/2008 14:02:18
  • 19. A este paso, reivindico que as festas se fagan na Baiuca, como hai moitos anos, así volverán, como as golondrinas, os comentarios de qué pirixelosos que somos os da Baiuca, que nos creemos o embigo do mundo e somos a almorrana, etc, etc... E mesmo o Arteixán volvería á carga dicindo: xa están outra vez os cascarilleiros da Baiuca a jod...Pero, ¿a que molarían?

    Publicado por: L_DEL_J | 21/07/2008 15:37:07
  • 20. eu non recordo nunca as festas na Baiuca, pero como son unha "venidera" quizais xa son de hai moitos anos, ¿onde se facian? ¿como eran? quen di que non, quizais estaban mais bonitas non sei.

    Publicado por: yoli | 21/07/2008 16:22:44
  • 21. Poñían o palco na Praciña da Baiuca e cortábase a estrada...eu tampouco collín esas épocas, pero escoitei delas a nostálxicos que perderon a xuventude...E eran verbenas compartidas entre o Balneario e a Baiuca, pero pregúntalle a Arteixán,pregúntalle...

    Publicado por: L_DEL_J | 21/07/2008 16:35:02
  • 22. Arteixaaaaannnn, deixa a política un anaquiño e contanos como eran esas festas na Baiuca. ¿sabes ti como eran esas verbenas? ¿que rescatarías delas?

    Publicado por: yoli | 21/07/2008 17:10:22
  • 23. Na penouqueira!!!, anda que non...

    Publicado por: opss | 21/07/2008 23:47:16
  • 24. Pois logo fareivos caso e deixarei aparcada a política un tempo..,sempre que a miña benquerida Yoli decida segui/lo mesmo paso..
    As festas de Arteixo da miña época nada tiñan que ver coas de hóxe en día.Cómo ben dí a nena da Baiuca,ela non o dí,digoo eu..,eran tempos de cascarilla,o de cascarilleiros da Baiuca foi un pique que eu un día lle tirei,sen quitala das"súas casillas"..,coido que o poetiso conseguiu quitala un chismo máis que o fixen eu..,prosigo..,Tempos dificiles aqueles,pro tempos donde aínda con dificultades se vivín as festas con máis alegria que se víven hóxe en día.Certo e que na miña época tampouco habia moito a donde ir,por non dicir a níngún lado,non habia moitos patacóns,i as pesetas..,tiña quen tiña.
    Misa,xantar,e verbena era o que se facía,e donde se ocupaba o tempo naqueles dias.Daquela non existía o marisco no menú,senón marisco de cortello..,cocido,callos,carne asada,viño tinto,nas casas donde se podía mercábase únha cantra..roscón e queixo..facían as delicias dos festexeiros.Logo o atardecer os mozos e mozas paseando pola avda do Balneario ate a Baiuca(capital de Arteixo),subir e baixar de mozos e mozas,trasego de úna verbena pra outra.Daquela non había atraccións coma hóxe,salvo algúnha vendedora de rosquillas,garrapiñadas,i algúnha viciña que aporveitaba ese día pra levar e vender algúnha cesta de froita da época,mazás,ameixas,japoneses.
    ¿Que rescataría delas?...sen dubida rescataria a xuventude,i a "saúde mental",coa que os mozos e mozas vivian as festas naquel intre.Tempos dificiles donde faltaba un pouco de todo,sen embargo núnca faltou alegria na xuventude,hóxe tedes de todo,e non disfrutades de nada,ou alo menos parecemo a min.

    Publicado por: Arteixán | 22/07/2008 11:31:53
  • 25. supoño que teño que darche a razón ainda que eu creo son dunha xeración que inda xogou nas calles, dos que iamos as verbenas en grupo e subiamos nas lanchiñas si que é verdade que parece que a escala de valores viuse modificada e mais que un día para a reunión ca familia ou cos amigos e mais un día de borracheiras e consumo. Miña aboa sempre conta que case se facía mais festa polo camiño (pois tiñan moito que camiñar hata chegar a verbena) que na propia verbena, ¿faciades festas polo camiño? sempre me contaron historias do camiño, de alegria, medo e de todo tipo, que lles ocorrian o ir a festa.

    Publicado por: yoli | 22/07/2008 11:50:24
  • 26. Bos días!
    E digo eu, qué nos dan ós xóvenes nas festas de arteixo?! As atraccións pos nenos ou as orquestas pos maiores e pequenos (incluo a bustamante)?
    Eu baixo a verbena, pero como comprenderedes aguantarei unha hora pero non toda a noite, cuestión de gustos musicais, xeración, o que queirades chamarlle. Ben, pois despois disto nos quedan os bares que nos poñen a música que nos gusta ou o ambiente que queremos, e bebemos coma os demáis, que non todo o monte é orégano. O que iba, que para nos fai anos que non organizan NADA. Nin un día de concertos nin nada. Moito can, moito tunning, moito cabalo e moito deporte. E a nos nada. Non somos como erades antes, pero non podemos selo... creo que o contexto e radicalmente distinto.
    Por eso penso que xuntar as festas no centro e bo para que todos nos xuntemos independentemente de que vaiamos ou non á verbena, simplemente atopándonos pola rúa. Aparcamento? Arteria principal? Son 3 días de festas, e o mogollón está de noite. Que aparquen na explanada e veñan paseando polo paseo. Se non se pode cortar o pobo polas suas propias festas malo non? Ou coruña non corta zonas da cidade nas festas.
    As festas atraen xente, cosa que creo que é boa para todos.

    Nos queremos bailar coma vos pero non nos fan NADA.
    Recordo cando viñeron Os Suaves o ben que o pasamos a maioría da xente xove, ainda que non lles gustara moito, por que por fin recibiamos algo de atención. Po ano volveron a organizar os concertos, ata que o ano seguinte, o culto do señor concelleiro de festas soltou a seguinte perla: Non quero máis concertos de melenudos" Esta é a cultura que organiza as nosas festas.

    Publicado por: Lidia | 22/07/2008 13:55:44
  • 27. eso si é verdade, creo que todos recordamos ese concerto dos suaves e herdeiros da cruz, foron boas festas, e a verdade que de 3 días ainda que se adique cada día a un tramo de idade en concreto, creo que nadie podería decir nada, sería moito mais ameno para todos. Creo que é moito mellor ter os mozos nun concerto "de melenudos" un día e non telos borrachos polos bares, e eses concertos non so solo para os mais mozos.

    Publicado por: yoli | 22/07/2008 14:02:01
  • 28. Non...jajajja "o punto g"...de gruñir, tocáchesmo tí,Arteixán, que o poeta ten que volver ó útero materno varias veces para chegar a ese extremo, co poeta é coma o gato co ovillo de lan...pero ó que ía, alégrome que recordaras as festas. Aínda que son da Baiuca, e podo decir que as reivindico, por espazo, como xa dixen nun comentario anterior, creo que o idóneo é o que teñen...se volven, encantados, eso sí. Sí que boto de menos actividades para os cativos na Praza dos Dereitos Humáns...porque aí xoguei eu nas festas e comín caramelos o que non está nos escritos. Eso tamén axudou a que Arteixo se me metera un chisco máis no corazón. Gústaríame que, os que veñen atrás aprenderan a querelo xogando, porque aínda que despósi soplen ventos mareiros, os recordos felices sempre, sempre terán o seu peso...e quizáis sexa unha romántica, pero ó mellor tamén é un xeito de axudar a cementar o futuro. De todos modos, boas festas a todos.

    Publicado por: L_DEL_J | 22/07/2008 14:08:10
  • 29. Claro, alcanza moitas franxas de idade, e o pasamos ben, eu prefiero un concerto ó aire libre que estar metida nun bar (tampouco é que os xoves todos anden borrrachos polos bares...) cinco mil veces. Eu e calquera. E máis se a música se aproxima os nosos gustos. Tampouco pedimos tanto, cun par de grupos d'arteixo ou arredor, e un máis ou menos recoñecido, que nunca chegara a cobrar o que cobra bustamante, e, persoalmente, nin punto de comparación en calidad....
    Sabendo asi o dadiños que somos non sei por que en este concello non se nos ten en conta, e cando intentan facer algo só fan cousas máis ben cutres e malamente organizadas. O festa gay, o hiphop do ano pasado, parece que non saben publicitar as cousas aparte de organizalas. O primeiro que se lle ven a cabeza. Veña, me dan tanto para unha festa, pois ala. Asi vai.
    Cando foron as eleccións saliu a asociación intro que iba a facer cousas. Organizou duas actividades e nada máis. Desapareceu? Aburríronse?. Pois aproveitando os recursos do concello non custa nada avisar e xuntar opinións, ainda que sea no local da "xuventude".
    Que quede claro que nos queremos facer cousas pero.. onde, en arteixo? Con axuda do concello?
    Ja ja ja

    Publicado por: Lidia | 22/07/2008 14:16:49
  • 30. Eu aí estou tamén dacordo en que deberían organizar concertos con bandas locales para a xente xoven...sería un xeito de incentivar a aprendizaxe da música noutros mozos e mesmo sería unha opción económica...e divertida...e de coñecervos...(eu xa non me incluo porque vou medio "purila")

    Publicado por: L_DEL_J | 22/07/2008 14:25:16
  • 31. Quizais poderiamos mediante a concelleira de xuventude proporlle unhas reunións quincenales ou semanales, para poder reunirnos todolos mozos de unha franxa de idade mais ampla e poder debatir dos problemas que nos afectan ou das distintas actividades que podemos acadar todos xuntos. Todos podemos aportar algo e entre todos podense facer moitas cousas, pero creo que non se poñen os medios para que a participación da xente sexa definitiva. As asociacións estan ben, pero ¿que hai de toda esa xente que non pertence a ningunha asociación pero quere participar? un exemplo é a excursión a expo de Zaragoza, esta genial a idea, pero é so entre 14 e 17 anos, ¿e os que estan entre os 17 e os 30? ¿non son mozos? ¿non é xuventude? para esa xente non se fan cousas e creo que é un marxen de idade a ter moi enconta para novos proxectos, xa non so de festas, senon para todo tipo de iniciativas municipais. Todo dende a miña opinión persoal claro está, ogalla alguen vexa esto e tome nota, pois creo que entre todos podemos facer e aportar moito. Sobre todo vese que hai moita xente inquieta nestes blogs que ten ganas de aportar e non so de criticar o que se fai.

    Publicado por: yoli | 22/07/2008 14:33:26
  • 32. Home, reunións quincenais.... pareceme un pouco coñazo...eu o mellor abriría un blog da propia concellaría de xuventude, ainda que só sexa para anunciar as cousas. Hai moita xente que ainda que vivimos en arteixo traballamos fora e non nos enteramos. Penso que cara abril maio(ou antes, non sei) cando empezan a preparar as festas poderían abrir un buzón de suxerencias e propostas e penso que tendo tanta información terán onde elexir e contentar a os máis posibles.
    Durante o ano? non sei, as excursións as vexo ven nesa franxa, por exemplo. Si que o mellor faría outra cou otra franxa, non vas a levar nenos de 14 anos con xente de 20 pico, por curarnos en saú e estar todos a gusto.
    E o tema desas partidas de cartos que se convirten en festas sen apenas público... pois o mesmo. O primeiro publicidade. E decente. Por que o cartel da festa do orgullo era realmente penoso e so de velo xa daban ganas de non ir. Na de arteixou fixeranse carteles ainda menos mal. Pero non sairon de arteixo. Neses casos creo que o mellor e pedir a colaboración dos xoves do pobo, que non estamos todo o día bebendo.... A min non me importa repartir carteis nen axudar nen publicitar, se é algo que me gusta e no que o vou a pasar ben, e máis o lado da casa.
    Tamén penso que deberían fomentar un pouco arteixo coma zona de marcha, por que moitas veces pudendoo pasar ven o lado da casa temos que ir ata poboacións con máis marcha nocturna. Que vas igual, pero tes a alternativa de quedares por aquí. E moitos non collerían o coche.


    Publicado por: Lidia | 22/07/2008 17:26:01
  • 33. Arteixán, sigue contando cousas ouh, que quedas disculpado anque de vez en cando voltes ó jerre jerre.

    Publicado por: sioux | 22/07/2008 20:06:53
  • 34. Perdón, toc toc... ¿se pode entrar aquí 'a velas vir'?...

    Publicado por: sioux | 22/07/2008 20:09:31
  • 35. teño 30 anos, son de arteixo de toda a vida, seguidor fiel das festas do apostol dende ke teño uso de razon.
    1- sexa ken sexa o ke esta no poder usa sempre o mesmo patron, no ke de 10 am ata 22pm arteixo é un aburrimento ( para o meu parecer... para gustos colores, non?) si inventaron (acertadamente) o feiron do galo sin tradicion previa, poderian organizar un tour de tapas (como en ordenes) por exemplo, para traer xente de afora
    2- as "actuacions estelares" das festas... nun 95% foron sempre unha MERDA (pido disculpas...para gustos colores XD). constame ke puido vir este ano MCLAN cobrando 30000€, e o "espabilado" ( por chamarlle de algunha maneira) de gayoso trae a bustamante por 42000€. ¿para gustos, colores?... si, claro.

    contestando ó espiritu de este post respecto ás festas no centro... coido ke arteixo antes de nada necesita unha praza COMO DIOS MANDA, na ke podia oraganizar algun concerto ó aire libre sin ter ke ir a un descampado como é a explanada. eu optaria por demoler o parque do concello e facela ali XDDD. saudos

    Publicado por: jatonejro | 22/07/2008 20:13:31
  • 36. Os que sodes máis xovenciños sabedes como anda a funcionar ou si funciona d'algún xeito, un local de ensaio para grupos locáis en Meicende que me parece habia concertado algún acordo co Concello. Non me fagades moito caso porque falo de memoria sobre algo que lin fai tempo por algures ou na web do mismo Concello.

    Avelasvir, si non son benvido avisame, que eu sonche moi metezocas denuestroseñortodojunto.

    Publicado por: sioux | 22/07/2008 20:35:51
  • 37. seica funciona ben, polo que di a concelleira, o problema e que se lles queda un pouco pequeno e teñen limitado os servizos, eu falei con ela dese tema pois coñecin uns rapaces de Oviedo que tiñan un proxecto un pouco mais amplo nese tema e dinlle os datos, se queres mais información podes pasar e falar con Lucia de como eetá ese tema, pero xa che digo creo que lles faltaban sitio e horas pois tiñan grupos a barullo.

    Publicado por: ap | 22/07/2008 20:54:15
  • 38. Pois d'aquela digo eu que teran que ampliar o servizo ante tanta demanda. Os que teñan baixos ou naves valeiros agora que a construcción anda esfolada, xa saben o que poden facer, acondicionar os locais para non molestar ós veciños e arquilar por parcelas ou tempo. E si ainda por enrriba se acondiciona un estudo de grabación de son e imáxe... poden sair cousas.

    Publicado por: sioux | 22/07/2008 21:09:40
  • 39. Estimado Sr. Sioux: é vostede benvido á miña humilde bitácora.

    E por suposto, este humilde lector das súas historias está encantado de contar con vostede como comentarista...

    Gracias pola visita e pola súa opinión...

    Publicado por: A velas vir | 23/07/2008 07:40:24
  • 40. Un concurso de tapas! Pois tal coma está todo pola zona do balneario estaría xenial. Que ambientazo.
    O de M-Clan tamén o oin eu, pero non sabía que ainda por encima cobraban menos. Independentemente de para gustos colores e sendo obxetiva, máis traxectoria musical e de máis calidade ten M-Clan. Pero parece que aquí queren mogollón sen xeito para dar beneficio as atraccións. En fin...
    A ver se po ano tomades nota dende o concello. Por que supoño que leredes estas cousas que se comentan aquí e saberedes diferenciar opinións e suxerencias de tontadas. E é a vosa responsabilidade estar o tanto do que pasa no concello, e esto tamén conta.... non?

    Publicado por: Lidia | 23/07/2008 12:06:07
  • 41. Eu teño 35 anos, e preferiría infinitamente máis a M-Clan coa sopa fría que toma la dulce niña Carolina, mentras contempla morrer unha estrela no ceo de Orión...pero claro, non sei qué poder de convocatoria poden ter eles frente a Busta...e hai que valoralo todo. Se para o ano lles sobran pecunias e queren traer a M-Clan, encantada da vida!!!

    Publicado por: L_DEL_J | 23/07/2008 15:47:35
  • 42. oe Siux como vexo que che interesa o tema, votalle un vistazo a páxina destes amigos de Oviedo, o que eles teñen era o que queriamos propor nos para facer en Arteixo, pero dixeronos que o presuposto non alcanzaba e tamen porque o baixo é en aluguer e non queren facer as obras completas para non ter o baixo en propiedade do concello. se tecleas en san google NDKE xa che aparece todo, son xenais e o esforzo que están a facer pola xuventude de oviedo é increible, non so polos alumnos se non polos mestres e moitos xovenes que queren vivir da música e esta xente faino posible, non so con concertos, senon con traballos de publicidade, música pra videoxogos e todo tipo de acercamento da música as novas tecnoloxias e mais ca un tema cultural moi enfocado a o mundo laboral.

    Publicado por: NDKE OVIEDO | 23/07/2008 16:27:21
  • 43. en Arteixo vive xente de hata 46 nacionalidades distintas estaría xenial, que se fixese unha festa gastronómica ca participación de todos eses Arteixans que chegan de novo con outras culturas, a min encantariame ver como unha pequena expo no pobo,sería moi integrador para os que veñen de fora e moi clarificador para os que os reciben.

    Publicado por: yoli | 23/07/2008 16:55:37
  • 44. Cómo me gusta ver no meu blog comentarios constructivos...

    ¡¡GRACIAS A TODOS!!

    Haberá que apuntar o da festa gastronómica como unha idea a ter moi en conta para as festas do vindeiro ano.

    E por suposto... o que non sabía eu é que M-Clan cobraba menos que Busta... ainda si me apuras haberá grupos de actualidade que cobren menos.

    Sigo secundando a moción de que aquí Busta no gusta...

    Publicado por: A velas vir | 23/07/2008 17:04:09
  • 45. Pois logo xa me diredes quen son ises M-Clan,ou ises melenudos como dicides lles chamou o concelleiro Gayoso.Eu que xa pasei dos dezaoito coido que pra pasalo ben tampouco se necesita un cantante de renombre.O ano pasado tiven a ocasión de ir con uúnha neta o festival do "julajó"que fixeron preto da piscina,i a verdade que marchei bastante desencantado,todo/los grupos dician o mesmo,i a musica toda soba da mesma maneira,supoño que istes M-Clan non serán tamén julajeiros.Empezan as festas do Apostolo,disfrutade delas mentras sodes xovenes,que a xuventude pasa pra non volvér.Según me dixeron hóxe toca únha das boas orquestras actuais,a osquestra Panorama,así que irei dar únha reviravolta polo campo da festa,pra botar únha repichota donde non axa moita gravilla..,pois un que xa non está pra moitos trotes,non pode poñerse a troulear no baile da mecha.

    Publicado por: Arteixán | 23/07/2008 17:36:11
  • 46. din que a Panorama este ano ten un espectaculo moi bo, pois seica que está de aniversario, eu persoalmente paso moito mellor cas orquestas que con actuacións estelares, sempre che fan lembrar algun recordo de anos anteriores con cancións típicas, parecenme mais divertidas e variadas, ainda que como xa dixen estaría xenial que un día das festas o adicasen a facer concertos dos grupos que hai no concello que parece ser hai moitos. Arteixan se me ves na festa sauda e invitote a un viño no bochinche.

    Publicado por: yoli | 23/07/2008 17:58:23
  • 47. Nada de viño que fai moita calorciña de Deus,un cubatiña de ron eso si..,aínda que non si que decirche,teño medo que mo sirva Gayoso,e logo se me sente mal..,de calquer maneira non te preocupes que se te vexo deixarei que me invites..pra logo invitarte eu a outro.A panorama toca ben,pro aínda está lexos dos meus Trovadores.O caso e pasalo ben,divirtete e si empina/lo codo xa che pasará.

    Publicado por: Arteixán | 23/07/2008 18:17:06
  • 48. jajajaja, es do que non hai Arteixán, o que si tes que abrir un blog e ensinarnos a todos como fas esa..como lle chamas "regeifas"? non sei eses contos con tanta sorna que ti sabes, por Gayoso non te preocupes home, que de seguro haberá mais xente pa por eses cubatas o carallo a ser o ter que traballar mañan.

    Publicado por: yoli | 23/07/2008 18:58:46
  • 49. NDKE (ou quen sexas),a música, entre a xuventude sempre tivo moito tirón, e a verdade, a min dame moita magoa ver roladas de cativos polos bancos d’os parques ou as prazas latricando de OT ou de Fama, sin un sitio onde facer os séus pinitos anque no seipan nin a escala do: (do,re,fi,la,mi,sol,li), tan ben como a sei eu; ou tamén arremuiñados ó carón d’algunha tragaperras.
    En fín... deixando correr os días ata que chegue a fin de semana pa’ acabar sempre no mismo sitio o venres pola noite, pero, acompañados de mezcladillos de jüisqui de oferta ou d’outras cousas. Ate que na casa os manden a traballar polo que sexa e onde sexa anque tiveran outras cualidades innatas que igual non descobren nunca, porque se emplean sistemas anacronicos de ensino, non hai onde desenrolalas ou custan un hue...
    Non se pode esperar de quen non lle gusta ou non lle gustou estudar, que vaia dispois a pasar a tarde n’unha biblioteca e a fin de semana vaia a ver a última exposición inaugurada na Coruña, anque excepcions siempre as houbo e as hai, non todo é cuestión de xeneralizar. Mais igual estes rapaces teñen outras cualidades que quedan totalmente desaproveitadas.

    Eu que sei. Non sei música nin sei bailar nin do revés. O que penso é que sempre hai demasiadas falsas portas abertas que non levan a ningures ou sempre levan ós mismos sitios. E as que se abren ou se deberian abrir, sempre o fan tarde e mal. Que teñan toda a sorte do mundo istes rapaces de Oviedo.

    Publicado por: sioux | 23/07/2008 20:32:39
  • 50. Gracias polo recibemento ‘avelasvir’, pero chamame de todo menos Sr., que eu non son máis que un truhan revirado.
    Ah, eu tamén preferia a M’Clan... ou a Bob Dylan anque soio nos deixara ver o lombo ou o sombreiro por un furado... por pedir que non quede, jajaja. Saúde.

    Publicado por: sioux | 23/07/2008 20:42:00
  • 51. Pero si Bob Dylan canta de costas, xa sabemos quén non vai vir ó concerto...

    Publicado por: A velas vir | 24/07/2008 10:49:08
  • 52. Como me gustou eso da gastronomía das distintas culturas. Certame de tapas e degustación dos sabores venideiros a arteixo. E penso que é moi boa ocasión para contextualizar ós colectivos e integrarnos todos. A comida é moi bo tema de conversación. Ñam ñam

    Respecto ós grupos, sobran. TAl como está de cargado o panorama musical, poderianse traer varios e de calidade. E non creo que o máis importante sea o mogollón. Penso que é máis importante que nos recoñezan pola calidade dos músicos que traemos e non por que salgan na tele ou nas revistas. Ainda asi penso que M-Clan movería bastante xente.

    Publicado por: Lidia | 24/07/2008 11:11:35
  • 53. O que está claro é que nas festas nunca choverá a gusto de todos... pero creo que é boa idea que se busque un consenso coa maioría.

    Que busquen un medio para obter información do que a xente quere de verdade... mediante enquisas, blogs, etc.

    Non estaría de máis darlle voz ó pobo nun caso que nos afecta a todos...

    Publicado por: A velas vir | 24/07/2008 11:34:08
  • 54. aqui non faltan comentarios?
    non hai algún que outro comentario eliminado?
    esto que é, censura de blog?

    Publicado por: censura de blog | 12/08/2008 15:24:50
  • 55.
    LA DOLCE
    DE A LARACHA,
    XOVES 14 DE AGOSTO AS 21:30 H.
    HOMENAXE
    A NAI,
    A PALABRA,
    A POESÍA
    E A VIDA.

    RECITAL POÉTICO
    E
    SORPRESA MUSICAL.


    14 de AGOSTO de 2008


    LA DOLCE DE LARACHA
    RÚA EPIFANIO CAMPOS NÚÑEZ
    ( antiga rúa de cristal de A Laracha, preto da casa do Concello ).

    21:30 Recital poético
    22:20 Sorpresa musical

    Estimado/a amigo/a,
    Compráceme convidalo mediante este sinxelo documento a esta gran cita cultural preludio dun gran recital similar en contido que xa estamos a xestar para A Coruña en datas vindeiras.
    No luscofusco do xoves 14 de agosto a partir das 21:30 h. terá vostede ocasión de deleitar os seus sentidos coas poesías de catro autores arteixans que cos seus versos farán un modesto homenaxe a palabra, a nai e a vida.
    O término do recital poético teremos ademáis unha sorpresa musical moi fermosa.
    Agardamos e desexamos poida vostede acudir a esta gran cita cultural.
    * para calquer aclaración ou dúbida pode contactar e consultar o que vostede desexe por e-mail en oscardesouto@hotmail.com ou por teléfono no 607 822 730 .
    * un cordial saúdo.

    Atentamente,

    Óscar de Souto.

    Publicado por: oscar souto | 14/08/2008 10:25:07
  • 56. Non faltan comentarios. Eu non borrei nada

    Publicado por: A Velas Vir | 14/08/2008 18:10:43
  • 57. outro tonto mais na orta......

    Publicado por: luna lunera | 16/09/2008 13:41:44

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados