Castellano Galego
No seu momento xa expresei a miña opinión ó respecto do monumento adicado a Ernesto "Che" Guevara en Nirvana (Oleiros) e máis ou menos xa sabedes o que opino, ó respecto de adicar 30 millóns de pesetas a unha obra para min innecesaria, ou canto menos, excesivamente cara.
Sen embargo, non me gustou nada o que vin a semana pasada: alguén atentara contra o monumento, lanzando globos de pintura, cos colores da bandeira española, facendo gala do seu "patriotismo nacional", co único fin de estragar o rostro do guerrilleiro.
Pois ben; coido que si hai xente que está en desacordo co monumento, ou mesmo coa figura do Che, ou co alcalde de Oleiros, por ter invertido 180.000 € dos fondos públicos para a construcción do monumento, non é a solución máis axeitada estragala con pintura.
Os vándalos que organizaron semellante atrocidade non se dan conta de que a limpeza da estatua tamén se pagou cos impostos dos cidadáns oleirenses.
O único que demostran obrando deste xeito é a súa intolerancia, a súa falta de respeto pola libertade de expresión, e a súa falta de civismo.
1. Por esa regla de tres..,mira o que lle fixeron a Sadam..montado a cabalo en Irak..,mira o que lle fixeron a Francisquito Franco..montado a cabalo nos Ferroles...incluso sen ir máis lexos..mira o que lle fixeron a estatua xigante..ou cartel xigante do dictador Pose que colgou a entrada de Arteixo nas pasadas municipais.Cando os dictadores fan oidos xordos a voz de pobo,aínda que tampouco estou de acordo "coas formas"..,o pobo debe tomar medidas..,lembra aquelo de..Quen matou o comendador..todos a unha..Contra os dictadores que actuan suciamente contra a vontade do pobo,so queda actuar da mesma maneira con eles.Desgraciadamente todo gasto sae do erario público,e con elo do bolsillo do cidadán,pero coido que contra a dictadura non doe da mesma maneira.
2. Xa o sei, arteixán. Pero hai outras maneiras de obrar, sen que repercutan no peto dos cidadáns. E mellor que repercuta no peto e no careto do sujeto en cuestión, ¿non cres?
3. eu a verdade non podo evitar acordame desa xigantesca bandeira que colocou Paco na Coruña e que despois tiña que por vixiantes para que non a tirasen ó final foi o gasto da bandeira da vixiancia e de quitala, supoño que co Teté ha pasar o mesmo, ainda que non ha ser tan doado retirala,a miña pregunta é, ¿podese culpar a xente por medidas pouco populares tomadas polos gobernantes? ¿ou deberíamos culpar ós gobernantes por non sopesar os pros e os contras antes de argallar cousas coma esta? que fora de cores políticas son medidas que para nada son populares, se non populistas e que se corre o risco de ter que investir no seu mantemento o que non valen. Xa ves Arteixan que poño o exemplo variado da bandeira e de Teté, ca misma polémica e consecuencias similares pero de cores distintas, para que se vexa que o problema non é de cores si non de malas medidas populistas, que so tran problemas e gastos.
4. O da bandeira, e sobre todo o do "personaje" en cuestión, é caso aparte, yoli...
5. Eso responde un pouco a que certos políticos son lixeiramente demagogos. Se falamos de Franco ou de Pinochet (dous anxos do ceo), son uns dictadores, fascistas, de nai con reputación dudosa, etc, etc. Se falamos de Lenin, de Castro, de Pol Pot (pertencentes ó mesmo coro celestial cós anteriores, aínda que a túnica fose vermella e a dos outros azul), parece que a cousa queda un pouco mitigada...e eso é un feito. Quizáis esa sexa unha reacción alérxica de afinidade política.
Cando dixen da lixeira demagoxia de certos políticos referíame, tanto á voz de tiple de Franco falando de las hordas rojas como da oratoria altisonante de Fidel cando se refire al capitalismo, e entre os dous, todos os que seguen, coma os Reis Magos, a senda que marca a estrela...
En canto ós distintos tratamentos que se lles da ós dictadores en función da súa ideloxía vou poñer un exemplo conocidísimo: ¿Con cántos dictadores de esquerdas se meteu o Xuíz Garzón?...(para mín os dictadores trascenden calquera tipo de ideoloxía para caer no egolatrismo...quero deixar esto claro)
6. eu non teño coñecementos políticos coma para intentar comentar nada medianamente interesante sobre este tema. só pretendo opinar algo curioso que poida encamiñar o debate, co permiso de "A velas vir". O motivo da estatua non foi a figura do Che Guevara senón que foi unha homenaxe a todos os COOPERANTES INTERNACIONAIS , esa xente que coma no seu momento Che foron, sen cobrar, a outros paises a axudar desinteresadamente. Este aspecto creo que varía un pouco as cousas. Eu tiven ocasión de falar con Camilo Guevara, o fillo do Che, e desa conversa resumo que simplemente creo que estades enganados completamente neste tema debido simplemente a que estas desinformados por completo o respecto.
grazas ! un saúdo !