Arteixo Castellano  Galego  

A velas vir

Diario de a bordo dun inconformista recalcitrante

Mi no entender...

30/06/2008

O longo destes días, nos que iniciei a miña andadura cibernética no espacio adicado ós cidadáns de Arteixo, e despois de ter recibido uns cuantos comentarios un tanto desconcertantes, plantéxome unha serie de dudas que agradezo me axudedes a resolver:

1.- ¿Por qué hai tan mala ostia entre os do PP e os do PSOE neste concello? Cando escribo un post, algúns empéñanse en dicirme que si son do PP, que si son un facha, que si parece que estou invocando o espíritu de Franco, e toda unha serie de cousas que non alcanzo a entender...

Non sei por qué a xente saca esas conclusións, xa que nin moito menos me considero afín ó ideario do PP. E se así fose, tampouco me avergonzaría de recoñecelo. Pero non é o caso.

O que tampouco entendo é a qué ven esa feroz crítica, por exemplo, dos do PSOE ós do PP, por ladróns, corrutos, e demáis lindezas (que parece que estamos en Marbella) cando, si acudimos á hemeroteca, non hai máis que ver cómo sairon do Concello o señor Frutos, Jeima y compañía. Cos petos cheos e sen escrúpulos.

O que tamén me costa comprender é por qué os do PP se empeñan en criticar de xeito vehemente o afán innovador e vangardista da nova corporación, así como as solucións que tratan de dar ós problemas cotidianos do Concello, cando eles, en un montón de anos de goberno, non fixeron nada...

2.- ¿Quén é esa tal Yoli coa que me confunden? ¿Onde traballa? ¿Por qué ten un local con cortinas dende onde ve a plaza das viñas?

A ver, estou agora mesmo mirándome entre as pernas, e polos meus atributos (non moi grandes, todo hai que recoñecelo) poderíaseme clasificar no xénero masculino da especie humana; de todo discordante co apelativo que alguén pretende empregar para referirse a min. Ah, tampouco coincide o meu nome real co de Yoli (acabo de mirar o DNI para cerciorarme)

Tampouco teño ningún negocio. Para darme conta diso non teño máis que mirar ó meu arredor e ver o lugar onde traballo. Si todo isto fose meu, crédeme que non estaría neste despacho. Estaría seguramente en Larín, montando a cabalo, ou navegando no meu iate privado...

3.- E máis dúbidas das que agora mesmo non me lembro. Pero xa iremos falando...

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/06/30/mi-no-entender-1/
21 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Pois deiqui a logo,vaite a Larin o Picadeiro de Pose,e monta ben.

    Publicado por: doma y monta | 30/06/2008 19:15:46
  • 2. Carallo, quén me dera... pero non era ó picadero de Pose ó que me refería, que por certo, merecería un capítulo, ou unha asignatura, da carreira de Ingeniería de Caminos Canales y Corredoiras: del jalpón al chalé en cuatro pasos sin licencias.

    Eu máis ben falaba de Casas Novas, que tiene como mucho más glamour, ya tú sabes...

    Publicado por: A velas vir | 30/06/2008 19:30:54
  • 3. a velas vir, non traballo mirando ás viñas, e as persianas non son italianas, chamanse concretamente venecianas. se non queren que che bombardeen o blog con insultos continuos hacia a miña persoa e mellor nin mentarme, estaba moi tranquila sen que me sacases outra vez a palestra, como precisamente teño un negocio cara ó publico moita xente adicase a difamarme polo mero feito de ser afiliada ó PP, ainda que nunca "chupei" como eles din, e non quero, pois xa non participo para nada en Arteixo, para todo ó que lle interese son do PP pero non tes porque ser de Arteixo. como non me interesa aguantar despropósitos da xente so che aviso, como preguntas onde traballo algun idiota ha decir o nome do negocio, e se aparece o meu negocio difamado como xa fixen con outros blogs terei que mandar un comunicado a Europa press, lamento moito todo isto, ogalla se poidese opinar e debatir nestes blogs dunha maneira mais educada e formal, como podes ver a maioria dos que aqui escriben estan un pouco adoctrinados e pensan que todo o que non pensa coma eles é un facha de merda do pp, por eso confundironte con migo, porque nalgunha cousa podiamos coincidir, pero a moita desta xente non lle da o coco para pensar que somos individuos con ideas propias e que podemos abrila boca sen ter a un partido político detrás. Lamento que as cousas sexan así estaría ben poder debatir cousas non so de Arteixo, e as tecnoloxias estan para eso, pero esta algunha de esta xente non está preparada e por desgracia eclipsa os comentarios de xente moi intelixente como L_del_J que aparece de cando en vez, xa te iras dando conta. Preferin que soupeses por min quen son antes de que se adiquen a chamarme mil lindezas. Se queres saber mais agradeceriache mo preguntases amin directamente é o mais facil se querese saber quen é alguen. un saudiño

    Publicado por: yoli | 01/07/2008 08:38:26
  • 4. ah, yo no he estado en la fiesta del orgulo porque he estado fuera el fin de semana, pero me han dicho que aunque en el manifiesto y desfile no ha habido mucha gente por la noche si fue una buena fiesta.

    Publicado por: yoli | 01/07/2008 09:03:23
  • 5. Mil desculpas. Non era a miña intención poñerte na palestra, pero entenderás o meu desconcerto cando non levo nin unha semana co blog aberto e xa me chaman de todo, ademáis de confundirme contigo.

    De agora en diante procurarei manterme á marxe desta estúpida polémica porque o que menos me interesa é perxudicar a terceiras persoas que, inda por riba, non teñen nada que ver comigo.

    Con respecto a que sexas afiliada do PP, respeto a túa opción política, pero sinto dicirche que non a comparto en absoluto (por moitos que algúns insistan)

    Un saúdo

    Publicado por: A velas vir | 01/07/2008 09:09:47
  • 6. non te disculpes, a culpa non é tua, precisamente non e xusto que alguen teña que calar o que non quere, so porque outros non queren escoitar, o blog é teu e deberias poder falar do tema que quixeses igual que eu debería ter dereito a opinar sen que se me crucifique ou perxudique profesionalmente, pero neste pobo non é posible, ogalla fose doutra maneira. Precisamente o que dis da opción política, creo que ninguen comparte ó 100% ningunha opción política pois creo que as persoas deberían ser capaces de ver o ir e analizar por si mesmas todo o que lles rodea, e o que nos diferencia dos simios, na miña casa chamaselle evolución, pero e mais facil por etiquetas que pregutar e dialogar, de persoa a persoa. E non te preocupes entendo o teu desconcerto, porque é o mesmo que eu sinto cando vexo que me nombran sin eu escribir nada. Encantada de coñecerte.

    Publicado por: yoli | 01/07/2008 09:50:52
  • 7. Benvida de novo Yoli,espero sexa para quedar.Non compartimos ideoloxia,mais a túa presencia sempre me foi grata,sobre todo pra rifar...sanamente...

    Publicado por: Arteixán | 01/07/2008 10:18:29
  • 8. Gracias polas túas aclaracións, yoli, e tamén pola túa participación, Arteixán.

    Benvido

    Publicado por: A velas vir | 01/07/2008 15:30:51
  • 9. - eu coñeza persoas en Arteixo que viven sin auga, luz ou calefacción, que resisten o frio durmindo coas súas vacas no salón da casa rodeadas de esterco, galiñas e cans enfermos, aseándose, dalgún xeito, en rios no duro inverno en condicións infrahumanas propias doutro lar e doutro tempo-

    eu tamen as coñezo e a maioria son uns miserables, porcos e analfabetos cheos de millons

    Publicado por: J.L. | 02/07/2008 13:13:42
  • 10. publico aqui porque no de souto non se pode. tamen ne pregunto que e o que vende el, ou que reclama, penso que vende circo e reclama os cartos das festas para el, porque do que vende...

    Publicado por: J.L. | 02/07/2008 13:16:04
  • 11. J.L. sempre serás benvido aquí, si o señor poeta non da cabida no seu blog para comentarios, aquí tes a túa casa

    Publicado por: A velas vir | 02/07/2008 20:08:28
  • 12. Señor L.J. que se oculta vostede nun acto de cobardía extrema baixo duas letras:
    o que intento expresar con ese dato sobre a xente de Arteixo que vive como en Africa é que mentras nós gastamos 180000 euros, ou máis, en festas e festexos, hai xente preto nosa vivindo nunhas condicións moi precarias.
    Só falo de falla de PRIORIZACIÓN por parte do Concello.
    É tan difícil de entender ?

    Publicado por: OSCAR DE SOUTO | 12/08/2008 15:37:27
  • 13. miserables, porcos e analfabetos cheos de millons

    cree vostede que xeneralizar con estes adxectivos descalificativos a xente máis pobre do noso lar é de recibo?

    Publicado por: OSCAR DE SOUTO | 12/08/2008 15:39:42
  • 14. vivimos na comodidade, no privilexio e na abundancia ancorada no egoismo supremo.
    como pode vostede chamar miserables, porcos e analfabetos os que carecen de todo mentras nós vivimos DE PUTA MADRE e gastamos o salario anual de máis de 20 persoas en un puñado de festas?
    non lle da a vostede asco ou pena?
    ten vostede sentimentos e algunha emoción interior ?
    por qué ten necesidade de ocultar a súa identidade real para dicir algo tan reprochable e sinxelo?

    que pena !

    Publicado por: OSCAR DE SOUTO | 12/08/2008 15:44:32
  • 15. rebota rebota rebota y en tu cara explota

    Publicado por: J.L. | 12/08/2008 15:57:25
  • 16. rebota, rebota, rebota ?????????
    e .... ¿qué é o que explota?
    amigo J. López.
    ja, ja, ja, ja, ja, .....

    que forma máis curiosa ten vostede de expresarse !!!!!!

    Publicado por: oscar souto | 17/08/2008 23:14:35
  • 17. ¿por qué non di vostede abertamente o que desexa decir amigo J. L. ?

    Publicado por: oscar souto | 17/08/2008 23:15:25
  • 18. publico aqui porque no de souto non se pode. tamen ne pregunto que e o que vende el, ou que reclama, penso que vende circo e reclama os cartos das festas para el, porque do que vende...


    - NON VENDO NADA. orfo de ter, farto de ser.
    non pido nada para min, nada teño, nada quero .... eu non me movo, como moitos de vós, por un sistema, polo diñeiro, polo egoísmo, polo interese .....
    son un inxenuo idealismo que só move o cú por un ben común ou por unha gran idea ..... só iso.
    ¿por qué se move vostede?
    ¿qué pide e desexa vostede?
    aaaaaaaaah !!!!!!!
    acabaramos !!!!

    ja, ja, ja, ja, ja, ja, ja ......
    ¿acaso, non pode alguén facer algo por ideais e interese social?
    ¿hai que facer sempre todo por diñeiro?
    ¿iso non se chama prostitución?
    asi o chamo eu.
    se fose interesado e egoísta ainda estaría traballando de entrenador ded baloncesto no clube do noso concello e pola contra solicitei que prescindiran dos meus servizos e repartiran o diñeiro do meu salario entre os rapaces.
    ¿e vostede?
    ¿qué fai vostede polos demáis?
    .... sen cobrar.

    ja, ja, ja, ja, ja ....

    acabáramos !!!!!

    Publicado por: oscar souto | 17/08/2008 23:25:32
  • 19. http://oscardesouto10.blogspot.com/

    Publicado por: oscar souto | 18/08/2008 21:16:30
  • 20. Cos petos cheos e sen escrúpulos.

    perdoa por publicitarme tan ilicitamente na túa carpeta querido amigo .... pero despois de adicarme algunhas carpetas SEN O MEU PERMISO debo eu tomarme algunha licenza ... se borras o anterior comentario libre e inocente .... non me vou a enoxar.

    Cos petos cheos e sen escrúpulos.

    - que fermosa frase poiden leer na túa entrada .... nin adicándome durante 50 anos o tema este de intentar ser escritor podería eu resumir tan concretamente todo o que sinto e ...sentimos .....

    JOOOOODEEEER !!!!!!

    CHAPÓ !!!!!!!!!!!!!!

    Publicado por: oscar souto | 18/08/2008 21:22:31
  • 21. corrixo: adicándome ... refirome a DEDICÁNDOME.

    Publicado por: oscar souto | 18/08/2008 21:24:09

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados