Arteixo Castellano  Galego  

A velas vir

Diario de a bordo dun inconformista recalcitrante

The Wonder Years of "A Radio de Casa"

27/06/2008

Seguramente alguén me poida recoñecer polo que vou escribir agora... pero dame igual. Como xa dixen, aproveitarei a libertade de expresión que me ofrece internet para queixarme. Sobre todo porque o que vou dicir aquí podo dicilo coa cabeza ben alta e mirando de frente. Non teño que esconderme de ninguén.

Hoxe quero expresar a miña máis profunda crítica sobre o funcionamento da Radio Municipal de Arteixo.

Hai, digamos, 10 anos, o 102.0 era un fixo no meu dial. Pero deixou de selo. Porque pasou dunha leve infección a unha gangrena irreversible.

Hai xa ben anos, a Radio era a casa de tódolos arteixáns. A través do teléfono os ointes participaban. Todos aqueles que amosasen unha mínima inquedanza por facer un programa de radio, tiñan as portas abertas daquela terceira planta do edificio de servizos múltiples. A parrilla estaba chea de múltiples e variados contidos. E os colaboradores participaban de xeito ALTRUISTA.

Agora non. Agora a Radio Municipal de Arteixo deixou de ser de e para Arteixo. Agora é duns cuantos e faise para eses mesmos cuantos. Por desgracia co paso do tempo a xente empezou a marchar, ou directamente foi invitada a marchar. Algúns con máis ou menos vehemencia por parte das "altas esferas". Outros simplemente cun "es que no creo que podais encajar en la parrilla nueva, lo siento..."

O que máis ten que joder é que cho digan en castelán.

E así nos luce o pelo. Cun director escollido a dedo. Cunha plantilla canto menos igual de competente ou incompetente que a que había hai anos... pero por sorte para eles, e por desgracia para os de antes... con máis medios. Absolutamente desaproveitados.

Quen nos dera a nós hai anos ter a posibilidade de abrir un blog en internet e volcar os contidos da radio, historias, fotos, etc. De seguro teríase tirado máis proveito do que se fai agora.

Con isto non quero dicir que os de antes fosen mellores e os de agora peores. Os de antes eran todos afeccionados, os de agora, supostamente son profesionales.

Creo que todo se resume en que, hai anos, a xente traballaba con ILUSIÓN. Agora, simplemente traballa.

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/06/27/the-wonder-years-of-a-radio-de-casa/
5 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. O.K. nas túas apreciacións.
    Poderiase aplicar o dito de "otros vendrán que bueno me harán"...xa me entendes.

    Publicado por: laia | 27/06/2008 23:56:56
  • 2. Por suposto. Os de antes ó final non eran tan malos. Agora teño medo dos que veñan despois...

    Publicado por: A velas vir | 28/06/2008 00:24:31
  • 3. a mi me encanta cuando a las diez y media mas o menos te dicen que te levantes con ellos que maravilla lastima que trabajemos desde las ocho

    Publicado por: perz | 29/06/2008 19:58:53
  • 4. A vida de funcionarios eche o que ten...

    Publicado por: A velas vir | 30/06/2008 09:43:43
  • 5. ekeo dis como seti foses un empresario.entendelotodooooooooooooooo.........

    Publicado por: yoli...ljhy. | 20/08/2008 20:48:34

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados