Arteixo Castellano  Galego  

A velas vir

Diario de a bordo dun inconformista recalcitrante

Adianto das eleccións

19/08/2008

Ainda que o Sr. Conselleiro da Presidencia se fartase de declarar que non vai haber adiando das eleccións, parece algo máis que claro, despois das posicións que está a adopta-lo BNG, e o PP, na parrilla de saida.

 

Unha cousa que me preocupa enormemente despois de saber de forma oficiosa que caerán en Novembro, é a insinuación do PP de, en caso de necesidade, pactar co BNG.

 

Non me queda moi claro, pero... penso eu que non se atreverán os do BNG a pactar co partido que, despois de 16 anos monopolizando o goberno, chupando do bote, e gobernando o país a golpe de cacicada, so por seguir aferrados ó doce sabor do poder, pactarían ata co Partido Comunista con tal de botar da poltrona ó seu inimígo acérrimo, o Sr. Perez-Touciño.

 

Afortunadamente, coido que moito van ter que cambiar as cousas en Galicia para que o Sr. Nuñez "Manguerita de la alegría" Feijó se sente no sillón presidencial. 

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/08/19/adianto-das-eleccions/
0 Comentarios - Enviar comentario

O novo aspecto de "Cidadáns..."

18/08/2008

Non sei qué fixeron, pero boto de menos a vella imaxe dos nosos cadernos...

 

¿qué opinades? 

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/08/18/o-novo-aspecto-de-cidadans-/
3 Comentarios - Enviar comentario

"Mátala, mátala... písale la cabeza"

04/08/2008

Así se expresaban unas nenas de non máis de 15 anos mentres unha compañeira apalizaba brutalmente a outra rapaza da mesma idade no madrileño concello de Colmenarejo.

Tiróns de pelo, puñetazos, pisotóns, e patadas pódense ver no video, que a xeito de trofeo, grabaron as participantes deste aberrante feito, e que posteriormente foi colgado en youtube como mostra da sua fazaña.

Din que a agredida está ferida no físico e no psicolóxico. E non é de estranar. Porque ó fin e ó cabo, as feridas do corpo acaban pasando... pero verte como noticia de apertura de tódolos informativos nacionais, saber que o teu video foi un dos máis vistos en youtube, que todo o pobo o pasou por bluetooth ós seus teléfonos móviles... ser consciente de que máis de medio país sabe que che deron unha malleira, sen que ningúen fixese nada por evitalo... e verte acosada por ducias de cámaras, unha chuvia de flashes e un cento de micrófonos, coma buitres carroñeros esperando a súa presa, cando saes por primeira vez á rúa... todo eso ten que doer máis que que che dean unha patada na cabeza cando estás no chan mentras escoitas ás coristas berrar "pero mátala, mátala que da igual..."

Pero este tema deixame moitos interrogantes, demasiados...

¿Qué clase de pais son os que educan ós seus fillos para que todo o resolvan a golpes? ¿Qué aprenden esas nenas nas súas familias para mostrar semellante desprecio pola vida humana? ¿En qué clase de enfermos nos convertemos cando grabamos malleiras cos móviles para subilas ó youtube e pasalas de teléfono en teléfono coma quen amosa na casa as cabezas cortadas das fieras cazadas nun safari?

E o peor de todo, e o que máis me revolve as tripas, é a nube de xornalistas acosando á pobre rapaza cando saiu á rúa por primeira vez despois da malleira... ¿Por qué non podemos respetar a súa intimidade? ¿Onde está a ética xornalística, os dereitos do menor...?

Sinceramente... estou moi preocupado...

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/08/04/matala-matala-pisale-la-cabeza/
7 Comentarios - Enviar comentario

Resaca ¿qué tal de festa?

28/07/2008

Balance das festas;

Si vos son sincero, debe ser o primeiro ano que non baixo ás festas... a pesar de que vin a maravillosa sesión de fuegos de artificio, escoitei as orquestas, a Busta... pero non foi o mesmo.

Lembro cando non podía pasar nin un só día sin baixar á verbena, tomar uns cacharros no bochinche...

Pero este ano non tiña o corpo para festas... así que as disfrutei dende a casa.

Lin moitos comentarios sobre concelleiros cobrando no bochinche, bares que fixeron boicot a Busta, poetas que critican as festas e despois van ós concertos...

Pero quería abrir aquí unha liña de discusión para poder sacar en claro a vosa opinión sobre as festas.

A min, particularmente, despois de ler o programa, parecéronme un pouco cutres en algunhas cousas. Pero todo é discutible...

Agardo os vosos comentarios.

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/07/28/resaca-que-tal-de-festa/
38 Comentarios - Enviar comentario

Debate aberto sobre as festas de Arteixo

18/07/2008

Nun dos anteriores artigos, algúns comentarios da xente fixéronme reflexionar, botar a vista atrás, e lembrar cómo eran as festas hai anos en Arteixo, e cómo son agora.

Alguén dicía que o traslado das festas á explanada so beneficiou ós veciños que rodeaban o antigo campo da festa, que agora descansan máis tranquilos, pero que os hosteleiros de Arteixo perderon bastante, xa que o movemento de xente no centro da vila xa non é o que era.

De tódolos xeitos, co barullo que montan hoxe en día as orquestas, as atraccións (o saltamontes coa voz nasal do "narrador" comentando o xa clásico "arriba ese culito"), as tómbolas co seu "dos de oros, señora, dos de oros, le ha tocau el robó de cocina..." "otro muñeco picachu, otro muñeco pokemon"... os coches de choque coa música makinera a todo meter... a xente que vive na Avenida de Caión, ou na de Finisterre enfrente á explanada, non creo que durma moi tranquila.

E máis, eu creo que xa tódolos veciños teñen-temos asumido que son dias para durmir un pouco menos do habitual. Para eso son festas...

Por iso gustaríame abrir unha liña de debate entre os lectores: ¿onde credes que se deberían celebrar as festas e por qué? ¿qué intereses pensades que trasladaron as festas á explanada?

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/07/18/debate-aberto-sobre-as-festas-de-arteixo/
56 Comentarios - Enviar comentario

A rotonda do Che Guevara: Capítulo II

15/07/2008

No seu momento xa expresei a miña opinión ó respecto do monumento adicado a Ernesto "Che" Guevara en Nirvana (Oleiros) e máis ou menos xa sabedes o que opino, ó respecto de adicar 30 millóns de pesetas a unha obra para min innecesaria, ou canto menos, excesivamente cara.

Sen embargo, non me gustou nada o que vin a semana pasada: alguén atentara contra o monumento, lanzando globos de pintura, cos colores da bandeira española, facendo gala do seu "patriotismo nacional", co único fin de estragar o rostro do guerrilleiro.

Pois ben; coido que si hai xente que está en desacordo co monumento, ou mesmo coa figura do Che, ou co alcalde de Oleiros, por ter invertido 180.000 € dos fondos públicos para a construcción do monumento, non é a solución máis axeitada estragala con pintura.

Os vándalos que organizaron semellante atrocidade non se dan conta de que a limpeza da estatua tamén se pagou cos impostos dos cidadáns oleirenses.

O único que demostran obrando deste xeito é a súa intolerancia, a súa falta de respeto pola libertade de expresión, e a súa falta de civismo.

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/07/15/a-rotonda-do-che-guevara-capitulo-ii/
6 Comentarios - Enviar comentario

Festas de Arteixo: Va por tí, Oscar de Souto...

02/07/2008

Vamos a ver, chaval... mira unha cousiña: para falar das festas de Uxes primeiro tes que lava-la boca. Porque de resucitar non necesitan nada, e senon mira o cartel de orquestas que ten nestes últimos anos: todas punteiras. E ate o de agora non escoitei a ningún veciño queixarse nin da cuota, nin da organización das festas. Porque aquí todo o mundo sabe o que jode e o que queima estar todo un ano nunha comisión de festas, pedindo cartos polas portas, ás empresas, contratando orquestas, atendendo o bochinche... para que despois veñan catro gilipollas a criticar decindo que "vaia merda de festas" ou "podíanas facer doutra maneira" e tonterías así. Eso sempre o di xente que non sabe o que é estar pelexando porque a festa do seu pobo saia adiante.

Falar de cántas cousas se poderían facer con 100.000 euros e criticar o que se fai no Concello é o mesmo que dicirlle a Gelo que o que se poderían facer cos 180.000 euros que custou a estatua do Che Guevara na rotonda de Nirvana. En definitiva, demagoxia barata. Pero barata, moi barata...

O que non creo é que a maioría da poboación de Arteixo (e se non proba a facer unha enquisa) estea en desacordo coas festas, todo o contrario. O que pasa é que sempre ten que haber alguén que mexe fora da taza. Porque como di o refraneiro popular, nunca chove a gusto de todos... pero polo pouco que sei da xente deste Concello é que cando chega o verán, o que queren é ir ás festas, ve-las orquestas, disfrutar dalgún concerto interesante (queiras que non, Bustamante vai atraer a bastante xente, cousa que agradecerán os hostaleiros de Arteixo) e en definitiva pasalo ben nas atraccións e disfrutar de tódalas actividades programadas.

Non vou analiza-las festas dende a óptica dun color político, porque se tivese basarme niso, xa non lle falaría a Galloso por ser do PP (bueno, agora de TEGA) porque eu son de todo menos do PP. Pero non me parece que fixera un mal traballo. Evidentemente sempre hai un montón de cousas que se poden mellorar, pero amigo Oscar, eu creo que o que quere a xente precisamente é panes et circus. Verbena e bochinche.

O mellor é que eu non estou ó teu nivel intelectual, para ver mais aló de orquestas, concertos de Bustamante e o Saltamontes... pero son tan arteixán coma ti. E resulta que é o que quero para as festas do meu concello. E para as festas de Uxes, que para eso son nado alí. Para mais señas, na aldea de Souto. Por eso me desagrada tanto ver o nome da miña aldea ligado ó teu. Porque ti non eres "de Souto". De Souto son eu. ¿Entendiches?

Sinto non saber tanto de cultura e de poesía... pero non cambiaría por ningún dos teus recitais de pseudo-cultura unha noite nas festas de Uxes, escoitando á Panorama, ou á París, ou á Olympus... e tratando de levar a algunha moza entre unha leira de millo...

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/07/02/festas-de-arteixo-va-por-ti-oscar-de-souto/
180 Comentarios - Enviar comentario

Mi no entender...

30/06/2008

O longo destes días, nos que iniciei a miña andadura cibernética no espacio adicado ós cidadáns de Arteixo, e despois de ter recibido uns cuantos comentarios un tanto desconcertantes, plantéxome unha serie de dudas que agradezo me axudedes a resolver:

1.- ¿Por qué hai tan mala ostia entre os do PP e os do PSOE neste concello? Cando escribo un post, algúns empéñanse en dicirme que si son do PP, que si son un facha, que si parece que estou invocando o espíritu de Franco, e toda unha serie de cousas que non alcanzo a entender...

Non sei por qué a xente saca esas conclusións, xa que nin moito menos me considero afín ó ideario do PP. E se así fose, tampouco me avergonzaría de recoñecelo. Pero non é o caso.

O que tampouco entendo é a qué ven esa feroz crítica, por exemplo, dos do PSOE ós do PP, por ladróns, corrutos, e demáis lindezas (que parece que estamos en Marbella) cando, si acudimos á hemeroteca, non hai máis que ver cómo sairon do Concello o señor Frutos, Jeima y compañía. Cos petos cheos e sen escrúpulos.

O que tamén me costa comprender é por qué os do PP se empeñan en criticar de xeito vehemente o afán innovador e vangardista da nova corporación, así como as solucións que tratan de dar ós problemas cotidianos do Concello, cando eles, en un montón de anos de goberno, non fixeron nada...

2.- ¿Quén é esa tal Yoli coa que me confunden? ¿Onde traballa? ¿Por qué ten un local con cortinas dende onde ve a plaza das viñas?

A ver, estou agora mesmo mirándome entre as pernas, e polos meus atributos (non moi grandes, todo hai que recoñecelo) poderíaseme clasificar no xénero masculino da especie humana; de todo discordante co apelativo que alguén pretende empregar para referirse a min. Ah, tampouco coincide o meu nome real co de Yoli (acabo de mirar o DNI para cerciorarme)

Tampouco teño ningún negocio. Para darme conta diso non teño máis que mirar ó meu arredor e ver o lugar onde traballo. Si todo isto fose meu, crédeme que non estaría neste despacho. Estaría seguramente en Larín, montando a cabalo, ou navegando no meu iate privado...

3.- E máis dúbidas das que agora mesmo non me lembro. Pero xa iremos falando...

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/06/30/mi-no-entender-1/
21 Comentarios - Enviar comentario

Festa do Orgullo Gay en Arteixo

30/06/2008

Este fin de semana estiven ausente do meu/noso/voso Concello, así que non puiden asistir ó evento máis anunciado e que máis polémica causou nos últimos tempos: a festa do orgullo gay.

Teño entendido que nin foi tanta festa, nin o desfile convocou a tanta xente, nin ó final tivo tanta repercusión como se pensaba nun principio. Polo visto había máis xente mirando polas ventanas, ou espiando desde as terrazas dos bares a ver si recoñecían a algún veciño entre os "celebrantes", que participantes en sí.

Xa sei que a Alcaldesa das gafas de pasta dixo que non lle ia costar un duro ós contribuintes, cousa que é de agradecer, porque xa se estan tirando cartos abondo en outras cousas.

Pero non sabería dicir si foi tanto éxito como para repetilo ou mesmo como para institucionalizalo.

Eu, como xa dixen, mantívenme á marxe; por iso quero saber a vosa opinión...

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/06/30/festa-do-orgullo-gay-en-arteixo/
14 Comentarios - Enviar comentario

The Wonder Years of "A Radio de Casa"

27/06/2008

Seguramente alguén me poida recoñecer polo que vou escribir agora... pero dame igual. Como xa dixen, aproveitarei a libertade de expresión que me ofrece internet para queixarme. Sobre todo porque o que vou dicir aquí podo dicilo coa cabeza ben alta e mirando de frente. Non teño que esconderme de ninguén.

Hoxe quero expresar a miña máis profunda crítica sobre o funcionamento da Radio Municipal de Arteixo.

Hai, digamos, 10 anos, o 102.0 era un fixo no meu dial. Pero deixou de selo. Porque pasou dunha leve infección a unha gangrena irreversible.

Hai xa ben anos, a Radio era a casa de tódolos arteixáns. A través do teléfono os ointes participaban. Todos aqueles que amosasen unha mínima inquedanza por facer un programa de radio, tiñan as portas abertas daquela terceira planta do edificio de servizos múltiples. A parrilla estaba chea de múltiples e variados contidos. E os colaboradores participaban de xeito ALTRUISTA.

Agora non. Agora a Radio Municipal de Arteixo deixou de ser de e para Arteixo. Agora é duns cuantos e faise para eses mesmos cuantos. Por desgracia co paso do tempo a xente empezou a marchar, ou directamente foi invitada a marchar. Algúns con máis ou menos vehemencia por parte das "altas esferas". Outros simplemente cun "es que no creo que podais encajar en la parrilla nueva, lo siento..."

O que máis ten que joder é que cho digan en castelán.

E así nos luce o pelo. Cun director escollido a dedo. Cunha plantilla canto menos igual de competente ou incompetente que a que había hai anos... pero por sorte para eles, e por desgracia para os de antes... con máis medios. Absolutamente desaproveitados.

Quen nos dera a nós hai anos ter a posibilidade de abrir un blog en internet e volcar os contidos da radio, historias, fotos, etc. De seguro teríase tirado máis proveito do que se fai agora.

Con isto non quero dicir que os de antes fosen mellores e os de agora peores. Os de antes eran todos afeccionados, os de agora, supostamente son profesionales.

Creo que todo se resume en que, hai anos, a xente traballaba con ILUSIÓN. Agora, simplemente traballa.

http://arteixo.cidadans.net/avelasvir/2008/06/27/the-wonder-years-of-a-radio-de-casa/
5 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados