Castellano Galego Con boas accións e boas palabras, si señor.
Imos aló!
Ben, en primeiro lugar debo dicir que encontro máis lóxico falarmos de temas que afecten aos arteixáns mais non podo evitar a tentación de facer unhas breves puntualización ao meu tocaio Talantoso. Como non penso darlle orde ou lóxica a un texto que non o ten irei comentando parágrafo a parágrafo. Se alguén quere polemizar sobre algún aspecto, adiante, mais insisto que era mellor dedicarnos a outras cousas, non é verdade?
" Vendo o debate de onte na galega, quedoume aínda mais claro, da o mesmo votar a Pilar ou a Silvia, é exactamente igual. Xa teñen repartido o pastel pase o que pase."
Non acabo de ver que sexa tan relevante un debate a nivel galego para a xestión municipal, e muito menos para decidir o voto. Que teñan perfilado o reparto do "pastel" non só me parece lóxico e esperable senón que desexo que o teñan clariño por se acaso. Dous bailaríns que pretendan danzar xuntos han de procurar non se pisaren os pés. Pasa nas mellores familias. Ou sont Cuiña, Diz Guedes, Cacharro e tantos conselleiros usados e defenestrados???;)
"Ésta é a esquerda que temos, a mesma que non dubida en aislar a un grupo político cunha representación maioritaria en Galicia e gobernar de espaldas á maioría dos galegos. A mesma que coa súa ineficacia deixou arder media Galicia e despois deixouna inundar. A mesma que a nivel nacional non sae dun escándalo para entrar de cabeza no seguinte, eso sí, con boas tapadeiras de fume cada vez que lía algunha...Que toca escandalazo coa cuasi-legalización completa de Batasuna, detención da Pantoxa, que toca follón coa OPA de Endesa...movidón o canto...."
É simpático falar de illamento no caso do pp, que demostrou tan mal perder, e que se apuntou rapidamente ao boicot sistemático de calquera iniciativa do Goberno da Xunta. O problema está en que deixando as cousas como as deixou... é dificil recoñecer os erros cando chos evidencian ou cando se lles buscar unha solución ou, mellor, solucionciña. Automarxinación diría eu mais ben, no Parlamentiño; desde os concellos, pedradas. Sobre maiorías, home, suma e a ver que contas che dan(48=corenta e oito!). Nen as torpezas do actual goberno tapan a xestión de 14 anos dos nacional-católicos. Durante o rodillo de Fraga estabas conforme, non? É-che o que hai. A última frase sona tanto a pastiche que non a vou comentar, mellor, se queres noutro post;)
"O que teñen caralludo é o respaldo mediático, se salvamos a Antena 3 e algo a Telecinco (fai tempo que non é o que era...o independiente que era), o resto de medios pasan o día bendecindo e louvando os éxitos Zapaterianos (moitos son simplemente mante-la política da época Aznar, coma o tirón económico). De tódolos xeitos, ollea un calqueira periódico e só se leen folgas, loitas, empresas que van ó peche e demais trapalladas."
Imaxino que durante o período Aznariano estarías mooooi contento coa televisión pública, claro. Aquela de Urdaci, lembras? E do C.Dávila... aquilo era independencia! Permíteme sospeitar que naquela altura non vías o telexornal de telecinco, lembras o da guerra de Iraq, e o do Prestige...? as delicias de calquera pepero. Daquela seguro que adorabas a independencia de t5, non sexas demagogo. Ou vías a primeira e antena 3? Hoxe sempre podes consolarte con César Vidal e Losantos na Cope, o con as lindezas veritísimas de JJRamírez en El Mundo... incluso La Voz. Non ides mal servidos, non. Sabías que o acordo sociolaboral mais ambicioso da democracia galega se asinou hai poucos meses?A min non me chegaría, bastante menos daba o pp. A que protestas te refires? algunha nova que non tivese Fraga diante da porta? Os mineiros? Os mariscadores? Profesores? Sanitarios? Estudantes? ???
"Temos a sanidade feita unha merda, ir ó médico é coma ir á guerra, que a un o operen é misión imposible. Vese inmigrantes sen traballo, sen oficio nen beneficio colapsando todos os servicios públicos sen que ninguén poña límite á súa entrada."
Supoño que non che gustará que che fale de competencias dado que che debe dar alerxia falar de autonomia. O que seguro que detestarás é que che lembre que a sanidade pública é competencia da xunta, e quen gobernou nos últimos 14 anos? Bingo! o PP! como soubeches? 2 anos de goberno bipartido difícilmente da para montar o cisco que hoxe temos montado, e muito menos para solucionalo. Queres que falemos das fundacións que se sacou da chistera o neno Feijó e papá Beccaria? Polo que comentas dos inmigrantes supoño que non estarás a suxerir que non deben ter dereito a asistencia médica... Viva a non-dereita! Viva a non-xenofobia! Aconsellaríache que non-moderases ese non-brote de non-racismo, por se che non-vai a non-máis.
"A cagada do porto exterior ferrolán, que como é obra do PP pois agora non interesa arranxar, e unha inversión da ostia está sen rematar por culpa da pista de acceso. A cagada das plantas de Pescanova, prefírese (basándose en estudios medioambientais moi criticables, por que a planta tiña o visto bo tanto da administración española como comunitaria) deixar unha zona con tasas de desemprego bestiais sen empresas que industrializala."
Si claro, como a Cidade da Cultura, parvo o que veña despois.O cagada do(ti mesmo o dis)porto de Ferrol é unha das caralladas mais grotescas deste paisiño, sabían que unha obra desa envergadura e dificuldade non tiña deseñado o acceso por terra nin sequera calculado o investimento para el? Que co porto da Coruña a súa rendibilidade está máis que cuestionada? Que probablemente non sexa, nin de lonxe o que a comarca de Trasancos precisaba no que a diñeiro público se refería?Que con todo este panorama o Feijó prometeu un porto exterior para Ribeira se gañase as eleccións?
Pescanova a casa de Diós. Menudo timo. Investimento público para catro postos de traballo directos. Unha desfeita no entorno(despois queremos vender turismo e paraíso natural).E saben o peor? Que o carallo do rodaballo é carnívoro!!! isto é, só se alimenta doutros peixes polo que hai que capturar non sei cantas toneladas de peixe adicional para engordar a estes, vaia negocio que facemos.E toda a merda concentrada destas plantas onde vai parar? a cargarse o entorno do campeón, o súper-percebe! Informes? xa ves que fiabilidade dan, depende quen os pague, Madrí, Bruxelas? A eles o que lles interesa e contentar ás transnacionais como Pescanova que despois de chupar e chupar e non dar nada a cambio ainda esixe. Sabían que en Portugal parece ser que a cousa non pinta tan fácil, nin tan guai? Por isto como exemplo de industrialización e fonte de emprego neto é unha tomadura de pelo. Nin + nin -.
Se és de dereitas supoño que saberás de economía, e se sabes de economía, saberás que o Estado en cuestión de hipotecas e poder adquisitivo pouco ou nada.(un do pp preocupado polo acceso á vivenda...isto é un sarcasmo, non?con todas as promocións que fixeron os vosos amigos e ainda protestades!) Vivimos no libre mercado, iso que tanto vos gusta a vós, e na Unión Europea o intervencionismo está lexislado e vixilado. Se a macroeconomía vai ben é por outra orde de cousas: os grandes poderes españois foron quen apoiaron veladamente a candidatura de Zapatero... e precisamente é cos "tiranos" sudamericanos con quen estes estaban interesados en facer negocios. Libia? Sónache a palabra GAS? Irán? Tranqui que mola mais bombardealos para zamparnos o petroleo.
Onde meteu a man o Caldera foi nas pensións, nos salarios mínimos, no investimento, en servizos sociais (que xunto co dos dereitos civís foi do pouco que me agradou do goberno "socialista-ista")compara o incremento de gasto público desta lexislatura coas dúas do pp e verás a que me refiro. Insuficientes? si, mais non hai comparación posible: prefiroos antes que aos nacional-católicos.
En fin, que non me caso cos que están. Pero as comparacións... teño claro as diferenzas entre a dereita nacionalista española e esquerdiña-chupicolor tiiiiimida que temos.
Se queres falar de Arteixo estaría ben, se o que queres é falar de Batasuna, do perigo nacionalista do bloque (si,eses que teñen rabos e cornos, que medo mamá!)recoméndoche que fagas un blog de título "Argh!España se rompe!" e discutímolo alí, ora ben, da Pantoja paso muitísimo.
Ala a durmir. Mañá hai que levantarse cedo pra traballar.
Un saúdo cordial,
Talantoso II
Os lectores daríanse conta das analoxías do título deste blog con outro... é evidente que non é por casualidade. A cuestión é que quería postear un comentario pero non me foi posible... así que aquí estamos.
Tal vez non sexa má ideia manter este espazo... porque o tema dá para moito. Así que xa veremos canto me dura a ansia.
Por suposto, vou permitir os comentarios. Iso sí, penso que tampouco estaba mal que non insultásemos, non por talante senón por educación.
Un abrazo.