A propósito do Dora Vázquez
domingo, 03 de febreiro de 2008 19:12
O motivo polo que escribo aquí é para expresar a miña decepción co Concello de Arteixo por patrocinar "un concurso xornalístico" coma o Dora Vázquez. Síntome como muller, e sobre todo, como persoa, abraiada cos textos gañadores. É certo que, se ben as desigualdades sociais seguen a existir lamentablemente, non creo que se avance un só paso máis na súa desaparición convocando un concurso "para mulleres". ¿Qué clase de igualdade, da que se alardea nos artigos gañadores, se pretende acadar acatando esas bases concursales? ¿Qué clase de muros derruban as canteiras que as asumen? ¿Cómo podemos, por 600€ e nun "apto para mulleres" permitir unha ablación cultural e intelectual dese tipo? Para a información de quenes consideren ós homes desta época nados en malos tempos, recordar tamén que homes coma Ghandi, coma Rabindranath Tagore, coma Condorcet, coma Pestalozzi e outros moitos avogaron pola dignidade da muller, e hora vai sendo de que aprendamos a ser aliados, non rivales, e dende logo, o mecanismo da alianza non pasa pola exclusión, senón pola admisión das diferencias propias de ambolos dous sexos, o respeto por elas e o recoñecemento pleno da igualdade como persoas.
Quero expresar tamén o desacougo que me produce o feito de que tales bases concursales non foran recurridas como acontece con outras bases amparadas na "tradición" en outros puntos e mesmo en outros ámbitos da xeografía española. ¿Desde cándo a cultura ten sexo? ¿É esa a sensación de progreso que se nos pretende amosar?, sobre todo tendo en conta que Arteixo, como Concello do século XXI ten superados os seus complexos sexuais: está a ser governado por unha muller, ten representación política de ambolos dous sexos na corporación municipal, nas forzas do orde, etc.
Non pretendo, con esta afirmación, obviar o feito da discriminación á que históricamente foi sometida a muller e mesmo segue a ser, pero sí pretendo que se lles rinda cumprido homenaxe a todas aquelas mulleres, que independientemente da súa condición económica, social ou intelectual, abriron camiños nun mundo de homes, gañando para elas e para as súas conxéneres un respeto até ese momento negado, por eso entendo que os hoomes que sepan recoñecer esa valía, deben ter tamén a oportunidade de ter as portas abertas.
Sen máis despídese unha muller.