Castellano Galego
Pois esto quixen poñelo no teu caderno, que me gustou o tema, pero pedíame un código de confirmación e non se vía máis ca uns puntiños, así que si les esto sepas que é sobre os profes...mestres...poesía...
pois eu na escola (de Arteixo, antes chamada "Grupo Escolar Carrero Blanco"...) non atopei nin a máis mínima poesía! tiven que esperar a repetir 2ºde BUP para eso...
Da escola, primeiro nas Barreiras, unitaria, ca pobre dona María ¡o que tiña que aguantar! anque eu ir...quedaba máis ben fozando nas pozas e no río co meu irmán, pescando anguías...cando chegabamos xa era case o recreo! Aquí pasei dous cursos e como tiña moito carácter daría para contar!
No "jrupo" primeiro cantabamos...oiamos ou o que fora o himno, logo lembro que cando entraba o mestre ou mestra había que erguerse, con algúns rezábase...en 5º unha tal doña Carmen (franquista de pro) chamoume "anarquista" tíñame o máis do tempo fora, porque xa daquela non vía eu que aprender o catecismo me ía servir para moito, era unha atea en ciernes!poñíanos en fila e tiñamos que amosar as mans, as uñas cortiñas e limpas, sen pintar!! (en 5ºiamos pensar en pintarnos as uñas!) e o que non pasara a supervisión...ostiazo que te criou! dábache cunha regra nas mans...un rapaz un día rebelóuselle, si xa de aquela os mestres sufrían "acoso". Unha vez -eu estaba castigada, por suposto, no pasillo- non sei a que me chamou cunha compañeira e non sei por qué vai e pégame un martillazo en toda a cocorota! estas cousas pasaban...como tiñamos pola mañán e pola tarde, e algún comiamos no comedor pois ela mentres durmía a siesta, as enchufadas (miñas pobres!) facíanlle unha especie de cama cunhas mantas, e ela a surtirse co "Coes"!!! tiña unha caixa que renovaba creo que cada semán...tocoulle retirarse ese ano (xa non martirizou a ninguén máis) e "regalou" parte das súas pertenzas ós pupilos, a min ó primeiro díxome que nanai...pero logo doume unha taza co seu pratiño dun fino plástico azul! mellor fórame en 4º con doña Amparito, que tiña unha irmá doña Alicia (creo)...eran
a bomba! pequerrechas, tipo croquetiña, e cuns zapatos cun cacho tacón...e como 2 tallas máis así que se vía obrigada a desprazarse como se fose en patíns...un día soltáronlle un rato...era das que daban "collejas" pero con cariño...jejeje con ela fun enchufada, e tiña unha mesa aparte con outras "escollidas"; cando algo non lle gustaba botaba un berriño "aaai...aaai...aaai"e se che ía pegar(a min nunca, por iso de ser enchufada) dicía "vente, vente!" nun tono que síntoo polos que eran caneados pero daba a risa...
Cando pasabamos para 6ºxa había máis mestres, pero eu parece que nunca caín en gracia, dicíanlle a miña nai que buenoo...porque era traballadora que senón! e o caso é que eu nunca estudiaba, facía os deberes se lle cadraba...en 6º chungo, había un tal "Pataca" non sei nin o seu nome que buenooo...facíanos facer copias, e eu un día rebeleime e dixen que nanai, eu xa sabía aquelo e bastaba, eu falar falaba pouco pero cando o facía! sentenciaba! total pasei 6º no pasillo, e repetín...ou sexa fun unha alumna nefasta no concepto de alumno, pero...lía máis ca ninguén, sempre estaba a ler...e aquela nena que a ver si servía para coser (era o que se levaba) chegou a facer 2 carreiras, pero en ningún momento os profes, mestres, cadeirádegos (en masculino e feminino) salvo o de latín de 2ºde BUP que era todo un fenómeno!pero vou cortando que xa vai boa...
total aínda hoxe en día que dou clases a un rapaz o meu concepto do profesorado é malo, tirando a peor...e xa sei que esto ides criticarmo! pero que queredes e que tiven unha infancia escolar moi, moi mala! Sioux un saúdo!! es un hacha!
1. Nada neniña, ti traquila que non che imos criticar nada. Según Sioux a poesía levámola outros, asique a ti, tocouche compartir as "ostias" (eu tamén tiven que estudar moito catecismo na escola) co Sioux. Qué se lle vai facer!
2. carallo hai censura? , joder cos socialistas e a sua libertade de expresión, pois que sepas, que alcaldesa sae borrosa para tapar a cara de cu que ten, e o marido de Lourdes traballa ilegalmente e non ten titulación para o traballo que fai, PERO COBRAR COBRA, ese é o voso movemento socialista. LOURDES DILLE O TEU HOME QUE VAI A ESCOLA.
3. As "Xamparetas" eran doña Amparo y doña Alicia as xemelgas diabólicas. A min deume clase doña Amparo e aínda que eu nunca "cobrei", vin moitas desfeitas, coma a un rapaz que era bastante alto, chegar coa cabeza case ó chan tironeado das orellas por doña Amparo.
O "Patacas" se non lembro mal, era Rivera, que daba clase de Língua e nalgún momento de Ximnasia. Baboso maior do reino hoxe sería cualificado de pederasta pois gostaba facer saltar diante del ás rapazas que tiñan xa desenrolado o peito. Amén de facer comentarios sexistas que eu non sabía que o eran pero que nos deixaban unha incómoda desazón no corpo.
4. "Censura" que ten que ver o teu comentario có que estamos a falar? Non o entendo
5. non ten nada que ver, pero como nos blogs do GALIÑEIRO existe censura.
6. Eu tamén estudiei no Carrero Blanco, pero collín outras épocas.Como en todas as cousas e en todas as profesións, hai garbanzos negros, pero, polo que en xeral me atopei, non tiraría o cocido... En favor de Rivera direi que vivín de rentas co que aprendín de Lingua Española até o COU...do demáis non digo nada...que todo se sabe. Pero eu lembro a Don Bernardo con moitísimo cariño, a Paco Vilar, que nos explicou en qué consistía a CEE xusto no ano en que España entrou nela e que era un magnífico mestre de sociais, a Carmen Lombardero, a Sefa, a Fernando, que era poesía en estado puro, a Tilucha forever... e a outros moitos mestres que facían do ensino en precario un arte...Decididamente, eu non tiraría o cocido...
7. Artabris, gracias por persistir no teu empeño de publicar o teu conto e facer iste comentario no teu propio blog. Éu o único que pretendia era resaltar a diferencia apreciable entre un "Mestre" e un 'profe', e por ahí navegaron os comentarios. E lembrar tamén, a moitas e moitos compañeiros que o pasaron tan mal, para acabar, con poucos anos máis, metidos n'un nicho.
Houbo quen escolleu o papel de liar, e de ahí pasou as pastíllas e acabou con unha cucharílla e unha goma no brazo. Sin saída. E houbo quen se refuxióu no papel e o bóli, as pintúras, os libros intelixíbles, a música, etc, etc...Para poder resistir e manter, dentro do posible, o equilibrio no medio de un furacán destructor. A ós que lle tocou a poesía... agraciados foron. Mais a poesía esa, que destroza toda metrica e rima estricta, soio sae do corazón d’os máis humildes e iñorantes, pero resistentes.
A tí pasariache como a min Artabris, libro que pillabas, leído quedaba, ¡Ó carallo era que entenderas o que leías sin axuda de nadie, nin na casa, nin na escola!.
¡Ah!...eu non son un hacha, pero sí moi reviradiñodenuestroseñorouquensabe. Saude.
8. L_del_J, non é cuestión de tirar o cocido. A cuestión é que cada vez haxa máis artístas cociñeiros, que ensinen a saborear e apreciar o cocido.Un bico.
9. CENSURA: ó primeiro non entendín nadiña! bueno...ben...en fin... anque se nos pos en antecedentes pois saberiamos algo máis...por certo ho, e xa que estamos, e como este é o "meu" (moitas máis comiñas había que poñer...) pois dicirche que a cara non a escollemos, así que cada quen ten que apoquinar (ou ir facer a ciruxía) ca súa, agora ben o resto que insinúas...o dito explícate máis, e con datos.
Sobre Rivera (nin me lembraba) ía comentar o das rapazas...pero bueno, como eu tampouco estaba moito na clase...a Paco lémbroo con mellor opinión, se é o que daba naturais, facía unha cousa "innovadora" unha especie de concurso que que se aseguraba que íamos chapar, eu gracias a el aprendín bastante de pedras o que me viu estupendo para a miña profesión, era bó, e coñeiro, si señor!
ó mellor se sigo lembrando ate mesmo atopo algo de poesía!!
10. si si explicate mais yoliña que e a empresa que ten empleado o marido da concejala, e mira non sera un comenterio resentido porque che fodiu algun seguriño
11. por certo donde fixo o cursiño de internete a concejala ou e que o blog segun ti censurado abriuno ela ,explicame que ti desto sabes moito
12. Yoli,lo que está es resentida porqué tanto a su padre cómo a ella se les acabó la chupandaina del concello,y encima otras inmobiliarias y agencias de Arteixo ofrecen seguros más baratos y valga la redondancia más seguros,y encima les joden los clientes,cosa que tampoco es nada raro dada la informalidad de su empresa.
13. ¡Tamén eu lembro os concursos de Paco, que bo! A Paco lémbroo no 23-F seguindo cunha radio pequena pegada á orella o desenrolo dos feitos. Sempre boto man desa imaxe para recordar o famoso día.
De Rivera aprendín moito, reñiume dabondo para que aprendese os garaJE - emerGer e demáis.
E tamén Frutos me dou clase de ximnasia e de matemáticas ( ¡ a la palestra, pollo ). Daquela era o profe máis guapo, todas o mirabamos ás agachadas.
Unha pregunta ¿ doña Amparo era unha que movía a cabeza todo o tempo como si tivese algo de Parkinson ou algo así? Creo que é a mesma, e sacudía coa regla na cabeza que era un amor.
14. Sí, doña Amparo era a que movía a cabeza e chegou ó Grupo antes que a irmá. Con Frutos foi a primeira vez que entendín as Mates. Con doña Delfina aprendín que o amor á lectura tamén estaba fóra da miña casa. Con Rivera aprendín que hai miradas e actitudes que non me gustan. Con Ánxela aprendín a dignidade do galego e que a escola pode ser algo máis que aprender leccións teóricas
15. Con Elisa vivín de rentas có que aprendín de língua española (na miña época aínda non dabamos galego).
Quero facer unha lembranza a aqueles profes novos e progres que dinamizaron culturalmente a vida do Grupo, entre eles lembro (e me esquezo dalgúns) a Meli, a Frutos, a Ánxela, a Elisa,...
16. quen é a tal Yoli?? e por que lle pedides que se explique aquí??? loflipo!
Seguindo cas lembranzas: Meli daba francés? porque foi unha das poucas cas que me gustou estar na clase, e aprender, e co que aprendín logrei eu tamén vivir de rendas e mesmo desenvolverme de marabilla na Francia.
O seu home, Luís, que daba sociais logrou a miña atención ata que un día me dixo que si en vez de debuxar tanto me dedicara máis a estudiar...que cousas!
Hoxe no xornal, viña unha preocupante noticia na que se dicía que ían recortar en secundaria a ximnasia, vaia que ía desaparecer, alucino, porque por un lado din que cada vez a xente é máis sedentaria e os rapaces teñen máis sobrepeso, ademais onde queda aquelo de "mens sana in corpore sano"?? que incongruencias! o caso é que tamén se recorta o tempo a asignaturas como Historia e Filosofía, e o alucine xa é maiúsculo! porque non quitan directamente relixión? que se dea onde se ten que dar:na igrexia, de aí saiu e aí debe darse para quen queira.
O tempo ese vaise a ocupar en asignaturas "técnicas" non me lembro xa como se chama pero é algo de tecnoloxía...ou algo así, en fin...
17. ¡¡¡Jobá, Artabris!!! ¡¡¡qué memorión tienes!!! ¡¡cuántas cosas me hiciste recordar!!! ¡¡ESTUVE CONTIGO EN CLASE!! Por lo menos con la Doña Carmen aquella.
La cama se la hacían con una tabla que ponían encima de varias sillas y con las mantas. También les obligaba (me acuerdo perfectamente quien lo hacía) a limpiar los zapatos. Con un tenedor viejo le tenían que quitar la tierra a la suela de los zapatos. También se pasaba un buen rato en clase llenándose la cara de vaselina. La cajita rosa de toda la vida. (Sempre pensei en facer o mesmo porque a cabrita tiña unha pel que te cagas).Tiempos atrás, en la escuela vieja, les obligaba a las mayores a ahogar los gatitos en un cubo de agua….. en fin…. Barbaridad, tras barbaridad.
Seguro que L_DEL_J se puede enterar de la historia de esta profesora del pueblo y su novio. Tela marinera.
¿Te acuerdas, Artabris? Éramos las únicas de todo el colegio que llevábamos el babi verde. ¡Me parecía tal discriminación!. Yo no entendía cómo se lo podían consentir. Canseime de chorar o día que me enterei que me tocaba na súa clase en vés de con doña Concha. En aquél momento me pareció que me había tocado la desgracia más grande que a nadie en el mundo le podía tocar.¡Cuánto daño hizo, la cabrita!. Con ella aprendí por primera vez en mi vida lo que era el PÁNICO y una vez me acostumbré al pánico aprendí lo que era la IMPOTENCIA. Fue la primera persona MALA que conocí en mi vida. (Después, claro está, hubo mogollón).
Rivera…mejor ni nombrarlo. Estoy de acuerdo, era un Baboso. Pero literalmente...¡qué asco de tío! No le tenía respeto ninguno. No soportaba su mirada. Algo malo escondía. Fijo. Por el contrario yo me reía mucho con Don Gonzalo. Me encantaba. ¿os acordais de él? ¿y don Julio? Era la bomba. Fue el mejor profesor que tuve nunca: empezábamos un examen (de Física) y cuando ya llevábamos un rato se ponía a leer las soluciones en alto, las escribía en el encerado y ¡de repente! ¡ras!! Las borraba. Había que estar muy atento para copiarlas rápidamente. ¡ja, ja, ja, ja! Y ¿c
18. Y ¿cómo se llamaba la de gimnasia y su marido? ¿la señorita Rosa? Me gustaban mucho los dos. Supongo que era porque fueron los primeros profesores jóvenes que tuve y los que primero me hicieron sentir que yo era una persona.
Besos Artabris, besos y abrazos. Me alegro de verte por aquí y de que al final todo de vaya bien. (hay algunos de aquellos tiempos que ya no pueden estar con nosotros intercambiando recuerdos).