Castellano Galego
flipo!! arredemo, e logo porque non abrides un tema "CANTEIRA" e así se quero enterarme do tal léovos?
Yoli, aínda que te poñen por aquí a "parir" vaia, vexo que un pouco de educación aínda tes...
e como dixo aquel a miña jata tivo jatiños...anque as laranxas este ano son maliñas de carallo! jejejej....
e que...!!!!!!
bueno, e do tema "asociación monte da estrela" tedes algo que dicir??
xa había tempo que non escribía nada, e non por falla de temas...senón máis ben de tempo!
Veño de ver que xa sabedes que hai unha asociación de nova creación en Arteixo "asociación cultural monte da estrela"
aínda estamos iniciando a andaina. A tod@s @s que a integramos anímanos a recuperación do Patrimonio Cultural do concello, e que nesa recuperación se poidan implicar tod@s os veciñ@s, pois sen ese apoio está claro que é moi difícil acadar os obxectivos.
En Arteixo, coma en calqueira outro concello temos un interesante Patrimonio, por descubrir, e deberiamos estar orgullosos del, e procurar que se poida transmitir ás xeracións futuras nas mellores condicións, ¡e tod@s podemos facer algo para que así sexa!
Por certo que me gustaría puntualizar que significa "cultural" pois integra tódolas creacións que se fixeron ó longo da Historia e que nestes momentos poden sucumbir se ninguén se anima na súa recuperación.
Comezaremos pola recuperación da capela da Estrela en Monteagudo, un lugar sen dúbida especial! será unha recuperación que quere integrar os diferentes aspectos nos que se insire: a arquitectónica é a máis obvia, pero tamén do espazo natural, ideolóxico (en canto ó momento no que se fixo, e que mentalidade...etc) a romaría...neste senso animámosvos e pedímosvos que si tedes fotos, documentos antigos...de calqueira tipo, nos informedes para consultalos, fotocopialos...ca fin de facer unha base de datos históricos, e si son relacionados ca capela da Estrela POR FAVOR decídenolo! quedarémosvos moi agradecidos!
Os que traballamos no eido do Patrimonio témonos que enfrontar a un sinnúmero de atrancos do que quizáis destaco a desinformación ou a información interesada que algúns se encargan de transmitir ó conxunto da cidadanía, onde a nosa profesión queda como "o grande atranco ó progreso"!!! vaia cáseque somos unha especie de "quinquis" que non facemos nadiña de nada!
Ogallá que en Arteixo cos proxectos que temos en mente poidamos non só recuperar o Patrimonio e transmitilo, senón tamén disfrutalo tod@s e que poida servir como un dinamizador máis, tanto social, cultural, económico ou de lecer.
Esperamos o apoio de tod@s!!
estamos na web:
http\:www.montedaestrela.org
O día 17 a máis do día das Letras Galegas é tamén o día dos museos, haberá entrada libre (tamén o domingo) e o sábado ademais de outras actividades culturais (concertos) non pecharán ate pasadas as 12 da noite.
Así que aproveitade!
Un saúdo.
No concello da Coruña acaban de poñer en marcha "desprazaDOS", polo que se vai intentar que a xente que se despraza Á Couña comparta coche,e "aparcaDOS"(para compartir aparcamento unhas opcións moi interesantes ó meu ver, e que podería tamén incentivarse dende o noso concello.
Como usuaria sufro un transporte público (DEFICITARIO) e CARO que une Arteixo e A Coruña que ve como pasan por diante da parada coches e máis coches cunha soa persona dentro, cas consecuencias de atascos, contaminación e xa na cidade:falta de aparcamentos, máis atascos, máis ruídos...
Cada día os que traballamos na Coruña e se temos que coller o bus urbano suponnos nada menos que 3,36 euros ca tarxeta, senón serían 4,70 euros, sumando os 20 días laborables sae nunha pasta!.
Pero para os que nos decantamos polo bus en Arteixo aínda temos que aguantar un transporte máis que deficitario, como dicía, horarios demasiado distanciados (media hora), cando por exemplo Cambre ou Culleredo dispoñen de bus cada 15 minutos, estes ademais chegan ate Porta Real, durante todo o día, e non como na nosa liña que só nas primeiras horas da mañá chegan a Juan Flórez, o que fai que non quede máis remedio que facer trasbordo...
Agora seica hai buses ate o polígono industrial de Sabón, nin sabemos horarios, nin ruta...NADA desinformación total, semella que queren que nos tiremos todos ó vehículo particular, e xa non digamos se vivimos nas parroquias! daquela o conto xa é peor.
As paradas: sábense por costume! de terceiro mundo!! non podían poñer sinalizacións cos horarios, ruta...??
Outro problema é que nas primeiras horas do día hai buses que levan xente de pé, e mesmo quedan persoas na parada, non é que pase tódolos días pero si algunha que outra vez na semana.
Agora vou pasar a outros aspectos que poden facer que as persoas se decidan a sacar o propio coche: o barullo que se escoita:que hai persoas que semellan que van soas!, e se lles chamas a atención aínda lles parece mal! entre esto e a mala costume de poñer a radio cun volume que parece que se estea na discoteca...e se por riba ó conductor lle da por poñer a COPE e os "comentarios" de Jiménez los Santos...é para botarse en baixo en marcha!e o uso do ar acondicionado? ou da calefacción? para pillar unha gripe! no inverno afogamos e no verán conxelámonos de frío!
E o xeito de conducir? algúns conductores(non todos que hai honrosas excepcións)pensan que van co seu coche, peor é nos urbanos pero moito peor!! parece que en vez de xente leven gando! arrancadas, frenadas bruscas...que gañas da de dicirlles algo! a xente vai medio acojonada dentro...ou cando pechan a porta antes de tempo e plaf! alguén queda aprisionado! menudo servicio "PÚBLICO"!
Por último, se alguén está por compartir o coche para ir á Coruña eu mesma e seguro que máis xente estaría encatada de compartir o coche, e @ propietari@ ó final do mes ía notalo!.
Un saúdo a tod@s!
Veño dun tal "galiñeiro" de jalos de pelea, ajobiadiños porque unha muller poida ser ministra (menestra di un jracioso)do exército estatal.
O comentario comeza dicíndonos que esa preocupación xa está ¡oh meu deus!!! na TABERNA!!! ño! e que preocupadiñas quedamos porque na taberna uns maulas se adiquen a despotricar porque unha muller poida ser ministra...do exército!! hai que joderse...
Así vai o mundo, aínda han pensar que somos ou temos que ser conscientes todo o tempo iso de ser mulleres...pois eu cando traballo: traballo, maldito se me ocupo de semellante gilipollez, salvo cando me lembro do meu xefe...daquela coma todas as comparacións perdedes de plano fronte a case calqueira muller (diríxome todo o tempo a eses que primeiriño son homes, que eu separo entre persoas e o resto, que conste!)
O Sioux daba no cravo: preparádevos "homes" que as xeracións seguintes de mulleres veñen fortes!
Sigo sen comprender que carallo pensan que teñen de tan especial para que nós nos teñamos que sentir menos ca eles...e como algún saque o da forza!
Ben, e así lles vai, que nin viven nin deixan vivir e algunhas bestas deses literalmente.
Pois como dicía no comentario que firmei coma "unha" pois que lles dean e ¡a rañala! ho!! volta para o jaliñeiro que alí estarás estupendamente e déixanos ó resto convivir coma simples seres Humanos.
quixen contestar a dous blogs, no primeiro (ó primeiro) non aparecía nin a casiña do código, pero ó dar a aceptar dicíame "error..." no outro directamente saía sen números, por qué???

Pois esto quixen poñelo no teu caderno, que me gustou o tema, pero pedíame un código de confirmación e non se vía máis ca uns puntiños, así que si les esto sepas que é sobre os profes...mestres...poesía...
pois eu na escola (de Arteixo, antes chamada "Grupo Escolar Carrero Blanco"...) non atopei nin a máis mínima poesía! tiven que esperar a repetir 2ºde BUP para eso...
Da escola, primeiro nas Barreiras, unitaria, ca pobre dona María ¡o que tiña que aguantar! anque eu ir...quedaba máis ben fozando nas pozas e no río co meu irmán, pescando anguías...cando chegabamos xa era case o recreo! Aquí pasei dous cursos e como tiña moito carácter daría para contar!
No "jrupo" primeiro cantabamos...oiamos ou o que fora o himno, logo lembro que cando entraba o mestre ou mestra había que erguerse, con algúns rezábase...en 5º unha tal doña Carmen (franquista de pro) chamoume "anarquista" tíñame o máis do tempo fora, porque xa daquela non vía eu que aprender o catecismo me ía servir para moito, era unha atea en ciernes!poñíanos en fila e tiñamos que amosar as mans, as uñas cortiñas e limpas, sen pintar!! (en 5ºiamos pensar en pintarnos as uñas!) e o que non pasara a supervisión...ostiazo que te criou! dábache cunha regra nas mans...un rapaz un día rebelóuselle, si xa de aquela os mestres sufrían "acoso". Unha vez -eu estaba castigada, por suposto, no pasillo- non sei a que me chamou cunha compañeira e non sei por qué vai e pégame un martillazo en toda a cocorota! estas cousas pasaban...como tiñamos pola mañán e pola tarde, e algún comiamos no comedor pois ela mentres durmía a siesta, as enchufadas (miñas pobres!) facíanlle unha especie de cama cunhas mantas, e ela a surtirse co "Coes"!!! tiña unha caixa que renovaba creo que cada semán...tocoulle retirarse ese ano (xa non martirizou a ninguén máis) e "regalou" parte das súas pertenzas ós pupilos, a min ó primeiro díxome que nanai...pero logo doume unha taza co seu pratiño dun fino plástico azul! mellor fórame en 4º con doña Amparito, que tiña unha irmá doña Alicia (creo)...eran
a bomba! pequerrechas, tipo croquetiña, e cuns zapatos cun cacho tacón...e como 2 tallas máis así que se vía obrigada a desprazarse como se fose en patíns...un día soltáronlle un rato...era das que daban "collejas" pero con cariño...jejeje con ela fun enchufada, e tiña unha mesa aparte con outras "escollidas"; cando algo non lle gustaba botaba un berriño "aaai...aaai...aaai"e se che ía pegar(a min nunca, por iso de ser enchufada) dicía "vente, vente!" nun tono que síntoo polos que eran caneados pero daba a risa...
Cando pasabamos para 6ºxa había máis mestres, pero eu parece que nunca caín en gracia, dicíanlle a miña nai que buenoo...porque era traballadora que senón! e o caso é que eu nunca estudiaba, facía os deberes se lle cadraba...en 6º chungo, había un tal "Pataca" non sei nin o seu nome que buenooo...facíanos facer copias, e eu un día rebeleime e dixen que nanai, eu xa sabía aquelo e bastaba, eu falar falaba pouco pero cando o facía! sentenciaba! total pasei 6º no pasillo, e repetín...ou sexa fun unha alumna nefasta no concepto de alumno, pero...lía máis ca ninguén, sempre estaba a ler...e aquela nena que a ver si servía para coser (era o que se levaba) chegou a facer 2 carreiras, pero en ningún momento os profes, mestres, cadeirádegos (en masculino e feminino) salvo o de latín de 2ºde BUP que era todo un fenómeno!pero vou cortando que xa vai boa...
total aínda hoxe en día que dou clases a un rapaz o meu concepto do profesorado é malo, tirando a peor...e xa sei que esto ides criticarmo! pero que queredes e que tiven unha infancia escolar moi, moi mala! Sioux un saúdo!! es un hacha!
"pa" flipar!! ven o Touriño hai unhas semáns a Arteixo e dinos que a peaxe da autovía (esa cousa que cruza parte de Arteixo cara Carballo...)foi culpa do PP, e deso non teño dúbida ningunha! fixo! pero o máis cachondo do conto é que hoxe sabemos que vai subir!! SIII.... anque para Arteixo só para os camións...
Pois digo eu, se lle pareceu mal que o PP impuxera o cobro...que o quitara!!!!! ben que o agradeceriamos!
Anque hai moitas cousas das que se poden comentar ou criticar, hai unha que de verdade xa me está parecendo demasiado, e demostra que a educación brila pola súa ausencia...
O caso é que dende un ano (aproximadamente) para aquí varios grupos de rapaces e rapazas póñense na Av/Balneario por onde están as tendas de chucherías e queda aquelo feito unha porcallada! e non vexo que ninguén dende o concello faga nada! máis que poñer ó barrendeiro de turno ó día seguinte (a eso das 8 da mañán)...
Poida que semelle unha cousa sen interés, pero á vista queda que nin os rapaces/-as e os seus proxenitores teñan o mínimo senso de urbanidade (palabra que antes se empregaba moito pero que semella estar de capa caída) logo serán os primeiros (os proxenitores) en dicir NON á asignatura tan traída e levada de Educación para a Cidadanía, pero falta fai e moita!! mágoa que estes pais e nais non a tiveran!
Pois esta é a miña primeira aportación neste espacio, non sei si o resto dos que por aquí andades vos chamou a atención ou si a partires de agora estaredes máis ó tanto e vos fixaredes nesa especie de esterqueira...
Espero as vosas manifestacións ó respecto. Un saúdo a tod@s!