Castellano Galego
Para todas as amigas maravillosas do blog e para os amigos capaces de recoñecelo.
A medidada que envellecemos, as mulleres gañamos peso. Esto ocurre porque acumulamos moita información na nosa cabeza.Pero claro, chega un punto que tanta información non colle na nosa cabeciña. Así que esta información acumulada comenza a repartirse por todo o corpo.E agora o entendo todo .... Non me sobran kilos. Non estou gorda. Son culta! Moi culta!!
A vida non debería ser unha viaxe hacia a tumba coa intención de chegar con boa saude e cun corpo atractivo e ben cuidado, senón máis ben deslizarse por ela, con chiculate nunha man, unha copa de viño noutra, o corpo feito polvo, totalmente desgastado e berrando: Joder que paseo!!!!!
Sí señor !!! somos perfectas porque.....
- Non quedamos calvas
- Temos un día internacional e outro nacional
- Podemos usar tanto a cor rosa coma a azul
- Sempre sabemos que o noso fillo é noso
- Temos prioridade nos naufraxios
- Normalmente non pagamos a conta
- Somos os primeiros refens en ser liberados
- Podemos durmir cunha amiga sen ser chamadas homosexuales
- Podemos prestar atención a varias cousas á vez
Se decidimos facer traballos de homes, somos pioneiras; pero se un home decide facer traballos de mulleres ........
E para rematar: FACEMOS TOOOOODO O QUE O HOME FAI e con tacóns altos
1. E rompedeslle a cabeza a un home mellor que outro home.
falades o triple que un home
Quedar,quedades calvas,e non tedes prioridade nos naufraxios,e sodes os primeiros refens en ser liberados,por que os secuestradores non son capaces de facervos calar!!!
Eso si,tedelo ceo gañado por ser mulleres!!!!!!!!!!!!!!
2. ¡¡¡Clap, clap, clap, clap!!! É o son dos meus aplausos ecoando dende Santiago...
3. JGR, hai homes que non calan nin debaixo da auga... E ti deberías sabelo, XDDD
4. Non hai muller boa,sen un home o seu carón.
O melón é a muller malos son de coñezér.
Tamén decirche que seria de vos sen nos,vota a vista atrás é míra..¿que seria de Eva sen Adán?..,soiña,aburridiña..,aínda hoxe seguiria sen probar a dulzura da mazán.
5. Perdoa que che leve a contraria, Arteixán, pero direiche que non teño home e son boísima: xamáis falei mal a ninguén de min, teño bó perder e mellor gañar, son unha santa cando durmo, posto que nin como, nin pestenexo, e a raíz do meu comentario, tamén se pode decir que non teño avoa...pero ó marxe de todo esto respecto a min, direiche que non foi Adán o que lle arreglou a vida a Eva, senón ó contrario: Adán era un home sosísimo e aburridísimo, que, ademáis de faltarlle unha costela, faltáballe un fervor. Era un papatundas que facía todo o que Deus lle mandaba...até que chegou Eva, máis independente e con máis criterio, que, con un par e levándolle a contraria até a Deus, cambioulle a vida a Adán sólo por darlle un anaco de mazá: así, o soso de Adán aprendeu o que era a dor e o pracer, aprendeu a vivir, aprendeu que estaba feito a imaxe e semellanza de Deus, a quen había que respetar máis que temer, en fin...Ensinoulle o que era a vida.
6. Ademáis do que acabo de decir direi que as mulleres somos máis funcionales, sacámoslle máis proveito ós nosos recursos: temos un cerebro con dous hemisferios e usamos os dous, a diferencia dos homes, que tedes a tendencia de usar máis ben un só hemisferio cerebral, maduramos antes, tanto a nivel físico como psicolóxico: cando nós nos comemos o mundo a preguntas, vós case andades a gatear, e para cando empezades a soltarvos un pouco da saia das vosas nais, nós xa estamos na pubertade...afrontamos os problemas cotidianos con un millón menos de glóbulos roxos ca vós, e según a idade e a etapa do ciclo menstrual, con un millón e medio menos, aproximadamente...nesas circunstancias, vós andaríades reptando. En cuestións de intelixencia estricta, recurrindo ó test de Simon e Binet, somos prácticamente iguales, non hai grandes diferencias, pero en canto á intelixencia emocional, segundo os estudos de Daniel Goleman, gañamos as mulleres: pola nosa capacidade de superar as nosas limitacións en base ó noso compromiso afectivo co noso entorno....Temos máis información xenética cós homes, somos en xeral menos agresivas e menos destructivas, feito que a vós condiciónavolo a testosterona, vivides menos ca nós pola vosa febleza e polos vosos hábitos, aínda que inicialmente nacedes máis que nós...sobre todo, en circunstancias de recesión: guerras, pestes, fame, etc...non por ser máis fortes, senón porque o voso corpo, con menos recursos produce máis espermatozoides que condicionan o sexo masculino...cuestión de economía...En fin...sólo espero que non me pilles tirria por levarche dúas veces a contraria...jajjaja...se é así, non ma pilles tampouco, sempre podes dicir: está sen home por ser insoportable....jajjajajja
7. Por certo, Albanta, o feito de que as mulleres coa idade engordemos non é malo. Eu lembro, estando na autoescola para quitares o permiso de conducir (fun a autoescola...conduzo fatal pero non mo deron na tómbola), que decían que o malo das autopistas é que a conducción era máis monótona por ser máis rectas e non ter circulación en dobre sentido e por ser unha paisaxe máis monótona...pois ben, digo eu que, postos a saírse da estrada e morrer que sexa pola fartura de recrearse coa paisaxe, coas suas curvas e todo, que pola monotonía e a velocidade...¿ou non?
8. Canto me alegre de lerte de novo, xa pensaba que Perdido coa súa perrencha (sintoo pero é así como o vexo), vos levara a todos canda él. Podese decir máis alto pero desde logo, non máis claro. E arteixán tamén sempre a carón dun gran home hai unha muller, pero unha muller asombradísima por telo atopado.
9. Pois xa estou de volta, con ánimo de quedar, o que pasa é que ás veces, o tempo, ou mellor dito, a falta del, achucha...Por certo, a alegría é miña, por ver as túas letras e o poema é fantástico.
10. albanta te falto lo mejor de una mujer k es el don de la vida aun cuando alguien diga k nececitan un hombre , pork aun sin ellos en forma artificial pueden realizar ese milagro, y si alguno por ahi dice algo en contra k recuerde k salimos del vientre de una mujer