Castellano Galego
Non sabía eu que me ía levar tanto tempo esto de poder desexarvos boas festas, está claro que a informática non é o meu.
Pois eso, estes días de reencontros con familiares que andan esparaguellados polo mundo adiante e de chamadas e mensaxes de amigos máis ou menos próximos, eu acordeime tamén dun grupiño de persoas coas que teño pasado bos momentos e máis dunha boa risotada. En primeiro lugar do Sioux, que foi o primeiro en darme a benvida nun verán que cheiraba a fume por todas partes e a xente loitaba contra o lume con baldes de auga. A jgr, que me ensinou o que eran as clemenules e que supoño andara disfrutando como un tolo da súa paternidade. A Amadora, que me inspira todo tenrura e a quen vexo como mamá galiña cos poliños debaixo das súas ás. A L_del_J, cánto sabe e que ben escribe a desgraciada, eu ao seu carón síntome pequeniña, ata cando decía que non lle saían as palabras, escribía como lle daba a gana. A Valva que entraba no blog coma un torrente de frescura que nos contaxiaba a todos. A Paloma, con quen case ía á par en gustos musicais. A Quruxa, a Esquío, a Chocolateada, a Clint, a Perdido/Hallado e volta a perderse, a Desde Oseiro porque me gusta o que escribe, a Rincón Habanero a Nando e ao seu urbanismo sostible, a aquela María gaiteira, a aqueles que se me quedaran no tinteiro.
Mención especial para aquel gaiteiro que nos contaba contos, Rilo, aqueles blogs eran sempre un regalo.
Para todos vos e cos meus mellores desexos:BO NADAL.
1. Boas festas para ti tamén
2. Bó Nadal, Albanta, tí que traes á memoria as épocas felices do blog...Por certo, vin un anxelote rubio chamado Daniel que é cuspidiño ó seu pai...
3. Felices festas para todos!!!!
4. Un ano máis,desexovos paz e felicidade a tod@s.En estas festas tan entrañabeis donde abundan os agasallos,non esquenzades que o maior agasallo é poder sentar todos xuntos a mesa.Cada ano estas datas traen a miña memoria lembranzas de infancia,de xuventude,cómo nostalxia de noiteboas coa familia unida o carón da chimenea.
Bon Nadal a tod@s.
5. Un bico a tod@s, e se se pode pedir un desexo, agardo que voltemos nalgún momento a reunirnos a miúdo nalgún dos cadernos aínda que só sexa ás veces para decir que tivemos un mal día ou que chove moito.
Un lugar para quedar cos amig@s.
6. Claro; non todo vai ser falar de política...
7. Despues de más de un año sin escribir,aprovecho este dia tan entrañable para hacerlo y felicitaros a todos las pascuas,muy especialmente a JGR,a quien le mando un saludo especial,y mi felicitación por su reciente paternidad.Se que en un espacio corto de tiempo,muchos y muchas de vosotros ya no escribis en los blogs,espero que a partir del nuevo año se vuelva a recuperar la buena armonia que siempre existió en cuadernos cidadáns,donde he pasado muy buenos momentos,y donde con los comentarios de muchos de vosotros me he reido a rabiar.Jgr,Sioux,LdelJ,Amadora,Valvanera,Rilo y sus hermosas historias,Julio Mancebo Moreiras y sus vivencias,el estupendo fotografo perdido en la red,el arteixán a quien admiro,por su sapiencia de todo lo que rodea a Arteixo,y otros muchos que entraban y me hicieron pasar muy buenos momentos.
A todos vosotros,y a cuantos me hicieron pasar muy buenos ratos,os deseo felices fiestas.
maria
8. Moi feliz ano a todos, espero que coma todos os anos engordemos uns quiliños con gusto, e que sigamos loitando por ter o noso cachiño de felicidade que ben nos merecemos. Bikos para tod@s
9. http://es.youtube.com/watch?v=bsuXbkrA_AQ
10. Seleccionar texto anterior, copiar y pegar en documento de word y abrir....
11. Cos meus maiores desexos de paz e sentido común para o 2009.
12. Feliz noite vella Albanta e millor ano novo. Que todolos teus de sexos se cumplan.
13. Mariaaaaaaaaaaaaa.... falsaria do carallo!!!... E a miña Muiñeira do To xo Revirado... Qué!!!.
Arrediola que ando polas pedras de Barrañán de cote no solpor e ti nin soplas nin nada ouh!!!...
14. Non sei por qué nos meus comentarios sae a firma de TODOS TODOS ???. En fin... que son o Sioux de sempre ouh.
15. Aínda que un pouco tarde, eu tamén quero desexarvos o millor para este ano 2009 que está a comezar. Lémbrome moito de todos vós. UNha aperta de...
16. Súmome ós bos desexos.
Un bico, Albanta. E para tod@s.