Castellano Galego
Nunha xuntanza de nais e pais nunha escola, a Directora salientaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos. Tamén pedía que estiveran presentes o máximo tempo posible. Ela entendía que, ainda que a maioría dos pais eran traballadores, deberían atopar algo de tempo para adicar e entender os seus fillos; sen embargo, a directora sorpredeuse cando un dos pais levantouse e explicou, que el non tiña tempo para estar co seu fillo durante a semana. Cando el marchaba para traballar, ainda era moi cedo e o seu fillo durmía; cando regresaba, era xa moi tarde e o seu fillo xa estaba deitado. Explicou ademáis que tiña que traballar deste xeito para poder manter á súa familia. Dixo tamén que o feito de non ter tempo para o seu fixo, angustiabao moito e intentaba redimirse indo a bicalo tódalas noites cando chegaba á casa e, para que o seu fillo soubera da súa presenza, el facíalle un nó na punta da saba. Esto sucedía relixiosamente, tódalas noites cando ía bicalo. Cando o rapaz espertaba e vía o nó, sabía, através del que o seu pai estivera alí e o bicara. O nó era o medio de comunicación entre eles. A directora, emocionouse con aquela historia e sorprendeuse aínda máis cando constatou que o fillo dese pai era un dos mellores alumnos da escola.
O feito fainos reflexionar sobre as moitas formas en que as persoas poden facerse presentes e comunicarse con outras. Aquel pai atopou a súa que ainda que sinxela era eficiente. E o máis importante era que o seu fillo a través do nó afectivo, percibía o que o seu pai lle decía. Algunhas veces preocupámonos tanto coa forma de decir as cousas que esquecemos o principal que é a comunicación a través do sentimento. Detalles sinxelos como un bico ou un nó na saba, significaban, para aquel fillo, moito máis que regalos caros ou disculpas baleiras. É bo que nos preocupemos polas persoas, pero é mellor que estas persoas o saiban e poidan percibilo. Para que exista a comunicación, é preciso que as persoas escoiten a linguaxe do noso corazón pois, en materia de afecto, os sentimentos sempre falan máis alto que as palabras. É por ese motivo que un bico, revestido do máis puro afecto, cura a dor de cabeza, a ferida do xeonllo ou o medo á escuridade.
VIVE DE TAL XEITO QUE CANDO OS TEUS FILLOS PENSEN EN XUSTIZA, EN AMOR, EN CARIÑO E COMPRENSIÓN, PENSEN EN TI.
(Anónimo)
Este conto non é só para os fillos. É para todos os que nos rodean, coñecidos ou descoñecidos, amigos ou achegados, bolgeiros presentes ou ausentes (últimamente case todos), para ti e para min .......
1. Un amigo meu deixaballe flores na cama a moza cando marchaba cedo para o mar.Un dia deixoulle unhas rosas na almohada e tuvo que cambiar de sistema.
A historia e moi emotiva.Non che falta nada de razon(e non sexas tan politicamente correcta)
2. Politicamente correcta???
3. Nais e pais e algo mais que se me escapa
4. Gracias, Albanta.
5. unha historia fermosa; tamén son nai traballadora e o meu fillo, dende os seus dez aniños, está a darme unha lección coa súa responsabilidade e apoio.
6. Xamáis marchei para a cama,sen antes darlle un bico os pequenos dormido,o que contas pasa en milleiros de fogares en España,pero a vida é así de dura,i ese pai aínda se poide decir que é dos agraciados,póis máis triste ten que ser pára aqueles que teñen que partir deixando os seus fillos i tardar en volvér a velos,sen duvida é únha bonita historia,i non é de extrañar que esa directora con ela se emocionase.
7. Casi a que me emociono son eu, por fin comenza o persoal a aparecer. Non deixedes que esto decaiga. Chocolateada: alégrome de lerte de novo.
8. É imposible non facer aparición con istorias coma estas. O certo é que non me apetece moito escribir,pero de cando en vez boto unha ollada .
Sei do casorio de jgr ,l_del_j sempre xuiciosa,sioux desconcertante, a amadora on a leo hai moito e perdido anda desaparacido coma o Manu Chao.
Por aquí andarei e algo direi.
Un bicazo
9. Miña nai na nosa casa é omnipresente: é a muller todoterreo, porque o seu traballo, con moitísimo sacrificio persoal, non lle fixo renunciar á nosa crianza, pero meu pai traballaba fóra da casa, e traballaba por turnos. Eu cando era nena odiaba que meu pai tivese que traballar fóra de noite...era algo que me podía, porque o meu maior temor era que lle pasara algo e que non o viran por ser de noite e que non o poideran axudar, por eso, antes de que él marchara para traballar eu comíao a bicos. O caso é que él sabía o mal que o pasaba, e daquela viña, nada máis chegar á miña habitación. Se me despertaba, falábamos un pouquiño os dous,dábame uns bicos e volvía a durmir, pero se dormía e me despertaba un pouco máis tarde do seu horario de chegada, a constancia de que meu pai me viñera a ver estaba no olor de tabaco que quedaba na miña habitación, porque él é fumador empedernido.
10. Querida Albanta: Fai moito tempo que non participo no blog, e quizais despois de este comentario volva a estar un tempo ausente, ¡quén sabe!, pero non podía deixar pasar unha historia coma esta sen darche as gracias por contala. Eu unha vez oín, que os nenos para crecer saludables, necesitaban catro comidas ao día, unha ducha diaria, contarlles un conto cada noite, e como mínimo dez minutos diarios de mimos bicos e caricias. Gracias Albanta.
11. Grazas Amadora, sempre é un pracer terte por aquí.
12. Una historia conmovedora si, y muy hermosa, pero ese niño aún puede sentirse afortunado de tener una madre y un padre, que encontró la manera de comunicarse con él.
Hay otros niños que no pudieron tener comunicación con su padre porque ya no esta en el mundo de los vivos, otros porque fueron y son ignorados, otros porque lo tienen demasiado lejos.
Pero lo importante para un ser humano, pequeño o no, es sentirse amado, saber que alguien dedica un mínimo de tiempo a él en exclusiva.
"El tiempo que perdiste con tu rosa hace que tu rosa sea tan importante" Antoine de Saint Éxupéry. El Principito
unha forte aperta
13. Por eso decía eu que este conto non era só para os fillos. Para mín é sobre todo ser capaz de transmitir ás personas que nos rodean o que nos importan, e que éstas sexan capaces de captalo. Como digo sempre: "simplificar". Perdémonos en miserias e lerias vanas cando realmente o importante non o valoramos como debemos.
14. Es que no hay energía más cálida que la del amor, ni fuerza más poderosa que la capacidad de transmitirlo....
15. Bueno, también de recibirlo: si se tiene capacidad de darlo y no de recibirlo, sabe a amor estéril.
16. e nosos amigos os homes dos blogs, no opinan nada sobre o amor?.
só falamos as mulleres?
seguro que teñen moito que dicir.
Un bico seres humans maravillosos.
17. Eu teño a grandísima sorte de tar un tarballo a turnos que me permite desfrutar do meu fillo polo menos a metade do día e podo enchelo de bicos, arrolalo, xogar co el e cambiarlle cueiros.
Esta historia foi marabillosa de verdade. Chegoume ó corazón e vou ligala ó meu blogo.
Un saúdo.
18. Chego aquí a través do pai do Leo que colgou o enlace no seu blog, e comprobo que tiña razón, pagou a pena a visita por ler algo así. Parabéns e saúdos.
19. a verdade que este comentario fainos pensar que temos tanto, e fai falla tan pouco...
gracias albanta
saudos dende o oeste
20. Ola Clint, encantada de ter novas túas.