Un conto
mércores, 24 de outubro de 2007 23:25
Moi boas, o outro día nun curso que ando a facer falamos dun vello conto de Suso de Toro que me gusta moito e pensei e compartilo con vos. A ver se me sae eso de copiar e pegar, espero que vos guste:
- Ola, bos días.
-Miroume un momento e logo volveu a vista ós papeis que tiña diante. Era un home fraco e calvo con restos de pelo branco nos lados da cabeza. Tiña uns anteollos prateados e nariz afiado. O tipo facíase o xordo, non se quería dar por enterado de que eu estaba alí. Na mesa tiña un décimo da lotería e un listado dos números premiados. Víase que era un home con aspiracións de mellorar.
Achegueime a unha cadeira libre da súa mesa e senteime.Miroume como se me vise agora por primeira vez.
- ¿Que quiere?
- Viña poñe-lo meu nome en galego.
- ¿Como?
- Que viña cambia-lo meu nome do castelán para o galego.
- Pero hombre, no le entiendo.
-¿Qué le pasa con su nombre?, ¿está mal?, ¿Usted que quiere?
Ai, ai, que aínda ia ser certo que era xordo.
- Pero, oía, ¿seica está xordo?.
- No señor. Tengo un oído excelente. Lo que ocurre es que no acabo de entender lo que pretende usted exactamente. No sé a donde quiere llegar.
- Pois como non llo diga en inglés... Mire, o nome co que eu figuro no rexistro civil é «José». Ata ai entende, ¿non si?
- Le estoy entendiendo perfectamente. Siga.
- Ben. Pois onde di «José» eu quero que poña «Xosé». Non sei se me expliquei ben ou lle quedou confusa esta última parte.
- No me sea irónico, que así no se va a ninguna parte. En resumidas cuentas, que usted lo que pretende es traducir su nombre gallego.
- Aí quería chegar eu. O que pasa e que non me saía.
- Ya lo veo. Verá, yo no me quiero meter en lo que no es de mi incumbencia, pero dígame ¿no le gusta su nombre? José es un nombre muy bonito. Yo mismo me llamo José. Y mi hijo mayor que es abogado.
- Encantado, tanto gusto. Ofrecinlle a man sobre a mesa. El vacilou e logo deume a man. Sacudinlla forte.Mire señor José, nin me gusta nin me deixa de gustar o meu nome, pero eu quero que figure en galego.
- Ya. Ya veo. Pero total, a usté que más le dá. Si usté quiere llamarse «Xosé», ¿quién se lo impide? Es libre de firmar como quiera.
-Xa. Pero eu quero que ademais de chamarme eu a min mesmo «Xosé» figure así nos papeis. Que se me recoñeza o meu nome.
- Ya. Como los travestis, que se operan y luego quieren que se le reconozca el cambio de sexo.
Mira que vacilón era o tipo aquel. Seguro que fora tropezar cun vacilón. Mira que teño eu mala sorte para os asuntos da administración, se ata fixen a mili en Ceuta, carallo.
- Pois supoño que debe ser algo parecido ó dos travestis...
-Tamén a un solteiro cando casa hai que lle facer constar no rexistro o cambio de estado civil. Os casados tamén son un pouco travestis- e mirei para o anel de casado da súa man.
- Déjelo, no venga con ironías. Además, allá usté, cada uno hace lo que quiere con su vida privada.
- Efectivamente, así que non me tolee máis da cabeza e déame un impreso ou o que sexa para solicita-lo cambio.
Quitou os lentes e fregou os ollos. Apoiouse no respaldo da silla, volveu poñe-los lentes e miroume pensativo.
- No le entiendo. Ai, Señor, Señor, yo a usté no le entiendo.
Achegouse a min sobre a mesa buscando unha intimidade inesperada. Falou baixo con ton cómplice
- Vamos, entre nosotros. Entre hombres, de tú a tú. Dígame la verdad ¿ a usté le llama realmente alguien «Xosé»? ¿Non lle pasa coma a min que todos me chaman Pepe? Dígame a verdade.
- Si, home. Claro que me chaman Pepe. Pero que ten que ver unha cousa con outra... Eu quero figurar a tódolos efectos legais coma «Xosé» que son.
- Ya... Como los travestis, -dixo retirándose atrás.
- Efectivamente, coma os travestis.
- O sea que lo suyo es debido a sus ideas.
- Pois si señor. O meu é debido as miñas ideas. 0 meu idioma é o galego, o idioma do meu país é o galego, e eu quero dentro e fóra do meu país chamarme «Xosé». En galego. Non sei si me explico.
- Se explica perfectamente. No me malinterprete, pero es sorprendente como las ideas políticas pueden esclavizar a una persona. Y eso que usté parece una persona con estudios.
- Por iso, precisamente por iso...
-Tiene usté razón. A veces son más fanáticas las gentes estudiadas que las personas simples, la gente del pueblo. Que lo mismo le dá llamarse José o Filiberto. Hay que ver...
- O que hai que ver é que xa levo aquí un cuarto de hora de palique e aínda non sei como teño que facer para poñe-lo meu nome en galego. E supoño que vostede estará aquí para iso...
- Tranquilícese, hombre, que será atendido. No me sea maleducado. Tranquilícese.
Ergueuse e dirixiuse a un armario, abriuno e meteuse tras da porta a enredar dentro. Seguro que non buscaba nada, seguro que facía o tempo. Aquel tipo íame acabar cos nervios. De súpeto asomou de detrás da porta do armario e dirixiuse a min con ánimo de súplica.
- ¿Pero usté pensó en sus padres? ¿usté pensó en el disgusto que les quiere dar? ¿A que no pensó en ellos? Dígame.
lncrible. Aquel home era incrible. Un home así podía dirixir exércitos, arrasar países. Era indestructible, como Terminator, como Robocop, como Mazinger Z. Era Superman entrado en anos. Empecei a rezar un Avemaría a San Kafka.
- Por favor... Que me vai facer chorar. Deixe en paz ós meus país e dígame que teño que facer para poñelo meu nome en galego.
Sentouse de novo na súa cadeira e faloume con reconvención.
- Llorar si que los va a hacer llorar usted a ellos. Menudo disgusto les va a dar. Usté no sabe lo que es tener hijos, lo que se les quiere.
- Pero home de Deus, se teño dous fillos. Deixe ós meus país e ós meus fillos e dígame que papel cubro.
- ¿Usté no pensó con cuanta ilusión le escogieron sus padres el nombre? Seguro que es el nombre de su padre y que quiso que también usté se llamase como él. « Un hijo con mi mismo nombre, José. Alguien que me perpetúe, que lleve mi nombre cuando yo falte», dixo con voz apagada e mirando para o teito con cara de dor.
Aquel home era un actor extraordinario. Por un momento pensei no meu pobre pai no leito de morte padecendo os últimos sufrimentos. A boca entreaberta, a ollada xa sen brillo, suplicándome xa sen forzas que non puxese o meu nome en galego. De súpeto caín na conta de que meu pai vivía e con moi boa saúde. Sacudín a cabeza . Aquel home era máis que un actor, era un hipnotizador.
- Mire, o meu pai chámase Victoriano e acabo de deixalo no bar tomando un vermú, así que non me tolee máis. Veñan os papeis ou o que faga falta cubrir.
Ergueuse con enerxía e ademán toureiro e sinaloume cun dedo da súa enrugada man. Sentín como me apuntaba aquel dedo acusador.
- ¡Usté es un fanático! ¡Cómoquiera! Allá usté y las consecuencias que le deparen sus actos. Pero no piense ni por un momento que es usté más gallego que yo. El amor por mi tierra está más allá de mi mismo y de mis propios deseos o dudas.
Que ben falaba. Despois de todo era sincero no que dicía, parecía emocionado. Estábame empezando a sentir culpable. Eu non quixera acusalo ou dubidar do seu amor pola TERRIÑA, estábame malinterpretando.
-Mire, tamén eu sei falar en galego.
Dirixíuse a fiestra e mirou a través da cortina para un xardín que se entrevía. Falou con voz soñadora.
-Sempre que vou ó campo e falo cos paisanos falo galego. A marela, o carro, a fonte... A lingua que mellor expresa os sentimentos máis nosos. -Deu volta e dirixiuse a min- Pero galego, verdadeiro é o enxebre. Non ese inventado agora polos profesores que non o mamaron. ¿Vostede mamou o galego?, ¿eh? ¿mamouno?
- Home, algo sempre se mama...
Pero pouco, gustaríame telo mamado máis.
- ¡Haino que mamar, haino que mamar! É a única maneira de ser verdadeiro galego. ¡Que máis da o que un fala despois! O que o mamou xa é galego para sempre, aínda que se chame José. Eses son os verdadeiros galegos, -dixo dorido e con paixón. Despois quedou en silencio. Eu non sabía que facer para desculparme ante aquel home.
- Desculpe se o ofendín. Non era a miña intención dubidar do seu amor por Galicia. Nin por un momento. Mire, se me dera un papeliño para cubrir o do nome...
- ¿Qué?
- O do nome ... Para pasar de «José» a «Xosé».
- ¿Pero aún persiste ... ?
- Verá, é que xa o teño moi falado coa muller e agora non lle vou a dicir que cambiei de idea despois de telo tan discutido. Ademais que son moi cabezón e como se me meta unha idea...
- Vale, allá usté. No quiero ser yo quien le ponga obstáculos a su decisión, hágalo si quiere.- Sentouse e púxose de novo a mira-la lista de números premiados na lotería. Eu estaba algo confuso.
- ¿Pero logo non me vai dicir o que teño que facer ou dar algún papeliño para cubrir?
Levantou a vista do que tan atento lía e miroume con cara de sorpresa e un punto de indignación.
- ¡Para eso vaya usté a donde tiene que ir!
- ¿Pero logo non é aquí?
- Pero, hombre, ¿No ve que aquí es el juzgado número 2? Para eso tiene que ir a la ventanilla del Registro Civil.
-Aí foi, doutor, cando eu sentín esa dolor tar forte no peito. Polo que me contaron coido que perdín o coñecemento.
Un nó na saba
martes, 12 de xuño de 2007 23:29
Nunha xuntanza de nais e pais nunha escola, a Directora salientaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos. Tamén pedía que estiveran presentes o máximo tempo posible. Ela entendía que, ainda que a maioría dos pais eran traballadores, deberían atopar algo de tempo para adicar e entender os seus fillos; sen embargo, a directora sorpredeuse cando un dos pais levantouse e explicou, que el non tiña tempo para estar co seu fillo durante a semana. Cando el marchaba para traballar, ainda era moi cedo e o seu fillo durmía; cando regresaba, era xa moi tarde e o seu fillo xa estaba deitado. Explicou ademáis que tiña que traballar deste xeito para poder manter á súa familia. Dixo tamén que o feito de non ter tempo para o seu fixo, angustiabao moito e intentaba redimirse indo a bicalo tódalas noites cando chegaba á casa e, para que o seu fillo soubera da súa presenza, el facíalle un nó na punta da saba. Esto sucedía relixiosamente, tódalas noites cando ía bicalo. Cando o rapaz espertaba e vía o nó, sabía, através del que o seu pai estivera alí e o bicara. O nó era o medio de comunicación entre eles. A directora, emocionouse con aquela historia e sorprendeuse aínda máis cando constatou que o fillo dese pai era un dos mellores alumnos da escola.
O feito fainos reflexionar sobre as moitas formas en que as persoas poden facerse presentes e comunicarse con outras. Aquel pai atopou a súa que ainda que sinxela era eficiente. E o máis importante era que o seu fillo a través do nó afectivo, percibía o que o seu pai lle decía. Algunhas veces preocupámonos tanto coa forma de decir as cousas que esquecemos o principal que é a comunicación a través do sentimento. Detalles sinxelos como un bico ou un nó na saba, significaban, para aquel fillo, moito máis que regalos caros ou disculpas baleiras. É bo que nos preocupemos polas persoas, pero é mellor que estas persoas o saiban e poidan percibilo. Para que exista a comunicación, é preciso que as persoas escoiten a linguaxe do noso corazón pois, en materia de afecto, os sentimentos sempre falan máis alto que as palabras. É por ese motivo que un bico, revestido do máis puro afecto, cura a dor de cabeza, a ferida do xeonllo ou o medo á escuridade.
VIVE DE TAL XEITO QUE CANDO OS TEUS FILLOS PENSEN EN XUSTIZA, EN AMOR, EN CARIÑO E COMPRENSIÓN, PENSEN EN TI.
(Anónimo)
Este conto non é só para os fillos. É para todos os que nos rodean, coñecidos ou descoñecidos, amigos ou achegados, bolgeiros presentes ou ausentes (últimamente case todos), para ti e para min .......
DESIDERATA
mércores, 06 de xuño de 2007 13:41
"Camina plácidamente entre el ruido y las prisas,
y recuerda que la paz puede encontrarse en el silencio.
Mantén buenas relaciones con todos en tanto te sea posible, pero sin transigir.
Di tu verdad tranquila y claramente;
Y escucha a los demás,
incluso al torpe y al ignorante.
Ellos también tienen su historia.
Evita las personas ruidosas y agresivas,
pues son vejaciones para el espíritu.
Si te comparas con los demás,
puedes volverte vanidoso y amargado
porque siempre habrá personas más grandes o más pequeñas que tú.
Disfruta de tus logros, así como de tus planes.
Interésate en tu propia carrera,
por muy humilde que sea;
es un verdadero tesoro en las cambiantes visicitudes del tiempo.
Sé cauto en tus negocios,
porque el mundo está lleno de engaños.
Pero no por esto te ciegues a la virtud que puedas encontrar;
mucha gente lucha por altos ideales
y en todas partes la vida está llena de heroísmo.
Sé tu mismo.
Especialmente no finjas afectos.
Tampoco seas cínico respecto al amor,
porque frente a toda aridez y desencanto,
el amor es tan perenne como la hierba.
Acepta con cariño el consejo de los años,
renunciando con elegacia a las coasa de juventud.
Nutre la fuerza de tu espíritú para que te proteja en la inesperada desgracia,
pero no te angusties con fantasías.
Muchos temores nacen de la fatiga y la soledad.
Más allá de una sana disciplina,
sé amable contigo mismo.
Eres una criatura del universo,
al igual que los árboles y las estrellas;
tienes derecho a estar aquí.
Y, te resulte o no evidente,
sin duda el universo se desenvuelve como debe.
Por lo tanto, mantente en paz con Dios,
de cualquier modo que lo concibas,
y cualesquiera sean tus trabajos y aspiraciones,
mantente en paz con tu alma
en la ruidosa confusión de la vida.
Aún con todas sus farsas, cargas y sueños rotos,
éste sigue siendo un hermoso mundo.
Ten cuidado y esfuérzate en ser feliz"
Para todos os presentes e os ausentes. Se non o coñecíades espero que vos guste e para os que non disfrutade da súa relectura.