érase una vez...
martes, 15 de xaneiro de 2008 11:49
Érase una vez...
Érase una vez un niño que tuvo valor y pasó de ser victima emocional a enigma emocional...Lady Pepa se alegró de ello y las circunstancias los fueron uniendo; ahora escribe muchos momentos de la historia de su vida junto a él. Sus ojos ven muchas veces lo mismo que los de ella y eso la hace más fuerte frente a la adversidad, no se siente tan sola, le hace pensar que quizás no este tan loca o que a lo mejor los dos son diferentes; Lloran,beben, hablan y sobre todo hacen su guerra particular contra todo y contra todos,y se rien.
Cuando este niño se marcha ella siempre le hecha de menos; es algo muy bonito y muy especial que solo Lady Pepa y el enano nos podrían explicar.
Fin.
Volver
xoves, 13 de setembro de 2007 13:16
Pois chegou setembro e coma se se tratase do fruteiro da esquina da miña rúa (que volveu a abrir logo de case un mes de vacacións...)o meu pequeno home galego , que non estou eu moi segura cando digo que é "meu"..., volveu.
A pesar de xurarme a min mesma que esta vez mandaríao ao inferno (tamén cambiei de frutería) as cousas non saíron como eu quería (iso que levaba todo planificado e pareceume estar autoconcienciada) , pero si como eu, no fondo, sabía que ían saír...(boba non rencorosa!).
A espera; cos nervios para arriba, para abaixo, revolvéndome o estómago, desconcentrándome e deixándome sen cear...O reencontro; un patético intento de ir de chula, borde, pasota e indignada que á segunda copa e whisky resultou xa ser moi pouco, nada, crible (realmente xuraría que non foi crible desde o primeiro momento). Máis alcohol, discoteca, acoso...e derriba absoluta (e todos os meus plans ,a miña dignidade á merda).
Unha vez xa vencida as xa sen sentido, pero para o caso dadas por compromiso (outra vez volveu a gañar) explicacións...
E agora que? Por suposto, a esas horas e tal e como estaba o tema xa non merecía a pena discutir e é máis fácil facer de tripas, corazón, e crercho.
De acordo, podes pasar esta semana na miña casa, invade coa túa maleta e os teus modelitos de neno mono a miña habitación. Colle o que queiras da neveira, utiliza a miña toalla, lava a roupa que necesites e desordena outra vez a miña vida e o meu espazo. (se é que no fondo faime ilusión ver o seu bote de colonia á beira do meu...boba non rencorosa!).
Se que veu para seguramente volverse a marchar e eu consentíndoo se que esta vez volverei sen remedio a chorar.
Recados por 20 euros
luns, 03 de setembro de 2007 10:12
Unha empresa madrileña fai todo tipo de tarefas, destinadas a aquelas persoas que non teñen tempo para renovarse o carné de conducir ou para buscar vivenda.
Conscientes de que a xente en Madrid está moi agobiada, dúas mozas montaron un orixinal negocio que se chama "Non teño tempo" e através dela fan calquera cousa para a xente que non dispoñen de tempo libre.
Fan calquera encargo; desde colas en organismos oficiais ata acompañar ao médico ou botar a matrícula do colexio.
En "Non teño tempo" cobran 20 euros por xestión e tamén dispoñen dun servizo express que custa 80 euros a hora.
A min persoalmente a idea paréceme divertida e orixinal e parece ser que funciona...
¿A vós de que tarefas gustaríavos que vos liberasen?
O síndrome postvacacional
luns, 27 de agosto de 2007 9:24
Despois xa do meu último fin de semana en Coruña (e si, esta vez puiden ir á praia...)sufro síndrome post-vacacional...
Setembro cada vez está máis preto e pronto gardarei os bañadores e os pantalóns curtos.
O verán douno xa por terminado...
Recollamos todos a sombrilla, o aftersun e a nevera portátil e desexemos que o próximo verán chegue o máis rápido posible outra vez...
Amén!