COUSAS DO MUNDO
09/05/2008
Como non tiña cartos pa’ marchar na ponte do priméiro de Maio de iste 2008 e renego d’as tarxetas de creto, argalléi unha revirada d’as miñas. Botéille collóns, (con perdón), e púxenme a pedir na porta d’unha tenda de alimentación.
Traguéi saíva unhas cuantas veces. Inspiréi i expiréi profundamente un lote de aire, máis que nada, por si alguién me poidera recoñecer ou coincidía no momento e o lugar.
¡Ises inopotunos!. Os coñecidos da prehistória ou os veciños que nin tan siquiera me saúdan pola rúa. Que baste que non queiras, ¡que ahí aparecen!. Preparéime para esquivalos a todos porque o mundo sempre é máis pequeno do que pensamos.
¡Aínda máis!... É máis pequeniño do que nos teñen contado i ensinado e tamén é máis pequeñiño do que somos acapaces de comprender i entender. Todo se sabe e a todo se chega ata sin querer nin pretendelo.
Dispóis d’un tempo de domar e confundir ao sentido da vergoña por andar a pedír soio por capricho ou por saber un pouco máis, féble e temporal escudo cicáis. Apañéi 5 euros e 74 céntimos, ¡¡¡casi mil pelas d’as vellas!!!.
Con ises cartos merquéi dúas barras de pan, envoltas cada unha de séu, en plástico misturado con papél do que se usaba aló polos anos 60’ para outros menestéres.
-¿Alguén acorda o papel Elefánte?... ¿E para qué se usaba?... Pois con iso mismo agora empaquetan o Pan.
Merquéi douscentos cincoénta grámos de “Fiambre de Sán Juích”, que non é un moderno santo martir precisamente, sinon, un remexo de restos prensados ao cuadrado i en Oferta, e tamén collín outros tantos grámos de quéixo en lonchas que máis que quéixo féito a base de léite, aquelo era unha masa de sebos e faríñas, unha trangallalléira mistura manteigosa doce ao padár. O caso, era abrazar todo íso no medio d’as barras de pan precocído, conxeládo e recocído no forno de ifraverméllos da tenda. Agora dís que iso é pan de léña.
Pilléi tamén un par de cartóns de viño barato, pa’ tentar facer amigos na nóite, e un litro de léite pa’ remollalo todo e non perder o sentido no asunto e saír iléso d’este conto. A caixéira, como non me chegaban os cartos, aínda me aloumiñóu pola súa conta con uns cuantos céntimos de balde por non ter que deixar nada do que éu levaba. Dende aquí... gracias Maribél.
Dinme conta ao mirar o ‘tiket’ de compra, que todos zugamos ata de quen durme na rúa ou n’un soportál. Xa sexa, porque padece deficiéncias e problemas psíquicos, por renegado, por dependiente ou independiente. Fuxído da familia. Porque non o entenden ou él mismo non quere entender á sua familia. Ou sinxelamente porque lle dá a puta gana. Por abandoádo ou abandoádo por todo-los demáis.
O catro, o sete, o dezaséis porcento... a según a necesidade ou o vicio como dirían algúns.
Entreveréime con ises pequenos “contribuíntes anónimos”, que tamén “contan n’as contas”, sin figurar en algúres.
Na noite, algúns falaron sóios entre pantasmas. Recitaron sálmos descoñecidos e poémas. Outros relataron a súa historia ao seu xéito. Non eran máis que cartóns e sacos de durmir remendados na escuridade, entre as burlas de pouca galescola de catro pijítos de paso que ían de camiño do ‘afterhours’, na procura de chupar da pajíta e beneficiarse a algunha inmigrante sin papéis, por poucos éuros, unhas copas, ou de balde.
Pola mañán, decatéime que non usan lavadoras con centrifugado a mil revolucións.
Lavan n’as fontes as suas poucas perténzas con xabrón de ‘Marseille’. O que antes se chamaba xabrón ‘Lagárto’. De taco. Ou soio con auga. Sinxelaménte acomodan a sua imaxe sin máis espello que o seu propio reflexo na fonte de máis perto, entre as pómbas que almorzan as miguiñas ciscadas sobor d’as pedras.
Peitéanse coas mans... Cantan, e dende logo, putéan ao novo día.
Fán oubidos xordos a os comentarios de algún contribuínte ‘adolorído’. Ise que, cando pasa a certa distancia, claro está... Espéta con desprecio... ¡se forades a traballar coma éu!, ¡me cajo’n Crísta!, ¡en vez de foljár tanto!...
Ise que logo aceléra o paso do por si acaso. Ise que apúra, cara o seu rutinario futuro rabeándo mentres tenta fuxir do presente, empufádo ate as orellas por empeñado en andar á altura d’os tempos d’os miserabéis ou por tentar medrár por enrriba do que pode e de quen pode.
En fín... que polas noites soportan os insultos d’os fillos de outros, e polas manáns, aguantan a os páis d’os mismos.
A única pertenza ‘domótica’ que lles vín, foi a luz do amencér para recollelos bártulos a reo n’unha escangallada mochila vella. O politóno ou ó espertadór de algúns era un canciño palleirán adoptado na peregriñaje a ningúres, ou no camiño de volta a quén sabe dónde. Abandoádo íste tamén no muíño do progréso e rexeitado por todo pediggree certificádo, por invendíbel no mercado. Cicáis istes canciños son outros que tamén quixeron botarse a percorrer os mundos púlcros da humanidade, domesticada e adormecida, como observadores de catro patas sin dereito a oubéo nin a voto, tal cuál, como lles acontece a os seus amos circunstanciáis.
Ises cans, nunca levan colár ao pescózo i os seus valedores tampóuco, mais sí que levan, algunha que outra espiña de peso espetada n’os seus pensamentos, na súa memoria ou nos seus corazóns a xéito de microchip de complicado escaneo e lectura.
¡Arpóns de ‘ballenéro’, levan moitos d’eles espetados n’as costas!, tanto os adoptádos como ós seus valedores. Non os vín chorar. Penso que xá non saben.
Outro día de outro mundo. Historias de ninguién.
Ata pedíndo na porta d’un hipermercádo e durmindo na rúa hai xente que tamén colabora no progréso d’un país e ten algo que decir e contar, ou a lo menos... dar que pensar.
Eu voltéi para escribír diante do meu ordenador i enredar n’as tréculas con istas cousas.
-¿Tenéis un cigarríto por ahí?... Gracias, muchas gracias. Perdón si molesto.
Non era a miña intención.
Comentarios:
-
1. Como siempre y más que nunca .... A TUS PIES. Eres un fenómeno.
Publicado por: No soy yo | 09/05/2008 23:30:47
-
2. Coma sempre, haberá que disfruta do benestar mentras outros malviven co que poden,ás veces por elección e outras por necesidade/mala sorte/ preguiza/ etc.. pero cando un bota unha ollada sobre eles sinte vergoña(por desfrutar máis do que eles posuen), desinterés(porque a nós nunca nos vai "tocar",..ou eso pensamos, polo de agora), noxo(porque non gastan dos "aromas" publicitados por eses corpos 10 que semellan irreais), mágoa(porque pouco está nas nosas mans para poder solucinalo)e outras veces, agresividade(porque é moi sinxelo mallar nunha persoa indefensa cando a manada sae de caza). Non sei canto de sabiduría e canto de indefensión levan cargando no corpo para tirar cara adiante, polo de pronto, quita-lo chapeu diante da actitude dos veciños que axudan ó "vagabundo" de Chamín, un home portugués que ficou na ruina e que tivo que deixar todo(porque non lle deixaron nada) e percorre-lo mundo sen medo. Eles danlle comida, un café quente, argallaronlle un pequeno refuxio, porque el non quere as ataduras das "esmolas gubernamentais", e debullan con el o pasado e o futuro dunha vida errante.
Publicado por: laia | 10/05/2008 20:12:47
-
3. Como se remexen as entrañas!!! pero despois de lelo non sei que escribir, só podo pensar.
Publicado por: albanta | 12/05/2008 09:51:19
-
4. Sioux, supoño que ti non fuches, pero foi tan xeeniaaaaal... ¡teño tantas ganas de coller o libro por banda e veneralo un anaco...! ¡Qué grande é Galeano! ¡Que poeta, que orador!
O Auditorio de Galicia, repleto, con xente de pé por todos lados... As dúas horas mellor invertidas da miña vida.. malia que agora teña que quedarme ata as tantas para recuperar o tempo empregado...
Gracias por relembrarmo, a partir de agora tómote como unha pequena axenda con frechas.
Publicado por: Paloma | 13/05/2008 00:50:43
-
5. Sioux, a historia é fantástica, a foto de Sisalde, tamén...felicítote por facer que Perdido lea pese a ser un relato máis longo do común, tamén debo felicitar a Confidente porque logrou que Perdido debata...e mesmo me leve a contraria ou no la levemos mutuamente (incluso pensando semellante, pero ás veces hai que poñerse de bandos contrarios para eso, para que haxa debate...)
Publicado por: L_DEL_J | 13/05/2008 19:46:33
-
6. En canto á historia que contas, hai anos, en Informe Semanal falaban, coincidindo cunha ola de frío falaban dos "sin teito"...lembro perfectamente o testimonio dun lexionario que contaba que él era feliz coa vida que tiña, porque era capaz de seguirse admirando coa luz das estrelas pola noite, e sen embargo reparaba, polas mañás da incapacidade da xente para reparar nesas cousas, e a súa cárcere por limitar o seu universo ás pelexas conxugais, ou á hipoteca...
Publicado por: L_DEL_J | 13/05/2008 19:50:28
-
7. Por certo, no lavadoiro de detrás da Escola de Náutica, seguen a lavarse e a lavar as súas roupas moitos sin teito que están polas rúas da cidade da Coruña. Hai anos, eu tiña un exame e para aparcar, tomaba como referencia a liña contínua que dividía os dous carrís. Para colmo de males, había unha parcela, xusto nun lateral da Escola de Náutica, que, según o dono, tiña posta unha cancela (había que botarlle imaxinación)...o caso é que, eu aparquei, veume o dono cun carretillo e púxome a baixar dun burro...
Publicado por: L_DEL_J | 13/05/2008 19:55:02
-
8. Eu excuseime, e atosigada polo tempo que se me botaba encima para ir para o examen, porque a dirección do coche era tan dura que non a daba movido e porque, digamolo todo, aparco coma o cu, medio deixei tirado o coche preto dese lavadoiro. O caso é que alí estaba un grupiño deles, e un, cun sorriso burlón na cara espetoume: "Dónde te dieron el carnet de conducir?...e respondinlle: "Me tocó en la tómbola"...apurando unha risa...Con ese home de aspecto desaliñado e risa burlona e pícara acabei compartindo máis dunha conversación. Xamáis nos dixemos o nome: non o precisábamos. Un día veuse despedir. Deixábame un cristal de cuarzo rosa, a súa posesión máis valiosa, para que me dera sorte e me lembrase del. Negueime a aceptalo, porque a sorte é unha deusa esquiva e caprichosa, pero pedinlle que o conservara: teríamos sorte os dous e probablemente e creo que aínda hoxe o recoñecería...Por suposto a súa historia daría para máis, pero o espazo é corto e o tempo, mezquino...haberá que deixala para outro día.
Publicado por: L_DEL_J | 13/05/2008 20:17:22
-
9. Eu acordo o papel Elefante. Teño un rollo na miña casa que atopei nun mercadillo. Sioux, se o precisas pá limparlle a "boca" a aljén...préstocho.
¡Hola a todos, fenómenos!. Aléjrome de veros.
Publicado por: Valvanera | 13/05/2008 22:04:02
-
10. Ando un pouco escarallada do chasis...pero mellorando. Non vos puden nin ler estes días pero atoparvos por aquí é como descarsar no regazo dun abrazo.Besos, "mibesoeternodeotravida", "eledeliñajota", albanta, Paloma (aescritoraquetenóseucarónosollosmáisfermososdouniverso), ó mellor fotójrafo do mundo (¡aínda que a foto da Xhela...! pá quitarse el sombrero) y ¡ como no ó noso mariññññeeeeeiiiroooooo!
¡por certo..falando de mariñeiros....¿XA TEMOS O PRIMER SOBRIÑO BLOGUEIRO?!!!
JOOOOTAAAAAGEEEEEEEREEEEEEEEE!!!! ESTA NOVIA DE LA MUERTE NECESITA UN ABRAZO Y UN BEEESSOOOOOO..
Publicado por: Valvanera | 13/05/2008 22:19:40
-
11. Un biquiño moi, moi grande, Valva. A millorarse para seguir mantendo ben alto o título de artilleira...
Publicado por: Paloma | 13/05/2008 22:32:59
-
12. Gracias, Palomiña. Outro pra ti.
(marcho pra cama cun biquiño moi grande da nosa Paloma. Boas noites a todos y que tengais un buen día mañana)
Publicado por: Valvanera | 13/05/2008 23:00:33
-
13. Gracias a todas e todos, os que vos tomastedes tempo para leer o relato e pensar un pouco el él. Gracias L. por engadir outra historia máis. Gracias Valvanera, pero garda o papél Elefánte que iso xa é peza de muséo, igual calquer día o subastas en e-bay e acabas vivindo de rendas.
Paloma... ¡Galeano é tremendisimo!.
Publicado por: sioux | 14/05/2008 14:28:24
-
14. 'No soy yo'... ¡Eres un esaxeraaaaado ouh!. Gracias por leer.
De todo-los xeitos, me tes un pouco preocupado, andas facendo unhas amistades televisívas que pa' que imos falar do asunto, jejejeje. ¿Qué tal se che da o baile?, ¿Tan bén como a mín?... Saude e apertas pa tod@s.
Publicado por: sioux | 14/05/2008 14:37:54
-
15. Fataaaaaaaaaaaaaaaaaaal.
Sobre las amistades a las que te refieres te diré que "no te precoupes", jajaja. Vaya "elementa".
Publicado por: perdido | 14/05/2008 17:54:02
-
16. ¡¡¡Para quieto ahí!!!... ¡¡¡Non digas máis, que logo acabas na Fiscalía sin saber por qué, nin de qué se te acusa!!!. Jajajaja... Igual, por non saber bailar nin do revés.
Pero ti tranqui, que che vou eu de abogado defensor, e logo acabamos os dous a disposición judiciál de por vida.
"Doy fé y lo que haiga falla de ello, por lo que a mi se refiére".
jajajaja... Seguro que acabamos os dous en comisaría e sin dereito a libertade condicional, nin a fiánza posible.
Publicado por: sioux | 14/05/2008 22:54:27