-
Eres un gran "escribidor" creo que si cada vez que coges un bus nos traes una historia como ésta, debes tomarlo más a menudo.Según pasan los años y ves la juventud lejana ya, y el comportamiento de las nuevas generaciones hacia los que son más viejos que nosotros, te entra un pequeño arrechucho y solo pides que tenga lucidez y movilidad hasta que me llegue la hora y que la cosa sea de repente, aunque no te despidas. Yo ya dispuse nada de velatorios ni flores ni entierro, caja de cartón de las ecologicas y más baratas, cremación cenizas al aire y todos libres y contentos. A mi el que me quiera dar cariño, un abrazo, una sonrisa que me la dé ahora, no despúes de muerta. No quiero reuniones sociales alrededor de mi cascarón.
unha aperrrta
segun van pasando los años y
esquio - 28/04, 20:00
-
Non compres a brain training...escoita música, escribe as túas lembranzas, porque se che falla a túa memoria, sempre podes recurrir a fabricar unha nun anaco de papel e rodéate de persoas que te queiran, que te queiran sen condicións, por ser como eres, para depositar nelas o teu capital vital, de xeito que cando tí non te lembres de algo, cho recorden cun sorriso cómplice, ou cun: "nonnn a mín contáchesmo así!!!". Non confíes algo tan valioso coma os teus recordos a algo tan fráxil e impersonal coma unha maquiniña, pola súa tendencia a uniformalos. E non te cortes: transmítelle a túa filla todo aquelo no que creas, e todo o que che gustaría que ela soubera. Nela vas a encontra á xuiz máis implacable, pero tamén á máis xusta, porque será o que ela lle doe ós seus fillos...e así sucesivamente, de xeito que esa será a túa verdadeira pegada, a túa memoria e o que te acerque un pouquiño á inmortalidade...
L_DEL_J - 28/04, 20:05
-
O trole iste,traeme a mente recordos non mui lonxanos do transporte público de Arteixo.Estou seguro que moitos/as de vos non recordaredes os troles de cañas(que non eran de cervexa)..que ian de Arteixo a Cruña..,aqueles troles de dous pisos ateigados de viaxeiros que partian de Carballo con percorrido e parada en Arteixo.Unha hora máis ben enrriba que abaixo,era o que tardaba o trole en chegar,sempre que a lus non fallase.. a estación da Cruña(esquina rúa Betanzos-Xoán Florez)enfrente o antiga tenda(O Pote)desparecida non hay noitos anos.
Traeme o trole bos recordos e boas anedoctas,diria ducias de anecdotas algunhas de elas para escachar o cú de risa..!!tempos aqueles..donde aínda índo ateigado de xente,un se levantaba pra cederlle o sitio a quen pola súa idade non debia ir de pé..,magoa que hoxe a nosa xuventude perdese aquela boa costume.
Arteixán - 28/04, 20:09
-
Pero qué bueno eres escribiendo !!!!
Dan ganas de coger el bus mañana mismo. Algo así sentimos todos los que rara vez y por causa mayor tenemos que cogerlo, los "no asiduos".
La foto, impresionante. Muy buena
perdido - 28/04, 20:24
-
Sioux eres xenial.me gusta todo lo que escribes.no pares de hacerlo.
Vecina de Meicende - 28/04, 21:08
-
o autobús das 8 da mañán, de calquera mañán e de tódalas mañans, nas que coincidía cunha muller que sempre adoitaba limpa-lo cristal de diante, ollando ó conductor e dicíndolle que aquel bafo parecía unha tea de araña que non deixaba ver o que pasaba fóra. Despois agardaba a que abriran as portas e baixaba na parada dos Arias(fronte á desviación da Renault, na Grela)e sorría sempre do mesmo xeito. Non esquezo esa cara, foron moitos anos compartindo trolebús, xunto coas mulleres que viñan do "muro", cos estudantes, coas mulleres que limpaban casas na cidade e cos obreiros de Aluminios. Confeso que non botei de menos deixar de usar este medio cando por fin puiden conduci-lo coche, sen pasar frío na parada, sen mollarme, sen ir como nunha lata de sardiñas á hora de entrar e sair das clases, e decidindo cando e onde quería parar.
laia - 28/04, 23:38
-
Gracias, Indio, é un placer viaxar contigo.
Debe ser un placer compartir contigo pipas da paz e istorias arredor do lume.
Desde Oseiro - 29/04, 17:13
-
Arteixán, agora hai que poñer cartéis de advertencia pa' todo... Enbarazadas por acá, minusvalidos por aló, gilipollas por alá i estresssados por acó.
Máis eu noto en falla un puto cartél n'os hipermercados e no transporte público que poña... 'EGOCENTRICOS POR AQUÍ'.
sioux - 29/04, 22:51
-
Gracias a todos polos vosos comentarios e acordos. E polos vosos pensamentos tamén.
sioux - 29/04, 23:11
-
A historia, fermosa. O fondo, moi triste.Na miña familia hai unha grande eiva e consiste en que os meus fillos non teñen abós. Os meus pais morreron antes de que nacera nengún dos seus netos, e por maís que durante os meus embarazos eu soñara día sí, día tamén con eles (disque intentando trazar unha liña que os unise), nesta dimensión terrestre non foron quén de unirse. Ao meu seogro non cheguei nen a coñecelo e a miña sogra, que afortunadamente aínda vive, é unha excelente aboa; pero falta a figura do abó. As aboas e os abós, para mín, teñen un papel moi diferente, polo menos no meu caso foi así. As aboas, daban kilos de tenrura, de complicidade e de mil cousas máis bonitas e de coloríns. O abó ensinou a buscar niños de paxaros, a distinguir os ovos, a falarlle as vacas, a podar as árbores, a facer cestos, .... Canto me gustaría que os meus fillos tiveran ese abó do autobús e que lles contara a eles as súas lembranzas, e que ese neno en lugar de levar a maquiniña na man se responsabilizase de levar a súa mochila e deixara o seu sitio de "cúlido" ao pobre home encargado de baixar o lixo, logo de que os seus fillos baixaran antes sen él, mellor non seguir...A historia, fermosa. O fondo, moi triste.Na miña familia hai unha grande eiva e consiste en que os meus fillos non teñen abós. Os meus pais morreron antes de que nacera nengún dos seus netos, e por maís que durante os meus embarazos eu soñara día sí, día tamén con eles (disque intentando trazar unha liña que os unise), nesta dimensión terrestre non foron quén de unirse. Ao meu seogro non cheguei nen a coñecelo e a miña sogra, que afortunadamente aínda vive, é unha excelente aboa; pero falta a figura do abó. As aboas e os abós, para mín, teñen un papel moi diferente, polo menos no meu caso foi así. As aboas, daban kilos de tenrura, de complicidade e de mil cousas máis bonitas e de coloríns. O abó ensinou a buscar niños de paxaros, a distinguir os ovos, a falarlle as vacas, a podar as árbores, a facer cestos, .... Canto me gustaría que os meus fillos tiveran ese
albanta - 05/05, 15:05
-
Dacordo contigo no papel dos avós/as Albanta(ata me parece ver reflectidos ós meus no que ti dis)e só dicirche que o agarimo e as ensinanzas que che deixaron saberás transmitirllas ós teus fillos, aínda que eles non sigan contigo.
Pode un esquece-las súas voces,os seus xestos, pero nunca as mans que souperon agarimar, traballar, protexer e rodear as nosas vivencias.
laia - 06/05, 00:04
-
Eu non coñecín ós meus avós paternos, pero deixáronme un patrimonio polo que non se declara á Facenda: un puñado de amigos seus e íntimos, que despóis da súa morte, seguiron visitando a nosa casa. Ensináronme que La Revoltosa era algo máis que unha marca de gaseosa, que a Guerra Civil foi algo tan cruel no que, finalmente, era todo un sálvese quien pueda, ensináronme un concepto da memoria histórica que os políticos deberían valorar e sopesar...antes de entrar en guerra,que por aquí andiveran romanos, gregos, fenicios e cartaxineses, que Petila tiña uns ósos nas mans chamados falanxes, ensináronme o himno galego, que as berzas habías que coller tenras cando se querían comer, e non das marelas ou marróns por "estar máis maduras"...a resucitar moscas,a xogar á escoba e ó burro de contar e de parellar, a distinguir por nome e ulidos distintas rosas e distintas dalias...e mesmo que as faltas cometidas por amor son as únicas perdonables...Eu non tiven avós paternos e a miña avoa materna morreu cando eu tiña cinco anos, pero tiven a sorte de ter "un cabo solto" que me deixaron, para poder aferrarme a él...
L_DEL_J - 06/05, 08:50
-
Cómo me gustaria poder poñer todas ístas vosas lembranzas arrexuntadas na cabecéira do meu blog. Ou n'un folio común da memoria de todos.
De todo-los xeitos. Aquí quedan. Para que as atopen outros, anque sexa de casualidade.
Saude, que o resto sempre ven de camiño.
sioux - 06/05, 19:09
-
Preciosa historia Sioux, como todo lo que tú escribes. ¡Qué hermoso homenaje a los abuelos habeis hecho entre todos! Me gustaría unirme a esta fiesta, decir que ya hace muchos años que mis abuelos se han ido, pero cuando quiero tenerlos a mi lado, solo tengo que cerrar los ojos, y ellos aparecen "nos recunchos das miñas lembranzas". Unha aperta.
Amadora - 06/05, 21:51