Castellano Galego
O motivo exclusivo polo que creei este caderno e para denunciar a empresa hortícola Azoreira en Arteixo. Non se poden aproveitar dos que traballan ali con boa fe e despois manipulalos a sua maneira. O caso que aqui quero denunciar pasoulle a uns familiares meus:
Despois de traballar ali 5 anos, a empresa Azoreira está indo cada vez a menos, debido a tódolos "pufos" que ten o largo de Arteixo e arredores. Enton, supostamente debido a eso, deciden mandar os meus familiares o paro para despois volvelos a coller. Iso e o que dicían. O que pasa e que ainda lles debían uns cartos polas vacacions. Cando foron a reclamar despois de DOUS MESES por ese cartos, os cabróns de azoreira foron a denunciar o meus familiares por supostas amenazas. Cando eles so foron reclamar o que é deles.
Cando acodimos a un sindicato para que nos informaran de que é o que podíamos facer, eles leváronse as mans a cabeza... Levaban 5 anos con contratos ilegais ( por obra), debíanlles liquidación e outras cousas mais. Pero o que fixeron foi enganar os meus familiares dicindo que firmaran uns papeis , supostamente, para o paro. O final o que firmaron foi unha renuncia a recibir calquer tipo de compensacións e a reclamar calquera cousa. Ë dicir, quedáronse cos cartos que por lei eran dos meus familiares, e non eran precisamente poucos. E vos diredes " tiñan que leer o que firmaban". Claro que si, pero cando un é bo de mais e "pensa" que non lle van dar polo c..... firma sen darse conta.
O que a mi me fastidia e que eses 2 de Azoreira son uns impresentables, uns estafadores que pensan que por ser mais listillos que os demais se poden rir de un. ¿Pensan que se pode pagar a nómina de marzo en xuño e manipular o seu antoxo os traballadores?
Xa sei que estas frases que aqui escribo non vos importan moito. E normal, cada un mira para o del. So espero que non vos pase a ningún de vos. Tede claro cales son os vosos dereitos como traballadores. Informádevos de todo e NON FIRMEDES NADA SEN LEELO PRIMEIRO.
Que non mexen por vos e digades que chove.
Un saudo a todos e todas.
1. Apenado, o que ti dis si importa é moito, pero o máis triste é que iso non pasa tan só nesa empresa. A maioría dos traballadores descoñecemos os nosos dereitos, é unha mágoa cando levamos tantos anos de loita para conseguir pequenas melloras, que os empresarios exploten a aquelas persoas que en realidade lles están dando de comer tamén a eles. Pero eu, aproveitando este tema que realmente me apasiona, direi que tamén nós somos culpables de dita explotación cando firmamos contratos por media xornada e traballamos 40 horas semanais ou máis, somos culpables cando aceptamos que o normal son xornadas de 60 horas semanais (por lei a xornada máxima é de 40 horas), somos culpables cando aceptamos firmar nóminas por menos do que cobramos realmente, somos culpables cando consentimos que en moitos postos de traballo non se cumpran as normas de seguridade e prevención de riscos laborais, de traballar sen contratos e tantas outras cousas. E todo esto ademáis complicase cando eres muller, por iso eu penso que os traballadores non debemos ter medo á hora de exercer os nosos dereitos, de exixir os nosos cartos, de pedir os permisos que por lei nos corresponden, de disfrutar as vacacións que por lei nos corresponden. A min gustaríame que realmente seguise este debate, porque penso que este é un bo medio para denunciar as irregularidades e que vaimos perdendo medo pouco a pouco, de sentirnos apoiados e perder atrevernos a denunciar as empresas cando cometen irregularidades cos traballadores. Pero o truco está en que a unión fai a forza, e en moitas empresas tamén hai falta de compañerismo, e aquela persoa que protesta as veces de súpeto síntese soa, porque os compañeiros que de palabra os apoian, diante do patrón calan a boca... En fin, eu espero que as cousas cambien, que sexamos conscientes de que non somos marionetas, e non se pode confiar en ninguén sobre todo á hora de firmar papeis, ante a duda consultar primeiro. Sorte para os teus familiares. Un saúdo.
2. Amiga Amadora,votabate de menos por aqui.Dixenche nunha ocasion que eres a persoa que lle pon mais humanidade as catro liñas que se chegan a publicar.Vouche levar a contraria.
No meu caso,do que ti expoñes ahi,eu seria culpable do que eu entenda por ser culpable.Eu sei moi ben donde traballo e sei moi ben cal e o meu traballo,vexo o que fago,e se para facelo teño que traballar 14horas as fago,se teño que traballar os sete dias,pois non seria a primeira vez, nin sera a ultima.Eu solo sei que para conseguir algo,teño que traballar.Pero como traballo nun sitio que o paso pipa,pois tampouco me importa(e eso que teño un xefe mais repunaaaaaante...).Non creo nos sindicatos,coma min non vai mirar ninguen por min.E as veces fago traballos sen cobralos(horas extras,e falta de dias libres).
Como podes ver e un concepto totalmente oposto o teu,pero como estou agusto o acepto
3. Meu querido jgr: ¡Por fin lévasme a contraria ! ¡xa era hora!. O teu caso é unha opción personal, e a túa opinión moi respetable, que para iso vivimos nun país libre, pero outra cousa é cando esta situación é imposta, cándo recibes amenasaz de que fas o que che din, ou de outro xeito espérate o paro, cando eres muller e quedas embarazada, as veces por arte de maxia atópaste cunha barriga e sen traballo (éste caso en concreto vivinno en primeira persoa)... cándo pides un permiso que por lei che corresponde i éste sin máis explicacións, é denegado. Tamén hai que decir, que hai empresas moi boas, moi respetuosas cos dereitos das persoas que traballan nelas, i empresarios ante os que hai que quitarse o sombreiro, eu tiven a sorte de traballar neste tipo de empresas, pero situacións como as que describe apenado son vergonzosas e máis frecuentes do que pensamos. Por outra banda tamén é frecuente que existan empresas que traballan na clandestinidade aproveitando sobre todo mao de obra inmigrante, na súa maioría mulleres e sin ir máis lonxe, na miña calle hai un taller que traballa para unha gran empresa, e non podo xuralo, pero case me atrevería a facelo de que as mulleres que traballan ahí, na súa maioría marroquies, non teñen contrato.
Respecto aos sindicatos está claro que si o traballador non mira polos seus dereitos e non denuncia, eles non van a ir empresa por empresa para facer inspeccións porque non é a súa labor, o dereito de estar sindicado é do traballador e pode exercelo quén queira,e por outra banda se a empresa e pequena non hai obligación de que exista un comité e un representante dos traballadores, o que fai a labor dos sindicatos máis dificl a non coñecer certas situacións. E tes razón que cando se traballa nunha empresa na que te sintes cómodo, traballas as veces sin que che importe o tempo, pero son as menos, a non ser que ti sexas o teu propio xefe. Unha aperta.
4. Este é xuso un tema que me fai ferver o sangue. O peor non é encontrarte con situación insostibles no traballo, senón que porriba cando non as aceptas, parece que eres unha larchana e unha señorita estirada. E isto provoca non só a perda do traballo senón a sensación de que a ver si é verdade que eres mirada de máis.
En fin, que o do traballo cada día está máis fodido, e non só por culpa dos patróns senón porque aceptamos o que non boten, a máis das veces sin tratar siquera de opoñernos ás inxustizas.
Por certo, jgr, as actitudes coma a túa perxudican ós compañeiros que non queren facer 60 horas ás semana e descansar as fins de semana. O traballo é unha parte da vida, 1/3 da vida, e hai que aprender a disfrutar dos outros 2/3.
Un saúdo a tod@s e feliz ano.
5. Choco,no nos perxudico.Eles traballan moito menos horas ca min,e se non dan abasto, os reforzo eu,pero eles non me poden reforzar a min(cositas de la vida).Por certo,eu as veces traballo 16h o dia seguidas por que alguen non fixo o seu traballo e o que chega detras,normalmente son eu,teño que arranchar o del para poder traballar eu.Esto soe pasar os dias que hai lua
6. Amadora ,douche totalmente a razon na primeira parte do teu comentario,pero no dos sindicatos,si que non.Tratei unha vez con eles e non quero saber nada de sindicatos.O dia que teña un problema cun xefe,falarei con el,se non arreglo nada,irei a un abogado laboralista e se seguimos na misma queimareille o coche,que malo sera que non cheguemos a entendernos
7. jgr, penso que se alguén traballa 16 horas ó día estalle quitando 8 horas de traballo a outra persoa. E ninguén é imprescindible, pensa que tal vez outra persoa podería facer o mesmo traballo ca ti, ou polo menos as outras 8 horas que ti fas de máis.
Pero é unha opinión persoal, que por suposto pode estar errada.
No caso dos sindicatos, a miña opinión é totalmente favorable. Eu tiven un problema bastante grave hai un tempo e non só me axudaron senón que atopei xente que estivo ó meu lado apoiándome.
8. Pero home de Deus,dezaseis horas diarias,é por enrriba atender a moza,xa dirás de onde quitas o tempo,calqúer dia vas a quedár dormido enrriba i..os churunbeles,despóis en vez de dezaseis,vas ter que traballar vintecatro.
9. Que sexan vintecatro e mailo IVE (falou a voz da experiencia...)
10. Choco,as veces,en situacions moi puntuais ou cando hai exceso de traballo,pois non che queda outro remedio que facelo.Date de conta que algunhas empresas teñen catro ou cinco empleados e non poden coller outra persoa para reforzar puntualmente a outro traballador.Pensa que as veces tardas mais polas circunstancias que polo traballo en si,e que formar en dous minutos o reforzo as veces atrasa mais.
Cascarilleiro,saco o tempo pois por que me organizo moi ben.As cousas secundarias as deixo para o sabado pola mañan e as que non teñen solucion,olvidome delas.Levo moitos anos facendo asi e xa me acostumbrei.Se queres digoche un dia cales son os mellores cines e teatros para durmir(non te durmas durante a representacion de Cabaret,os actores enfadanse)
11. Eu traballo sete horas diarias, encantadísima da vida, a verdade é que teño moita sorte e gústame facer ben o meu traballo; pero de ahí a estar dezasete horas....., para nada, hai que disfrutar de mais cousas na vida, e tamén hai que pasar algún ratiño sen facer nada de nada, disfrutar do silencio de non facer nada.
12. Eu agora mesmo traballo sete horas diarias igual que Quruxa, e ademáis en horario de mañán, o que fai que poida compatibilizar as miñas obrigas de nai co traballo. O peor de todo é que a finais de xunio o meu contrato acábase sen posibilidades de renovación. E logo non sei... porque traballos así non se atopan todos os días, polo que xa me vexo formando parte da "empresa" máis grande do noso país: o INEM.
13. Amadora,alistate a la Armada,donde viviras batallas mil y aventuras sin igual
14. Pro home de Deus,dezasete horas diarias fan un por medio de 200.000 aó largo da tua vida laboral,suponendo que te retires aós 65 con cuarenta de traballo o lombo,i esas nove que fas de máis todos os dias,fan un pormedio de unhas 100.000 horas extra aó largo da tua vida laboral,!!bueno hai que descontar vacacións,dias concedidos por boda,paternidade,baixas non,que os de Suso sodes mui traballadores.
un saudo
15. Si tu lo dices...sera.A cuestion non e de que si fas 10,12..20 ou reenganchas,para min e pasalo ben,rirte no traballo,partirte o cu cas ocurrencias do superxerif,que si algun dia se lle mete na cabeza publicar no blog algunha das suas ideas esto iba a estar colapsado durante anos ,ir tomalo cafe con algun cliente ou invitar a cear a langostinos a unha que eu me sei.
16. Se hai máis traballadores na misma situación, a tortilla pode virar...
O de jgr ten explicación: no seu traballo, ademáis das tarefas propias que lle teñen encomendadas, fai de relacions públicas, de porteiro, de comentarista con repetición das xogadas máis interesantes, de "Cupido a marchas forzadas"...non ten desperdicio, así que a min extráñame que sólo sexan dezaséis horas de traballo...son máis, ou polo menos, aproveitadas moi intensamente
17. Póis tamén tes razón,o home parece que as aproveita intensamente,pro pensa que de vintecatro horas diarias,quedanlle sete horas,de esas sete,quitalle algunha pra dormir,por que o home durmira,i despóis algunha pra comer si lle queda tempo,¿e a moza,cantos minutos lle dedicara?,pobre mulleriña a que o leve..
18. Xa lle gustaria a moitos traballadores ter sete horas libres o dia!!!(e non esaxero).
19. Jgr: Gracias pola suxerencia, pero batallas xa as teño a diario na miña casa... ademáis se vou para armada a ver a que lle deixo as nenas, que cos veciños que teño non podo contar, porque son capaces de darlles para comer pizzas e "lanjostinos" reconxelados e caducados, e iso sen contar cas latas de albóndigas...
20. Amadora,ti non perdas de alistarte na Armada polas tuas fillas,que na miña casa hai mais cousas que esas.Tamen tes a opcion de enrrolalas como grumetas nunha fragata e asi xa van aprendendo un oficio
21. Din os sociólogos que a época do ano na que máis parellas rompen é a do verán polo feito de ter que pasar xuntos moito tempo...Por esa regla de tres, jgr terá unha larga vida en parella ou matrimonial (sempre e cando manteña eses horarios)...así que non hai que preocuparse demasiado nese sentido nin por él, nin pola muller que o leve...
22. Os sociólogos,decír din,pero a maioria son tonterias sin ton nin son,de calquér maneira,o rapaz fai horas demáis,i os chineses aó séu lado son unhos lacazáns,por que tendo en conta,as horas que traballan,i as que teñen libres,i a proporción de fillos que teñen,a verdade que as horas libres as aproveitan de carallo,i o rapaz de Suso,como imite aós chineses,a bon seguro rompe os moldes.
23. Bueno pero ós chineses téñenlles o cupo limitado: un é ter un fillo, dous xa e multitude e tres manifestación...De todos modos, a min dame a impresión de que o de Suso ten "vocación de ensallista", pero dos que "publican unha sola obra"...de todos modos, o tempo xa o dirá...
24. E os sociólogos neso non andan tan descamiñados: canto menos se vé a parentela, menos oportunidades se teñen de discutir con ela...
25. Amadora, non te enroles na Armada, porque...¿Qué será das túas nenas? Ademáis logo veremos ó teu marido cantandoche por ahí adiante para persuadirte:
Este pañuelo de seda, caray,
me lo trajo un marinero,
con la boquita de fresa, caray,
y los ojitos de cielo.
Besos de ron y de menta
en estos labios me da.
Y estoy echando la cuenta, caray,
pa'que no vuelva a la mar.
Mis brazos son las amarras
de tu querer, marinero.
Yo soy la bahia,
tú eres el velero.
No me dejes niño
que sin tu querer me muero.
Si piensas darme de lao, caray,
yo te lo aviso primero,
que tengo número dao, caray,
a cinco o seis marineros.
Tanto tenderle los celos
como una red de pescar,
que se ha tragao el anzuelo, caray,
y me tiene secuestrá
(Lóxicamente terías que darlle a volta á canción, é decir, a mariñeira, etc...)
26. Gracias, L_DEL_J, pero eu son mariñeira de terra...
27. Sí, así digo eu respecto a voar (eso que xa lle perdín o medo), pero de todos modos, a mín gústame máis voar por donde o boi pousa o pé...xa me entendes...(nunca me gustaron as cousas que desafían a gravidade...)
P.D.: Agora que o penso, a última parte do comentario é matizable...jajajja
28. Mellor ainda,alistate a I.M.,que Pepe o Largo fai moi ben de comer
29. L_DEL_J, millor non matices, que si non podría liarse unha boa... JE JE. Jgr, gracias polo teu intento de solucionarme a vida, calquer cousa millor que a túa pizza conxelada...
30. ¿Cómo non vou matizar? ¿Non ves o que me xogo? Ademáis, ten en conta que estou nunha idade perigosa para os equívocos.