Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

As inxusticias da vida

--------

Azoreira explotadores !!

mércores, 17 de xaneiro de 2007 21:04

O motivo exclusivo polo que creei este caderno e para denunciar a empresa hortícola Azoreira en Arteixo. Non se poden aproveitar dos que traballan ali con boa fe e despois manipulalos a sua maneira. O caso que aqui quero denunciar pasoulle a uns familiares meus:

Despois de traballar ali 5 anos, a empresa Azoreira está indo cada vez a menos, debido a tódolos "pufos" que ten o largo de Arteixo e arredores. Enton, supostamente debido a eso, deciden mandar os meus familiares o paro para despois volvelos a coller. Iso e o que dicían. O que pasa e que ainda lles debían uns cartos polas vacacions. Cando foron a reclamar despois de DOUS MESES por ese cartos, os cabróns de azoreira foron a denunciar o meus familiares por supostas amenazas. Cando eles so foron reclamar o que é deles.

Cando acodimos a un sindicato para que nos informaran de que é o que podíamos facer, eles leváronse as mans a cabeza... Levaban 5 anos con contratos ilegais ( por obra), debíanlles liquidación e outras cousas mais. Pero o que fixeron foi enganar os meus familiares dicindo que firmaran uns papeis , supostamente, para o paro. O final o que firmaron foi unha renuncia a recibir calquer tipo de compensacións e a reclamar calquera cousa. Ë dicir, quedáronse cos cartos que por lei eran dos meus familiares, e non eran precisamente poucos. E vos diredes " tiñan que leer o que firmaban". Claro que si, pero cando un é bo de mais e "pensa" que non lle van dar polo c..... firma sen darse conta.

O que a mi me fastidia e que eses 2 de Azoreira son uns impresentables, uns estafadores que pensan que por ser mais listillos que os demais se poden rir de un. ¿Pensan que se pode pagar a nómina de marzo en xuño e manipular o seu antoxo os traballadores?
Xa sei que estas frases que aqui escribo non vos importan moito. E normal, cada un mira para o del. So espero que non vos pase a ningún de vos. Tede claro cales son os vosos dereitos como traballadores. Informádevos de todo e NON FIRMEDES NADA SEN LEELO PRIMEIRO.

Que non mexen por vos e digades que chove.

Un saudo a todos e todas.

http://arteixo.cidadans.net/Obreiro/12146
30 Comentarios  -  Envía o teu comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados