A.VV. Manuel Murguia - Taller sobre estres, ansiedade e risoterapia
mércores, 14 de marzo de 2007 13:47
Os días 14, 21 e 28 de Marzo e o 4 de abril, realizarase no local da A.VV. Manuel Murguía un taller sobre o estrés, ansiedade e risoterapia.
** O día 21 o horario será de 19:00 a 21:00 **
Este taller está organizado polo departamento de Serv. Sociais e o CIM, colabora a A.VV. Manuel Murguía.
A.VV. Manuel Murguía - Sesións Informativas Sobre Emprego
martes, 06 de marzo de 2007 14:37
Hola a todos
Mañán e o vindeiro día 14 de Marzo, terán lugar no local da A.VV. Manuel Murguía, unhas charlas informativas sobre emprego que organiza o Concellería de Servicios Sociais, co que colaboramos, que seguro interesarán a máis dun veciño.
O horario de ámbalas dúas sesións, é de 17:30 a 19:00.
Gracias Alcoa, e tamén a tódolos voluntarios
venres, 20 de outubro de 2006 22:26
Dende a asociación de veciños Manuel Murguía, queremos darlle as gracias a tódolos voluntarios da empresa Alcoa que a través do programa de voluntariado que esta ten, fixo posible o cambio que entre todos lle demos o local da asociación que trala inundación do ano pasado quedara moi desmellorado.
En especial queremos darlle as gracias a Rosa e Guillermo que posibilitaron que isto sucedera. Guillermo por falarnos do proxecto de voluntariado e a Rosa, por guiarnos e asesorarnos no dende o inicio do proxecto ata o final. Asemade queremos agradecerlle a dirección de Alcoa o cheque de 3000$ dolares que nos concedeu, gracias os cales poderemos seguir coa reabilitación do local.
Sen dúbida algunha a mellor nota o día de onte, a puxo o coro da empresa, que nos agraciaron a todos no centro social de froxel cunha amena interpretación de varios temas populares que moitos dos presentes cantaruxaban polo baixo, pero o mellor estaba por chegar, e chegou cando o seu director pediu os presentes que os acompañaramos na súa última peza o himno galego. Teño que dicir que me emociono cando escoito o himno galego e penso que onte non fun o único o que lle ocorreo a xulgar polo entusiasmo que puxeron os asistentes, entre eles os políticos que asistiron ;)
Lamentablemente, na foto non saen tódolos colaboradores, porque algún deles entraba a traballar na fábrica, para eles pedirlles mil disculpas por non estar o fotografo todo o atento que debera ;)
Bos días o mundo, acabo de nacer :)
domingo, 07 de maio de 2006 8:57
Hoxe é un bó día, xa nacín!!!! teño algo de frio e escoito moito ruido o meu arredor, ... no vexo máis que sombras... ¡que quentiño estou agora! :$ estanme a esmagar X$ mmmmm que gustiño, estou apoiado nalgo blandiño e quente e sinto un bum bum bum bum ... aaarrf éntrame o sono... vou ....dur ...mir ...uun ...po...