... Motivación...
mércores, 16 de agosto de 2006 20:06
Onte lin as conclusións dunha enquisa que lle realizaron a 4.200 funcionarios técnicos da administración onde dí que o 84% dos enquisados dí que non se sinte motivado. A noticia en cuestión ven recollida no "Ideal Gallego".
Fala tamén de: "...presencia de un entorno de trabajo hostil, por la falta de reconocimiento personal y una remuneración salarial por debajo de sus expectativas."
¡¡¡¡Manda Carallo!!! se eles están faltos de motivación, que lle pregunten a quen traballa nun taller de costura 12 horas por 500 ou 600 euros, sen vacacións, sen paga extra, sen descanso por parto (nalgúns casos danche descanso permanente, sen paro nin liquidación), o que traballa no transporte urxente, o que traballa na construcción. Xa sei que dirán, e que na construcción ganan moitos cartos .... non tanto se miramos ben como son as xornadas de traballo, 10 horas diarias, sabados incluídos nalgúns casos, pagas extras prorateadas no soldo, sen vacacións... así claro que teñen que gañar un bo soldo!! coñezo casos nos que se caes de baixa, non cobras dos días que estás de baixa. En ocasións tamén se fan horas extras que non se cobran, e é moi común ter un contrato de 8 horas diarias ... peeero, hai que entrar 1/2 hora antes e sair 1/2 máis tarde para facer pontes que poucas veces se chegan a facer, en aras da competitividade que nunca acadan as empresas en galicia.
Estou de acordo con vostedes en que reivindiquen os seus dereitos cando se pasa por enrriba deles, pero son vostedes uns privilexiados que en máis dunha ocasión miran por enrriba do hombreiro o resto dos traballadoriños cando lles pedimos que fagan o seu traballo. ¡¡É ben certo que en galicia a un porteiro lle pos un uniforme de gala e pensa que é un xeneral !!
Señores funcionarios eu sí que estou falto de motivación para ir o traballo cada mañá.