Arteixo Castellano  Galego  

EXPOLIACIÓN ARTEIXO

Defendamos o noso municipio

enlaces de interes

17/11/2008

 

Comprobando que as dirección que metín non se poden ver ( a pesar de seguir os pasos indicados); espero que sirvan de referencia para poder encontrar os documentos expostos as seguintes direccións: 

http://conselleriavivenda.xunta.es/web/comunicacion/detalleNova?content=/PortalVivenda/SalaComunicacion/Novas/noticia_0499.html;
http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/1380;
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/10/04/0003_7196201.htm;
http://www.oleiros.biz/html/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=192&newlang=spa;

http://arteixo.cidadans.net/ExpNon/2008/11/17/enlaces-de-interes/
3 Comentarios - Enviar comentario

13/11/2008

 

 En Arteixo foron 5 as bolsas de solo seleccionada (Pastoriza, Igresario, Seixedo, Carballas, Camiño dos Cabalos) que se traducen en 2805!!! vivendas protexidas ou prezo limitado.

Pola contra outros municipios con moitísimos máis habitantes tales como A Coruña, so lle foron impostas 2328.

A Oleiros 592!

A Carballo 598!

Datos sacados da Presentación do Plan Sectorial de Vivenda da Área Funcional da Coruña de 4 de Novembro deste ano.

Mirando o rexistro de solicitudes, apenas chegan a centena os veciños que as teñen solicitadas ¿? Qué ocorre? É para nos beneficiar os arteixans?; pois non porque o rexistro é xeral para toda Galicia e vai por sorteo, polo que a gran maioría non serán para os nosos veciños.

Considerannos de segunda categoría para nos expoliar e empobrecer continuamente? Entre autovía, gas, porto exterior, polígonos industriais e agora polígonos de vivendas, somos un dos municipios que máis metros cuadrados nos expropiaron. É dicir, nos empobreceron, para que logo Xestur e similares lle vendan a otros os nosos terreos, que son os que saen gañando. Quítenlle ós que teñen beneficios non a pobre clase obreira!

Queren terreos, son necesarios, pois señores paguen  o que corresponde. Non estamos no tempo da esclavitude. Os afectados  somos todos. Non somos negreros, nin exclavistas os que temos algún terreo ou casa neste concello. Simplemente somos xente traballadora, de clase obreira como albaneis, mecánicos, fontaneiros, costureiras  etc, non nos caracterizamos por ser grandes empresarios explotadores , que conseguimos unha casa grazas a opresión dos máis débiles; senón todo o contrario. A maior parte procedemos da clase obreira que tivemos que facer enormes sacrificios para ter o pequeno terreo que agora temos. Meus avós non souperon o que era ir de vacacións, irse de festa en festa ou coches de luxo; meus pais ata ven entrados en idade tampouco souperon o que non era traballar arreo os 365 días do ano! Traballaron de sol a sol para conseguir o que hoxe pretendían ter.

E agora, despois de todo ese sacrificio de varias xerazons, teñen que oir a algún políticos que se presentan como defensores dos dereitos dos máis oprimidos dicindo que están a favor desta expoliación!!! Con representantes coma eses non necesitamos inimigos!!! Quen defende a xente traballadora  e humilde?

Debemos de deixar de ser indiferentes e loitar polo noso!

Todos teñen dereito a unha vivenda; si, eso di a constitución, pero ata non fai pouco moitas das familias que aquí vivíamos compartiamos a casa cos avos. Para poder aforrar algo é poder ter ó cabo dun tempo unha vivenda propia ou un terreo. Pero tamén di a constitución que se debe protexer a propiedade privada na medida das suas posibilidades; e dende logo o oprimir e expoliar a clase traballadora non pode ser consitucionalmente aceptable. 

Debemos de deixar de ser indiferentes e loitar polo noso! O noso municipio, os nosos bens, a nosa identidade, o noso pobo!

Que nos empobrezan a centos de arteixans e lle dean as vivendas ós de outros municipios non creo que beneficie ó noso municipio. É máis, os políticos están cobrando de nos, e alomenos deberían loitar polos nosos intereses. Deberían ter firme propósito de nos axudar e loitar por nos ata o final.

Considero que todo isto nos debe facer reflexionar e penalizar ós gobernante que nos están a dar para atras. É de xustiza que isto lles pase factura.  

 

http://arteixo.cidadans.net/ExpNon/2008/11/13/title_87/
6 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados