Castellano Galego
Escrivobos hoxe aquí para transmitirvos unhas informacións:
- A Plataforma de Afectados polas obras do Porto Exterior en Arteixo seguén a manifestar a súa oposición á iniciativa da Autoridade Portuaria de amplia-lo Porto eliminando a barreira natural entre os pobos e o espacio industrial, e estiveron presentes no último pleno celebrado no Concello de Arteixo.
- A Asociación de Veciños San Martín de Suevos presentou esta semana 6 escritos nos organismos implicados: Ministerio de Fomento (que é o que manda), a Consellería de Política Territorial polo tema dos accesos, o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería, a Dirección Xeral de Urbanismo e no Concello de Arteixo, para solicitar a supresión e modificación do Plan Estratéxico da Autoridade Portuaria, e a modificación das Normas Subsidiarias de Arteixo que permitan a protección dos núcleos urbanos de Suevos e Rañobre así como o seu crecemento urbanístico natural, afastado do solo industrial.
Pero ademáis, o máis importante É A UNIÓN DOS VECIÑOS. O poder político provén sempre das personas.
Cando todos dicían que o Porto Exterior non se faría porque non había diñeiro, eu dicía que sí viría, porque O DIÑEIRO SEMPRE CHAMA Ó DIÑEIRO.
Pero tamén penso que A RAZÓN CHAMA Á RAZÓN, e por eso desde aquí, este humilde sitio web, anímovos a apoiar a defensa destes pobos, tan maltratados e esquecidos.
Mañá terá lugar unha reunión entre a Plataforma de Afectados e a Autoridade Portuaria (deberían estar tamén o Ministerio de Fomento e as Consellerías, xunto con Concello, pero non sei.......) e o que queira ir, que vaia!!
Arriba Suevos!! Arriba Rañobre e Oseiro!! Arriba Arteixo!!!!! Arriba Galicia!!!!