Castellano Galego
Onte contáronme que morrera un veciño.
A verdade é que o coñecía pouco, pero sen embargo, quedei un pouco triste, porque era ben peculiar este personaxe.
E quero dedicarlle unhas lineas neste espacio, en recordo das poucas conversas que tiven con él, pero que sen embargo, amosáronme un home cheo de experiencias e rocordos doutra época onde tiñan que loitar co mar, os mariñeiros que poblaron o Porto de Suevos, unha das tantas actividades que tiveron lugar nos arredores do pobo. Sempre estará a nosa vida ligada ó mar e a terra.
E este bo home vivía pro mar. Con un pouco de condescendencia escoitaba as súas ideas de mellora que lle revoloteaban pola cabeza e que facían pensar que algo constructivo xermolaba no seu corazón.
Unha vida entregada ó mar, coma tantas outras na nosa terra.
Descanse en paz. J d C.