Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

O GALIÑEIRO

Falando de politica municipal

ROTONDAS DE MEICENDE.....EXALCALDE CINICO E MENTIREIRO....

martes, 06 de maio de 2008 13:17

Bo dia.
Din que se colle antes a un mentireiro que a un coxo.É o exalcalde Pose,que a mentireiro non hai quen lle gañe,unha vez máis,i xa van moitas,mentiu cinicamente i engañou os cidadáns de Arteixo,sendo en iste caso os de Meicende,Pastoriza i Oseiro,engañados vilmente polo exalcalde de Arteixo sr Pose.
O diario A opinión,recolle hoxe as manifestacións do Delegado Provincial de Política Territorial,Alberte González,donde puntualiza que o proxecto das rotondas lles veu herdado do anterior goberno.
Manifesta asimesmo o Delegado Provincial Alberte González,que está a traballar codo con codo co actual goberno de Arteixo,e mostrando asimesmo a boa disposición da conselleria a correxir as posibeis imprecisións.
Asimesmo apunta o Delegado Provincial,que iste plan viario foi un proxecto herdado das negociacións mantidas entre o exalcalde Pose i o Subdirector Xeral de Obras Públicas,afirmando o Delegado Provincial,que o exalcalde de Arteixo Pose,non presentou alegacións as rotondas, i que na reunión mantida co Subdirector,tampouco habia levado nin asistido ningún tecnico do Concello de Arteixo.
O pasado luns,o exalcalde Pose,como sempre acudeu a Radio municipal a mentirlles os veciños,i engañar vilmente os de Meicende,Pastoriza i Oseiro.

Sr Pose,xa está ben de tanto engañar e mentirlles os veciños.
Polo ben de todos,polo ben de Arteixo,DIMITA E VAIASE DA POLITICA.

http://arteixo.cidadans.net/Ernesto/49020
81 Comentarios  -  Envía o teu comentario

ASOCIACIÓNS VECIÑAIS.......TELEDIRIXIDAS?........

luns, 05 de maio de 2008 12:11

Bo dia.
As rotondas de Meicende,Pastoriza i Oseiro(glorietas para los vips)están a dar que falar,i os presidentes das asociacións veciñais que as representan,por tal motivo no candeleiro tamen.
Cando menos resulta curioso,ou si cabe sospeitoso,que os presidentes das asociacións de veciños de Meicende,Pastoriza i Oseiro,que mentras estivo o partido popular gobernando co sr Pose o frente,xamáis fixeron reivindicacións de servicios basicos para as súas parroquias,¿Ou acaso durante todos istes anos....Meicende non as tiña?.....¿Donde estivo metido o sr presidente da Asociación de Veciños S. José Obrero?.
¿Donde estivo metido ate o de agora o presidente da Asociación de Veciños de Pastoriza,que con Pose no goberno,non foi quen de pedir nada para a súa parroquia?
¿Donde estivo metido o presidente da Asociación de Veciños de Oseiro-Solymar,que mentras Pose estivo gobernando non foi quen de aparecer diante do Concello apoiando os veciños que se estaban a manifestar contra as liñas de alta tensión?.¿Por qué non deu a cara?......¿A quen lle tiña medo.... ou rendir contas?
¿Donde estaban metidos istes presidentes,que por enrriba dos intereses politicos deberian defender os dos veciños,i que agora despertan despois de tantos anos alertargados placenteiramente coa "vacuna" popular?....,presidentes que agora sospeitosamente intentan movilizar os veciños contra o progreso que certos politicos da corporación están a torpedear.
Sen dubida feitos vergoñentos como os que están a levar a cabo istes"cabaleiros"nas correspondentes asociacións veciñais,deixan ver as claras que non son presisamente os veciños/as a quenes defenden,como seria a súa obriga,senón o seu amo.
¿Que se pode esperar de presidentes que nunca se ocuparon dos problemas veciñais,senón de pelotear i servir os exgobernantes de Arteixo?

http://arteixo.cidadans.net/Ernesto/48920
30 Comentarios  -  Envía o teu comentario

O MILLO ESTA NO GRANEIRO....HABERA QUE GASTALO ..OU..

martes, 29 de abril de 2008 19:57

Despois que o concelleiro do PP Robero Garcia,fixese público que o Concello de Arteixo tiña un remanente na tesoureria de 4.000.000"e "pico"de euros...(non foi quen de decir o "pico").,e non sera porqué lle fálte pico....
Hoxe mesmo,na radio municipal de Arteixo,o concelleiro do BNG Alberte Sanchez,manifestou que no graneiro do Concello,non habia a cantidade que o concelleiro Roberto Garcia habia feito pública,senón exactamente 6.200.000 euros de remanente.Se ve que o sr Roberto Garcia no Concello non lle dan a información en tempo real,ou quizais como non vive no pobo,este concelleiro popular,non está o dia con respeto a tesoureria do Concello..Con istes datos exactos,unha vez máis o BNG i os seus concelleiros demostran ser os unicos enterados do estado do noso Concello,i a unica oposición responsabel o goberno de Arteixo.Magoa que dende o Partido Popular de Arteixo,non cesen as trifulcas internas,deixen de poñer zancadillas os orzamentos,pensen nos veciño@s de Arteixo,apelen a reponsabilidade,i aprendan un pouco do outro lado da oposición.

http://arteixo.cidadans.net/Ernesto/48667
42 Comentarios  -  Envía o teu comentario

ORZAMENTOS....A CONCELLEIRA DE PERSOAL DEIXA CO CÚ O AIRE O CONCELLEIRO DO PARTIDO POPULAR ROBERTO GARCIA

xoves, 24 de abril de 2008 17:12

OS ORZAMENTOS deste ano,parece que andan quentiños...,despois que o concelleiro do partido popular Roberto Garcia,tachase istes orzamentos de infumables,hoxe na Radio municipal,a concelleira de persoal Charo Figueiras,acompañada dos correspondentes papeis,unha vez máis deixou como vulgarmente se pode dicir,co cú o aire o ex tecnico de deportes Roberto Garcia.A concelleira Charo Figueiras,demostrou con ducumentación que o sr Roberto Garcia,sendo tecnico de deportes e enlace sindical,habia sinado un convenio para os empregados do concello,que logo non se habia feito efectivo,demostrando a concelleira que o sr Garcia o pasado luns na radio lles habia mentido os veciños.Asimesmo a concelleira afirmou que o sr Garcia sendo tecnico de deportes estaba percibindo unhos complementos salariais que ningún outro empregado do concello percibia,por enrriba incluso dos empregados de máis alto nivel.Sen dubida o sr Roberto Garcia era un empregado privilexiado,ben pagado e aínda mellor cualificado.
¿Quen i en base a que,lle puxeron esos complementos salariais esaxerados,o xa de por si esaxerado soldo que percibia?

http://arteixo.cidadans.net/Ernesto/48331
36 Comentarios  -  Envía o teu comentario
+ ver máis >>
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados