Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

Continua a defensa da praia de Barrañán e do río B

Os veciños seguimos desinformados,opoñendonos e atónitos ante certas noticias

CONTINUA A DEFENSA DA PRAIA DE BARRAÑAN E DO RIO BOEDO

mércores, 02 de agosto de 2006 17:26

Dirixímonos de novo a vos para tervos informados do que vai acontecendo na nosa búsqueda de información e oposición ó proxecto de saneamento que afecta ás parroquias de Chamín, Barrañán, Monteagudo e demáis lugares da zona. Como sabedes opoñémonos a instalación dunha depuradora de aguas residuais o carón da praia de Barrañán e doutras cinco ó longo do cauce do río Boedo, estas últimas augas arriba da estación de captación e cloración de auga potable.
Aumenta a nosa preocupación, a nosa incredulidade e sorpresa despois de ler a noticia da Voz de Galicia do pasado Martes 1 de Agosto, no que o Alcalde de Culleredo amosa a súa satisfacción ante o resultado das obras de Saneamento do seu Concello que contemplan a posta en marcha de tres estacións de bombeo que enviarán as augas residuais do mesmo a depuradora de Bens. Coméntase que estas estacións de bombeo darán servicio tamén as zonas rurais deste Concello.
Ademáis o deixar de verter augas residuais a Ría pretendese recuperar os bancos marisqueiros e unha zona de baño que ata agora estaba contaminada.

Nos preguntámonos: ¿Se a depuradora que nos instalan a nós na praia é tan boa, por qué non poñén unha o lado da Ría en Culleredo? ¿Se a auga que sae da depuradora é de tan boa calidade por qué non poñen unha depuradora o lado da Ría? Ademáis, ¿non din no Concello de Arteixo cos bombeos son moi costosos e teñen tantas averías?¿por qué en Culleredo, Oleiros, etc teñen previsto estacións de bombeo e a nós colocannos cinco ou seis depuradoras?¿as estacións de bombeo só se estropean e son caras en Arteixo?
O máis increible é que en ningún sitio teñen previsto colocar depuradoras de residuais, que todos van bombear para a depuradora de Bens, e nos vamos ter cinco ou máis depuradoras de augas residuais augas arriba da estación de captación e cloración de auga potable.
Non queremos desconfiar e os técnicos din que esa auga pódese beber. Queremos que nolo demostren. ¿Preguntámonos se funcionarán tan ben como a depuradora da Maceira?. A verdade e que a auga que corre polo regato que podedes ir a visitar entre a curva da Maceira o a peaxe da Autovía non ten pinta de moi "potable" aínda que lle boten moito cloro.
Gracias polos vosos comentarios.

http://arteixo.cidadans.net/Chamin_e_Barranan/3172
4 Comentarios  -  Envía o teu comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados