Castellano Galego Percorrido dende a miña casa hasta o paseo fluvial perto do centro de ocio do pobo (a bolera).
Un día calquera na miña vida. Baixo as escaleiras, saio do portal e doume de bruces con aquelo que noutrora foi unha beirarúa, e agora só é un cúmulo de parches de cimento mal postos. Trinta metros adiante, logo de pasar os primeiros contenedores de lixo, o primeiro atranco, atopo un estreitamento na vía (como si fose amplia anteriormente), un angosto paso de uns 50 cm. aproximadamente (si ven alguén de frente terei que esperar a que pase él antes).
Por fin, despois de uns 10 m. de estreitamento, podo continuar polo meu camiño, procurando non mete-lo pé nun dos buratos que teñen os parches de cimento, cruzo a rúa por un paso de peóns (si o permite o coche de turno que día si e día tamen aparca nel), e me dispoño a cruzar a estrada principal noutro paso de peóns, votando primeiro unha perna para avisar ós conductores que podrían mancha-lo seu coche coa miña sangue si non se paran. Algún pica, e deixa que pase (con moito coidado).
Unha vez no outro lado, outro paso de peóns para alcanzar a mazán en que se encontra un "super", o mesmo de antes, agrabado polo tema do "super", os coches aparcados no paso, atrancando, pero de esta forma non se van a erniar levando a compra. Uns metros máis adiante, casi na porta do "super", máis contenedores (como o espacio en amplio, aproximadamente 1 metro, casi non estorban nada), e ademáis outro paso de peóns ocupado (pero bueno, xa casi estamos chegando).
Pasamos o paso, e por fin, temos una beirarúa en condicions (2 metros de ancha), aunque pegada a ela, e todo ó longo, está a parada de taxis (e a parada de taxis mais extrana que vin na miña vida); chegando ó final desta beirarúa, como é tan ancha, acaban de poñer un dos últimos atrancos que se lles ocurríu, una especie de confesionario de G.H. que dín que é para os taxistas (non sei que é nin para quen, pero é feísimo).
E por fín, a gran rúa, una rua peatonal, amplia, dónde todos podemos pasear "tranquilos", e na que os coches campan polos seus respectos, andan para arriba e para abaixo, aparcan, e incumplen as normas de circulación, incluso saltándose as sinais de tráfico.
Despóis de percorrer esta rúa (limpa como as demáis), xa só hay que cruzar outro paso de peóns, xa perto do centro de ocio xuvenil (a bolera). Neste centro de ocio é donde encontramos o máis selecto da xuventude do pobo, xa chegamos, e podemos ver os rapazucos deleitandose e aprendendo da "cultura do bolo e a bola", incluso con un pouco de sorte, tamén podemos ver rally.
Arteixo, cidade sin ley.