Arteixo Castellano  Galego  

Arteixo, terra meiga

Segredos dun pobo que enfeitiza

ALBA (4ª entrega)

25/04/2008

Alba tiña once anos cando de súpeto a nena convertiuse en muller. Aquelas manchas de sangre na súa roupa interior confirmábanno. Nese intre toda a súa inocencia convertiuse en madurez porque as circuntancias obligabanna a elo. Tratou de tranquilizarse e pensar que facer. Ninguén da súa familia podía saber aquilo, sabía ben o que sifnificaba: o fin da infancia. Seguramente tería que deixar a escola, deixar de ver a súa amiga Andrea. Tería que vestir aquelas saias longas que levaban as mulleres xitanas. Ela non quería afogar entre esas vestiduras, quería seguir subindo ás árbores, chapotear nos charcos, enredar cos outros nenos do poboado, e sobre todo, seguir sendo amiga de Andrea. Pero aquela sangre maldita que fluía do seu corpo, converteuna de súpeto nunha muller, e non nunha muller calquera, non. Nunha muller xitana. A partir de agora, a súa obriga era prepararse para o matrimonio, aprender a servir ao seu home, a parir fillos e a crialos naquela miseria. Aprender a calar, a someterse as leis do seu pobo das que a ela lle gustaría fuxir, pero sin rexeitar a súa xente. Quería ser libre, e ter dereitos. Non dixo nin ren do que lle estaba a acontecer, e en canto pudo, foi a pedir axuda á única persoa que podería axudala naquela situación: María, a nai de Andrea. Ela sempre fora unha referencia para Alba. En parte eses desexos de liberdade, de ser unha muller coma outra calquera, sin os perxuicios de haber nacido nun grupo determinado, viñan das longas conversacións que as nenas solían ter con aquela muller, de cando lles falaba de autoestima, de dereitos, de liberación feminina, de ser donas dos seus corpos e os seus soños, baixo unha gran capa de maquillaxe que ocultaba os moratóns que lle causaban as palizas do seu home.
María mirou desconcertada a Alba, que ficaba calada na entrada da casa sen decir nin ren. As bágoas corrían polas meixelas, e facían brillar aqueles grandes ollos azabache que parecían máis fermosos que nunca. Adiviñou que algo moi grave lle estaba a acontecer á rapaza.

http://arteixo.cidadans.net/Amadora/2008/04/25/alba-4-entrega/
11 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. simplemente.... precioso.

    un saudo amadora

    Publicado por: clint_easwood | 26/04/2008 08:25:11
  • 2. Fermoso moi fermoso,xa decia eu que esto prometia...miña nena eres impresionante.Bicos

    Publicado por: marajota | 26/04/2008 13:59:07
  • 3. si nena escribes muy bien, ya te lo he dicho y siempre te animo a seguir, pero hoy te odio. Clint te manda saludos y a mi su más fiel admiradora no me dice ni que me muera, uf, como está el patio
    unha aperrta, snif, snif (me ahoga el llanto)

    Publicado por: esquio | 26/04/2008 20:40:52
  • 4. miña querida esquio, as miñas disculpas por non terche adicado unhas palabras, pero por deus, non esteas triste que xa sabes perfectamente que para min eres moi moi importante nesta páxina, sen ti esto non seria o mesmo,gracias por acordarte de min todo este tempo que levo viaxando polo oeste sin case tempo para escribir.

    un beso para ti dende o oeste.

    Publicado por: clint_easwood | 27/04/2008 10:29:13
  • 5. Gracias a tod@s vós. Espero non decepcionaros...

    Publicado por: Amadora | 27/04/2008 18:49:28
  • 6. Unha aperta. E xa sabes que estiven ocupado en outras cousas ...¡¡¡En qué líos se mete un pobre indio do carallo Amadora!!!. Un bico do toxo revirado.

    Publicado por: sioux | 27/04/2008 22:19:05
  • 7. Amdora,igual que sioux eres una fenomena,felicidades por todo cuanto escribes.

    Publicado por: Vecina de Meicende | 28/04/2008 21:11:26
  • 8. Coma a vida mesma.....Bikiños

    Publicado por: Suevos | 29/04/2008 10:45:23
  • 9. Amadora, sigue...

    Xa sabes que moitos vamos xuntando todo-los anaquíños,(para iso escribimos, para xuntalos)...
    De anaquíños se fixo o mundo. E asegún contan... ¡Ata Dios tivo que enredar unha semaniña enteira xuntando anácos pa' agallar a vida e todo isto no que nos enliámos sin xéito!. ¡Por Dios!.

    Publicado por: sioux | 29/04/2008 22:17:49
  • 10. Faltanos a entrega de esta semana e xa non soportamos máis. Sigue deleitándonos que somos moitos os que estamos pendentes de tí. Noraboa e un bico.

    Publicado por: albanta | 05/05/2008 15:18:50
  • 11. Perdonad mi ausencia estos días, prometo que esta semana tendreis una nueva entrega de Alba, y muchas gracias por vuestros comentarios. Unha aperta para tod@s.

    Publicado por: Amadora | 06/05/2008 21:55:05

Publicar un comentario


 

(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados