Castellano Galego
Alba tamén fora á escola. Alí era rexeitada por case todos, menos polos mestres e por Andrea, unha nena loira, branquiña e escuchumizada. A Andrea tamén a rexeitaban pero por motivos diferentes aos de Alba. A ela rexeitábanna pola súa debilidade e brancura de nena enfermiza. A Alba pola súa pel morena, por ser tan bonita, tan xitana. Entre as cativas naceu unha fermosa amizade. Eran inseparables. Cando a nai de Andrea iba a buscala á escola, Alba sempre estaba con ela, contaxiándolle un pouqiño daquela inocente alegría infantil. Andrea empezou a ser unha nena máis alegre, e a súa saúde pouco a pouco foise fortalecendo. Un día a nena pediulle a súa nai, se Alba podería quedar con ela o fin de semá. E alá foi ela, a aquel poboado escondido para que non se vira dende a estrada. O que vía era desolador, nenos correndo descalzos pola lama, basura a moreas, chabolas feitas con catro tablas...Pero no medio de toda aquela miseria, había persoas alegres bailando e cantando, guitarras, palmas, risas... entón comprendeu que a xitaniña era unha nena leda, a pesares de non ter nada. Buscou aos pais da nena, e déronlle permiso para levala con ela.
Ao chegar a casa de Andrea, Alba quedou impresionada, nunca vira unha casa como aquela, nin siquiera se lle pasara pola cabeza que as casas non foran todas como a súa. Entrou timidamente na habitación de Andrea que descansaba despois de ter unha pequena crise asmática. Os seus ollos non daban crédito ao que vía. Aquela habitación estaba chea de “tesouros”. A súa amiga nunca lle dixera que tiña tantas cousas. A nai mirounas compracida, e pechou a porta.
Aquela casa estaba chea de “tesouros” como decía Alba. Os tesouros non eran máis que as cousas normales que pode haber nun fogar, pero que no de Alba non tiñan. Mais naquela casa non había a música do poboado, nin a alegría. Alí para elas todo era soidade e tristura, sometidas á tiranía dun pai que asoballaba por todo á súa muller, chegando incluso a pegarlle diante da filla.
A amizade das dúas nenas, fixo máis levadeira a pobreza de Alba, e a tristura de Andrea. Alba quedaba moitas veces na casa da súa amiga, máis Andrea non coñecera nunca o poboado xitano. O pai tíñallo prohibido. Xa era unha miragre que consentira que a súa filla fora amiga dunha xitana.
1. sigo pacientemente lendo a historia de Alba, non sei se me apetece que remate, non sei porqué, non imaxino un final feliz, ainda que co positiva que ti eres seguro que lle das unha boa reviravolta ó conto para que nos emocione a todos.
2. Quruxa, gracias pola túa paciencia, e pola túa lectura. Unha aperta.
3. Agora que contas o de Andrea, lembro que cando eu tiña oito anos, había unha nena na miña clase que era sumamente morena. Os seus pais eran xornaleiros nunha granxa, e eran moi pobres: como única riqueza, un fato de fillos. A nena viña á escola pouco aseada, coa roupa moi vella e mesmo rota, e a profesora que tiña, que nos facía rezar para que Deus lle perdoara os seus métodos pedagóxicos, chamáballe "la piojosa" e tíñaa apartada de nós, nunha mesa, soa. Lembrarei por sempre este caso porque mesmo nos privaba de que faláramos con ela, e rezaba, pero non tomaba medidas de hixiene coa nena para insertala: no colexo hai duchas, e convocando ós pais ou ó claustro poderíanse ter feito outras cousas, en vez de tanto rezar...Foi a primeira vez e a última que tiven piollos na miña vida, coma todos os nenos da clase...pero nese caso, os nenos fomos máis adultos e nos recreos, non renegábamos da nosa compañeira. A esa compañeira cando a vexo sigoa saudando, pero á miña profesora, que foi dos poucos garbanzos negros que encontrei negueille o saudo por sempre...por ser unha profesora hp (high power)...
4. L., ¿Qué?...¿Ti a remolque, non?...
O día que te pares a escribir como 'mandanuestroseñor' e abras un blog 'ciberneticamentesinesquenceracontraseñadocarallo', me parece que uns cuantos vamos a semellar mancos ou a caer da silla,eh.
5. O día que L_DEL_J escriba como "mandanuestroseñor" como ti dis Sioux, eu desaparezco do mapa. Creo que vamos a sobrar todos. Bueno, ti non Sioux, ti está á altura dela.
6. Fermosa forma de coller piollos L_DEL_J.
7. Sí...porque os piollos, aínda que eran molestos, ó fin quitáronse con un champú específico e unha locción...a alma de sabesuga da profesora, non se quita con nada...
Polo demáis...xunto letras en función do tempo, das ganas, do que se me pase pola cabeza...ou mesmo de cousas que me teñen pasado...
8. Quruxa a min pasame como a ti,sigo con paciencia e intriga a historia de Alba e non quero que remate por que creo que o final non vai ser alegre.L_DEL_J permíteme decirche que teñen razón sioux e Amadora o que empezaches a contar no blog de perdido gustoume moito moito,por favor non deixedes de escribir ningun por que eu cada dia aprendo algo de vos..
9. Penso que a maioria de nos tuvemos algun compañeir@ asi na escola,eu tuven unha compañeira os 8 cursos da EGB,que a maioria dos nemos apartaba dela,era unha nena calada e apobre non mui boa cos libros,hoxe e unha muller feita e dereita,formou unha familia que xa lle gustaria a moit@s que se rian dela e chamámballe de todo. E luchadora,traballadora e sobre todo sigue sendo unha moi boa persoa,QUE CARALLO(perdón)eu tamen conocin moi de cerquiña os piollos e mais non morrin,vale mais ter bos amigos con piollos e non despiollados e que sexan mais cortos que as mangas dun chaleco.
10. ¡facédeme caso.......(por unha única vés)! escribide entre todos unha obra de teaaaatro....facédeme caso. Vades sobradíiiiisiiimoooosss de talento.
¡Siento una mezcla de "orgullo" y "envidia" cuando os leo....!
11. O.K., que a vaian escribindo, L_DEL_J, Sioux, Quruxa, Jgr etc. ¿De quén me olvido esta vez? NON, NON, Esquío a ti deixeiche para o final para que remates a obra con un dos teus finais, tan... tan... indescriptibles. ¿Non si, Quruxa? Valvanera, abre e cerra o telón, e eu pego os carteis. Puf!!! Qué mandona me estou poñendo! ¡Marajota! ¿e ti, miña nena, súmaste ao club? Xa che buscaremos algúnha personaxe para interpretar...
12. Ou se te animas, para escribir...
13. A min faríame unha ilusión ser por unha vez protagonista!!!! pero co final que lle pode dar Esquío, véxome degollada por un asasino en serie ou transportada ó mais aló nunha nave espacial de homiños verdes con fauces de lobo.., case deixo o papel de prota e me quedo de apuntadora, agochadiña sen que ninguén me vexa recordándovos as frases cando de vos olvide o papel cos nervios da estrea ante un auditorio multitudinario.
14. Claro que me sumo,dame na misma onde me poñades como si me toca na taquilla que "aljien" ten que picar os "tikes", o que si teño seguro e que non me vou aburrir.
15. De eso nada. De apuntador xa vai facer o noso JGR...¿se nón que? ¿dónde o poñemos? Así que... os demáis ¡a escribir!
(como vedes escribir, escribir....NON, pero mandar, mandar, mandar...sabemos todos)
Besos, pavitas. (se quedades por aquí mandádelle un "felicessueñosratoncitorevirado" a quen xa sabedes.
Supiiiiiinoooooo: MUAAAAAAAAAAAAAK!!!!!
16. Bueno o de escribir.......deixo para vos que eu non vos chego nin a sombra da "suela de los zapatos",eu de momento sigo aprendendo,e eso si,como taquilleira non teño precio.
17. Un MUAAAAAAAAAAAAK para ti, ¡guapaaa!
18. MARAJOTA! A tikear, a vender, ao que sexa, pero ti non quedas fora non, e co tempo, xa escribirás, xa. Achuchóns. E agora si que marcho.
19. Quru, mira siempre a tu espalda y cuidado cuando subas al coche por la noche... escondido en el asiento de atrás...puede haber algo más que lo tu crees... cuiiidadooo, amiga es un buen consejo. Mira, mira,pon atención alguien vigila tus pasosss
20. ¿¿¿¿?????
21. Es para que vayas metiendote en la prota de la obra que piensan hacer los blogueros
22. ¿Qué, sei que vamos andar de "Holojuin" en plena Prima-Vera, ouh?.
23. Perdoa, Amadora que che roube un pequeno espazo no teu blog, en tanto non abra un: xa sabes como son, pero ou no teu ou no de Sioux acabaría recalando.
Hoxe saiu na tv un xuíz de Madrid que leva específicamente o tema da violencia de xénero na Comunidade de Madrid. Saiu para denunciar as súas condicións laborais e as repercusións que, polo "particular xeito" de ter que levalas a cabo, acarrean.
Este home comentaba que, ten nestes intres unhas sete mil denuncias pendentes de tramitación, facendo especial fincapé no feito de que non se estaban a xulgar danos materiais, senón situacións persoais moi delicadas, que afectaban á falta de libertade das mulleres afectadas e mesmo á conservación da súa propia vida. Estaba indignado e desesperado porque, precisamente, unha das denunciantes foi asasinada a mans da súa ex-parella. A súa reacción inicial foi meditar na posibilidade, por verse desbordado, de pedir o traslado, pero finalmente, de forma moi valente, decantouse por facer pública a súa situación e tamén denunciar ás autoridades competentes mediante as vías xudiciais pertinentes,para que tomen, en forma de reforzos, cartas no asunto.
24. O mesmo xuíz denunciou que chegou a ter até mil maltratadores encarcelados como consecuencia das instruccións e condenas oportunas. Falou tamén da situación da Unidade Policíal que se encarga da violencia de xénero na Comunidade. Non recordo a cifra exacta de policías cos que contaba dita unidade, pero o que sí se puxo de manifesto é que,como moito, cada policía tería que atender dez mulleres, e a cifra é moito máis elevada: algo máis de duascentas trinta. Por non ter, non teñen nin coches suficientes cos que prestar os servizos...polo que suelen recurrir ós da súa propiedade, conscientes da delicada situación.
25. L_DEL_J, sabes que este espacio é de todos vós para falar do que queirades.
A verdade é que eu estou indignada co que acabas de contarnos. Hasta cado vamos a seguir sufrindo esta situación?
Eu noi sei se hai vontade suficiente por parte dos que nos gobernan de poñer remedio. Explícome: durante os debates televisivos que precederon ás eleccións, cántos minutos adicaron os candidatos (todos) a abordar o tema do maltrato e a morte das mulleres nas mans das súas parellas? Cantas cifras se deron sobre estas víctimas? En contrapartida, cántos minutos adicaron a falar das víctimas do terrorismo de E.T.A. que si facemos números son moitas menos? Eu condeno ós asasinatos de E.T.A, non me interpretedes mal, pero todos son víctimas da barbarie, e penso que non se lles da o mesmo trato. E marcho porque estou empezardo a indignarme demasiado... Unha aperta.