Arteixo Castellano  Galego  

Arteixo, terra meiga

Segredos dun pobo que enfeitiza

Feria Histórica 1900: a muiñada

21/10/2008

ImagenAs veces non é tan difïcil viaxar ao pasado. E Arteixo, en pleno século XXI, despediu aos que marchaban a terras lonxanas, maleta en man co corazón cheo de morriña. O grupo de teatro FAISCAS, foi o encargado de facer unha pequena parodia do momento da despedida dos emigrantes. Reímos a reo, aínda que tamén houbo quen chorou polas lembranzas que a situación truoxo á súa memoria. Miñas felicitacións para este grupo de actrices de teatro aficionado.

O domingo amenceu soleado, e alá marchamos un grupo de xente cara os Muiños de Sisalde, nunha actividade organizada polo Concello. Chegamos cediño, había que poñer o muiño en marcha. Unha miuñeira moi pequeniña ataviada de época, co seu mandil e pano  na cabeza, foi a encargada de poñer a traballar a pedra do muiño para moer o millo. Alí todo era 1900, as roupas, o muiño de pedra, o murmullo do río, os camiños de terra polos que fumos en busca de castañas e cogomelos mentras se moía a millo. E sobre todo a paz e a fermosura do lugar de Sisalde. Máis tarde o calor apretaba, e sentín a incomodidade das roupas que levaban as mulleres naquela época. As saias longas molladas polo orballo da mañán, non axudaban a contrarrestar os efectos do calor. E entón pensei, benditos pantalóns vaqueiros e camisetas do século XXI. Era tempo de voltar a recoller a fariña, e unha vez feito o traballo, os músicos do grupo animaron a xornada cunhas muñeiras, non podía ser doutro xeito. A pedra do muiño deixou de xirar, e pechamos a porta. Nese intre sentín un aquel de nostalxia. Era xa a hora do regreso, do regreso a civilización e a o ano 2008. Pero endexamais olvidarei as imaxes dunha xornada inolvidable, que tiven o pracer de compartir ca miña familia e amigos.

http://arteixo.cidadans.net/Amadora/2008/10/21/feria-historica-1900-a-muinada/
13 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Por favor, o bolsiño de Minie da foto non está, ignoradeo. Colouse no século pasado como por arte de máxia. Sabedes que os nenos viaxan ao futuro cunha facilidade digna de admiración. A eles lles está permitido todo no mundo da imaxinación. Unha aperta para tod@s vós.

    Publicado por: Amadora | 21/10/2008 22:49:53
  • 2. A feira historica iste ano volveu a ser un exito en todo/los sentidos,máis participación que nunca,máis postos de venda,é máis participación do tecido asociativo de Arteixo que nunca.Fermosa afoto dentro do muiño de Sisalde,muiño que aínda non vin restaurado,pero que de rapaz xa estiven nel.O entorno de Sisalde en si xa ten un encanto particular,po/la tranquilidade que trasmite a quenes simplemente pasan a carón..
    Unha noite no muiño
    unha noite non e nada
    Unha semaniña enteira
    iso si e muiñada

    Publicado por: Arteixán | 22/10/2008 10:20:55
  • 3. Os de Queiroa aportamos o noso pequeno gran de area, bailando na apertura da Feira.

    Publicado por: Inconformista Recalcitrante | 22/10/2008 13:50:15
  • 4. Perdoade Queiroa, non tiven o pracer de veros en esta ocasión, pero xa os vin actuar moitas veces. As miñas felicitacións para vós tamén, e para todas aquelas persoas que participaron dun xeito ou doutro na Feira Histórica. Parabéns aos organizadores a a todos os colaboradores. Estou de acordo co Arteixán, eu vin moita xente este ano na feira, además ampliouse á praza do Balneario. A ver se ano a ano vai crecendo un pouqiño. Saudos

    Publicado por: Amadora | 22/10/2008 16:00:29
  • 5. Vaia, Amadora, non souben a tempo o de esa miniexcursión. Dame case vergoña admitir que non coñezo a zona de Sisalde, pero tentarei ir proximamente.
    Bikiños

    Publicado por: Suevos | 22/10/2008 16:47:29
  • 6. Suevos, ter que ir a coñecela. É preciosa. Arteixán, xa contarás si de neno viviches algunha muiñada no Sisalde. Eu, a pesares de ser neta de labregos, non lembro ningunha, sen embargo lembro ao meu avó paterno preparando o millo para levar ao muiño. Deixabao nun cuarto todo amontonado para metelo en sacos ao día seguinte. O meu irmán máis eu saltábamos enrriba do millo e espallabamos todo polo cuarto, ¡qué risas botábamos! A avóa, para evitar o cabreo do avó Antonio, barría todo cunha escoba de xestas, refacía o montón de novo e alí non pasara nada.

    Publicado por: Amadora | 23/10/2008 00:44:03
  • 7. Mixuriña,
    ¿qué comiches?
    Pan con sardiñas
    ¿Quén chos dou?
    Miña madriña...


    Nunca participei nunha esfolla porque a folla do millo dame alerxia, nin nunha muiñada, aínda que andiven polas comportas que desviaban ó Río Bolaños para o muiño de Caldas, e saín feita un manual de entomoloxía. Pero sí teño debullado millo: ensinoume miña madriña sendo cativa, coa axuda dun carozo. Cando ela pensaba que me ía cansando, cantábame "Mixuriña", virando as miñas mans coas palmas para arriba e facendo pequenos círculos coa xema do seu dedo corazón nelas. Logo decíame: ven, que xa o faremos o padriño e máis eu.

    Publicado por: L_DEL_J | 01/11/2008 20:35:43
  • 8. Cando eles compraron o muiño eléctrico, como sabían que as papas de millo feitas en leite eran unha debilidade para min e que era malcomedora coma min soa, prantaban uns pes de millo branco e moíano na casa, e dábanme da súa fariña...Agora xa non están aqui,aínda que do meu corazón non van marchar nunca,e o seu recordo pervive exquisito...

    Publicado por: L_DEL_J | 01/11/2008 20:42:30
  • 9. ¡Papas de millo! !Ai, L_DEL_J, qué ricas...! Sa sei o que vou cenar hoxe, teño fariña de millo que merquei na Feria História... A verdade e que son fermosas as nosas lembranzas.

    Publicado por: Amadora | 01/11/2008 21:07:16
  • 10. Mixuriña,
    ¿qué comiches?
    Pan con sardiñas
    ¿Quén chos dou?
    ROUBEINOS.E AHORA SON MEUS.

    Publicado por: LADRONS | 03/11/2008 20:33:47
  • 11. Exacto, ladróns: ben definido. Tí roubas e falo teu, enlodas, enmerdas, emporcas. Esa é a diferencia. ¿Sabes que tes un aire con Piolín? Só que tí eres un Piolín diabólico, pola merda que escupes. De todos os xeitos, a todo Piolín lle chega o seu lindo gatito...

    Publicado por: L_DEL_J | 03/11/2008 21:48:51
  • 12. cala a boca tontaina emfermo mental.

    Publicado por: mental | 04/11/2008 18:49:56
  • 13. Enfermo mental é aquel que se desdobla en múltiples personalidades, que escribe na Bolera porque non lle detecten o IP, que pregunta nalgúns establecementos públicos por cándo lles traen o Periódico de Arteixo para verse neles...pero...pero...conozo un caso no que pasaba o mesmo: o dun tipo que dixo nunha ocasión que seu pai saira no periódico: foi xusto o día non que saiu a súa esquela.

    Publicado por: L_DEL_J | 04/11/2008 19:06:11

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados