Castellano Galego Esta noite foi unha noite de troula, empezou todo ca gala benéfica de patinaxe artístico (logo os conto como foi), despois á casiña a cear ca familia, máis tarde á verbena, porque en Arteixo somos moi festeiros, en fin, que cando por fin caín rendida nos brazos de Morfeo,(que non, que non é o meu amante, sino o deus do sono...)xa case que era día. De súpeto uns estalidos empezan a retumbar e Orfeo abandoname deixandome soíña e desperta nunha mañán na que despois da troula, o único que quero e durmir.E digo eu, ¿os señores artificieros non teñen nada millor que facer que votar bombas e cohetes a unha hora tan temprana (non serían nin as nove), nunha vila durmida que celebra as festas do seu patrón Santiago Apóstol?... Un pouqiño de "pofavó"... Boas festas a tod@s.

Desde ARTEIXO, TERRA MEIGA, quero facer un chamamento. Fai varios posts que voto en falta a un dos nosos blogueiros máis destacados, voto en falta as fotos do noso Concello, todos o coñecedes, é o autor do blog "ARTEIXO EN FOTOS", e o seu nome é: perdidoenlared, e neste caso nunca millor dito. Para daros máis datos, direivos que o seu último post foi do 3 de xullo, e o máis grave, que non tiña foto, aínda que o artigo deu bastante que falar, eu votei de menos a súa paixón polas imaxes. Se alguén o coñece, ou sabe algo de él, facede o favor de decirlle que o votamos de menos por arteixo.cidadáns.net, que isto non é o mesmo sen as fotos dos grafitties que tanto gustan a jgr. e a Amadora, que a páxina está moi sosa sen a cor que tan só él sabe poñer, que o andamos a buscar. Por favor amigo blogueiro, se lees esta mensaxe ponte en contacto connosco, tan só tes que votar man da cámara, que a túa sensibilidade artística fai o resto.