Castellano Galego
Permitidme una pequeña travesura, un inciso en mis historias, no pretendo echar más leña al fuego ni ofender a nadie. Sólo quiero compartir con vosotros un magnífico texto de Pío Barjoa, extraído de su novela "El mundo es ansí", con la que estoy disfrutando de unos magníficos momentos de lectura:
"El arte es un mullido lecho para los que nos sentimos vagos de profesión. Cuando uno comprende esta verdad, se proclama a sí mismo artista, escritor o pintor, músico o poeta.
Luego,los demás, empezando por la familia y por los amigos, no aceptan casi nunca esta solemne proclamación individual que les parece un subterfugio, un buen pretexto para no trabajar.
Pasado el tiempo, si el vago por casualidad resultara un artista estimable, la vagancia no se toma en cuenta, es, en algunos casos, una belleza más, un gracioso lunar; en cambio si el supuesto artista no produce nada que valga la pena, entonces su vagancia se pone al descubierto y se convierte ante los ojos de sus conocidos en algo criminal,desagradable y repelente"
As veces non é tan difïcil viaxar ao pasado. E Arteixo, en pleno século XXI, despediu aos que marchaban a terras lonxanas, maleta en man co corazón cheo de morriña. O grupo de teatro FAISCAS, foi o encargado de facer unha pequena parodia do momento da despedida dos emigrantes. Reímos a reo, aínda que tamén houbo quen chorou polas lembranzas que a situación truoxo á súa memoria. Miñas felicitacións para este grupo de actrices de teatro aficionado.
O domingo amenceu soleado, e alá marchamos un grupo de xente cara os Muiños de Sisalde, nunha actividade organizada polo Concello. Chegamos cediño, había que poñer o muiño en marcha. Unha miuñeira moi pequeniña ataviada de época, co seu mandil e pano na cabeza, foi a encargada de poñer a traballar a pedra do muiño para moer o millo. Alí todo era 1900, as roupas, o muiño de pedra, o murmullo do río, os camiños de terra polos que fumos en busca de castañas e cogomelos mentras se moía a millo. E sobre todo a paz e a fermosura do lugar de Sisalde. Máis tarde o calor apretaba, e sentín a incomodidade das roupas que levaban as mulleres naquela época. As saias longas molladas polo orballo da mañán, non axudaban a contrarrestar os efectos do calor. E entón pensei, benditos pantalóns vaqueiros e camisetas do século XXI. Era tempo de voltar a recoller a fariña, e unha vez feito o traballo, os músicos do grupo animaron a xornada cunhas muñeiras, non podía ser doutro xeito. A pedra do muiño deixou de xirar, e pechamos a porta. Nese intre sentín un aquel de nostalxia. Era xa a hora do regreso, do regreso a civilización e a o ano 2008. Pero endexamais olvidarei as imaxes dunha xornada inolvidable, que tiven o pracer de compartir ca miña familia e amigos.
A marcha de Andrea e María deixou orfa de amparo a Alba. Non sabía con quen falar do que lle acontecía, máis a nai deuse conta. Alba suplicoulle que pechara a boca, non quería que se enterase ninguén. Non amaba a ese noivo co que tería que casar. Negábase a servir a un home coma se fose unha escrava. Mais o silencio da nai non durou moito tempo, e de alí a pouco mais dun mes, xa estaban a celebrar a festa do futuro casamento.O noviazgo implicou o que Alba temía. Tivo que deixar a escola, os xogos, e unirse as rapazas casadeiras para preparar o seu verdadeiro destino.O Luis era un bo rapaz, a pesar dos temores de Alba. Tratábaa con dignidade e Alba foi confiando naqueles ollos negros que as veces estaban tan cheos de tristura coma os dela. A Merche, a futura sogra, foi a encargada de enseñar a Alba as costumes da casa. As mulleres tiñan que ocuparse de todas as tareas, dos fillos, de ter todo disposto para o marido. Alba tiña que aprender a calar, a ser sumisa, a repetar ao home, de poñerse a salvo doutras miradas masculinas que non foran as do esposo para evitar os celos de este, e así evitar palizas e humillacións inmerecidas. Pouco a pouco Alba foise adaptando a estes cambios, aínda que o seu interior se rebelase e toda a súa femineidade quisexe fuxir polos ollos e o cabelo azabache. Luis namoruose da beleza arrebatadora de Alba, e sucumbiu a súa enteireza e rebeldía.
Hola amigos, yo no sé vosotros pero yo tuve problemas con el apagón. Os cuento: A la hora prevista, siguiendo los buenos consejos de Sioux, apagamos todas las luces de la casa cuando de repente empiezan a tocar el timbre una y otra vez. Fuimos a tientas hasta la puerta y aparece mi vecina gritando "¡corre, corre, asómate a la ventana que te han dado un golpe al coche!" (esta mujer siempre se entera de todo, no sé como hace, debe tener radar en vez de oídos) Os podeis imaginar, ni ventana ni ná, me lanzo escaleras abajo mientras voy pulsando los botones de encendido de la luz de la escalera. Total, que llego al portal y enciendo todas las luces. Salgo a a la calle y me encuentro con una señora histérica que dando marcha atrás, escacharró el morro de mi "flamante" Ford Escort del año 98, según ella porque estaba muy oscuro y no veía nada (os puedo asegurar que los encargados del alumbrado público no fueron solidarios con lo del apagón, las luces de la calle estaban encendidas). Total, que desesperada miro al cielo por si ocurre un milagro y mi Forito se restablece milagrosamente, cuando veo a mis hijos asomados en los tres ventanales que dan a la calle ( uno por ventana), ¡y todas las luces encendidas!. Cubrimos el parte, después de buscar una linterna porque por lo visto y siempre según la versión de la señora causante del choque, no se veía nada. La señora histérica se va. Subo al coche que tiene el faro derecho delantero destrozado, lo enciendo y... ¡milagro!, a pesar del estropicio el faro alumbra. Ahora aquí estoy, ya recuperada del susto esperando a mi marido para darle la noticia del siniestro, si no lo ve antes de subir a casa, que probablemente no, porque por lo visto y según dicen, en la calle hay poca luz.
Queridos amigos: hace algún tiempo prometí contaros una historia. No lo he olvidado y aquí estoy de nuevo para cumplir mi promesa. Y para inaugurar esta nueva temporada en los blogs, temporada de cambios, os dejo este pequeño texto a modo de introducción. Espero que os guste.
María fixo o único que podía naquel momento por Alba. Ensiñoulle a utilizar os tampóns, deulle moreas de compresas, e despois de abrazala, choruo con ela.
María e Andrea tiñan as súas cousas preparadas. Fuxían daquel inferno. Alba,desesperada, quixo fuxir con elas. María con todo o agarimo do mundo, explicoulle que o seu lugar estaba ca súa xente. Fixolle entender que tiña a coraxe suficiente para chegar a ser unha muller libre dentro daquel poboado, as outras nenas necesitaban do seu exemplo e da súa forza. Non podía abandoalas para ir a ningures. María sabía que ela e a súa filla non tiñan destino, só esperanza, esa era a súa única equipaxe.
Hola queridos amigos:
Acabo de abandonar mi letargo bloguero, al que volveré inmediatamente por un tiempo después de esta entrada, para aclarar que se están haciendo comentarios con mi seudónimo y dirección URL que no me pertenecen. Estos comentarios aparecieron recientemente en el blog de A VELAS VIR. No sé quién es el autor ni me interesa, pero muy listo no debe ser pues uno de los comentarios aparecido ayer, lo hizo sobre las 13:00 horas, momento que coincide con mi jornada laboral y en la que no tengo acceso a ningún ordenador. Los que me conocen conocen mi profesión y saben que esto es demostrable.
Seguiré con el relato de Alba, no me he olvidado de vosotros. Un abrazo y que disfruteis de las fiestas que estos días y en los próximos se celebran en nuestro concello.
Alba tiña once anos cando de súpeto a nena convertiuse en muller. Aquelas manchas de sangre na súa roupa interior confirmábanno. Nese intre toda a súa inocencia convertiuse en madurez porque as circuntancias obligabanna a elo. Tratou de tranquilizarse e pensar que facer. Ninguén da súa familia podía saber aquilo, sabía ben o que sifnificaba: o fin da infancia. Seguramente tería que deixar a escola, deixar de ver a súa amiga Andrea. Tería que vestir aquelas saias longas que levaban as mulleres xitanas. Ela non quería afogar entre esas vestiduras, quería seguir subindo ás árbores, chapotear nos charcos, enredar cos outros nenos do poboado, e sobre todo, seguir sendo amiga de Andrea. Pero aquela sangre maldita que fluía do seu corpo, converteuna de súpeto nunha muller, e non nunha muller calquera, non. Nunha muller xitana. A partir de agora, a súa obriga era prepararse para o matrimonio, aprender a servir ao seu home, a parir fillos e a crialos naquela miseria. Aprender a calar, a someterse as leis do seu pobo das que a ela lle gustaría fuxir, pero sin rexeitar a súa xente. Quería ser libre, e ter dereitos. Non dixo nin ren do que lle estaba a acontecer, e en canto pudo, foi a pedir axuda á única persoa que podería axudala naquela situación: María, a nai de Andrea. Ela sempre fora unha referencia para Alba. En parte eses desexos de liberdade, de ser unha muller coma outra calquera, sin os perxuicios de haber nacido nun grupo determinado, viñan das longas conversacións que as nenas solían ter con aquela muller, de cando lles falaba de autoestima, de dereitos, de liberación feminina, de ser donas dos seus corpos e os seus soños, baixo unha gran capa de maquillaxe que ocultaba os moratóns que lle causaban as palizas do seu home.
María mirou desconcertada a Alba, que ficaba calada na entrada da casa sen decir nin ren. As bágoas corrían polas meixelas, e facían brillar aqueles grandes ollos azabache que parecían máis fermosos que nunca. Adiviñou que algo moi grave lle estaba a acontecer á rapaza.
Alba tamén fora á escola. Alí era rexeitada por case todos, menos polos mestres e por Andrea, unha nena loira, branquiña e escuchumizada. A Andrea tamén a rexeitaban pero por motivos diferentes aos de Alba. A ela rexeitábanna pola súa debilidade e brancura de nena enfermiza. A Alba pola súa pel morena, por ser tan bonita, tan xitana. Entre as cativas naceu unha fermosa amizade. Eran inseparables. Cando a nai de Andrea iba a buscala á escola, Alba sempre estaba con ela, contaxiándolle un pouqiño daquela inocente alegría infantil. Andrea empezou a ser unha nena máis alegre, e a súa saúde pouco a pouco foise fortalecendo. Un día a nena pediulle a súa nai, se Alba podería quedar con ela o fin de semá. E alá foi ela, a aquel poboado escondido para que non se vira dende a estrada. O que vía era desolador, nenos correndo descalzos pola lama, basura a moreas, chabolas feitas con catro tablas...Pero no medio de toda aquela miseria, había persoas alegres bailando e cantando, guitarras, palmas, risas... entón comprendeu que a xitaniña era unha nena leda, a pesares de non ter nada. Buscou aos pais da nena, e déronlle permiso para levala con ela.
Ao chegar a casa de Andrea, Alba quedou impresionada, nunca vira unha casa como aquela, nin siquiera se lle pasara pola cabeza que as casas non foran todas como a súa. Entrou timidamente na habitación de Andrea que descansaba despois de ter unha pequena crise asmática. Os seus ollos non daban crédito ao que vía. Aquela habitación estaba chea de “tesouros”. A súa amiga nunca lle dixera que tiña tantas cousas. A nai mirounas compracida, e pechou a porta.
Aquela casa estaba chea de “tesouros” como decía Alba. Os tesouros non eran máis que as cousas normales que pode haber nun fogar, pero que no de Alba non tiñan. Mais naquela casa non había a música do poboado, nin a alegría. Alí para elas todo era soidade e tristura, sometidas á tiranía dun pai que asoballaba por todo á súa muller, chegando incluso a pegarlle diante da filla.
A amizade das dúas nenas, fixo máis levadeira a pobreza de Alba, e a tristura de Andrea. Alba quedaba moitas veces na casa da súa amiga, máis Andrea non coñecera nunca o poboado xitano. O pai tíñallo prohibido. Xa era unha miragre que consentira que a súa filla fora amiga dunha xitana.
A sogra estaba agardando por ela. Abrazouna. Despois aquela muller avellentada pola vida, non polos anos, agarrou ao neto e mentres as bágoas corrían por aquel rostro moreno e cheo de enrrugas, entrou na casa. Alba segiuna cos seus fardos ao lombo. A casa era humilde. Un piso pequeno, pero limpo, nunha calle asfaltada, con luz... Nada que ver co poboado que Alba deixara atrás para acudir á chamada desesperada de “la Merche”. Alba case non se atrevía a preguntar, e sabía que tiña que facelo:
-Y el papa?
-Mal, hija mal, tantos disgustos acaban con él. En el hospital dicen que se recuperará, pero hasta que vea al hijo fuera de la cárcel, el papa no estará bien.
Alba sentía un gran afecto polo seus sogros. Por iso estaba alí. Merche non podía con tantas cargas. Cuidar do home enfermo, do fillo que estaba na casa, gañar uns cartiños vendendo roupa barata de casa en casa polo barrio. Sin ela aquela familia non era nada, morrían todos na miseria. Merche foi a que quixo marchar do poboado para tentar á sorte. Ao millor non lles iba tan mal no mundo dos paios. E alá marcharon todos empuxados pola forza daquela muller que criara tantos fillos no medio da miseria.
A familia da Merche sempre tivera fama de boa xente. Antes pasaban fame que meterse en cousas pouco honradas. A Merche e o seu home “O Manuel”, gañaban a vida vendendo chatarra, mandaran aos seus fillos á escola, e procuraran para eles fillas de boas familias. Entre esas familias estaba a de Alba. E a pequena medrou prometida ao Adán, o fillo pequeno de Merche e Manuel.
http://es.youtube.com/watch?v=6UOLb-lAWKI
Hola queridos amigos:
Permitidme un alto en el relato de Alba (que continuará), para hacer mi pequeño homenaje a las PALABRAS. Últimamente en estos cuadernos, no se habla de otra cosa más que del gran homenaje a la "palabra", la "fiesta de la palabra". Yo no asistiré a ese gran acto cultural, a pesar de que siento una gran pasión por lo que nos comunica con otras personas y que poseemos "todos" los seres humanos: el don de la palabra. Todo esto me sumergió en una profunda reflexión de lo que tan hermosa, y valga la redundancia, palabra significa para mí. Por eso rescaté de un blog que tengo medio moribundo en internet, este texto que escribí hace algunos años. No es una obra maestra, pero lo escribí con el corazón. Un abrazo para todos vosotros y espero que os guste
TAN SÓLO...
PALABRAS
Érase una vez una niña que jugaba a ser poeta,
jugaba con las palabras
en lugar de hacerlo con muñecas.
Se fue haciendo mayor y un día se dio cuenta
del daño que hacen algunas palabras,
y entonces sencillamente, dejó de amarlas.
Un día llegó el amor y con él nuevas palabras,
pero ahora no jugaba con ellas
sino que las susurraba...
Y el amor dio sus frutos
y los susurros se convirtieron, en una canción de cuna.
La vida fue pasando y hoy es una mujer adulta
que aún siente pasión por las palabras,
pero ahora ya no sólo las piensa, las susurra y las canta,
ahora también las grita
unas veces para clamar justicia al cielo,
otras para dar gracias por la vida.
Palabras, tan sólo palabras,
algunos dicen que se las lleva el viento
y yo susurro canto y grito:
sopla viento, sopla fuerte, y llévate mis palabras,
¡quién sabe!, quizá un día encuentres
a alguien que quiera escucharlas.
posted by Amadora at miércoles, junio 28, 2006