USURPACIÓN DE IDENTIDAD
venres, 18 de xullo de 2008 23:20
Hola queridos amigos:
Acabo de abandonar mi letargo bloguero, al que volveré inmediatamente por un tiempo después de esta entrada, para aclarar que se están haciendo comentarios con mi seudónimo y dirección URL que no me pertenecen. Estos comentarios aparecieron recientemente en el blog de A VELAS VIR. No sé quién es el autor ni me interesa, pero muy listo no debe ser pues uno de los comentarios aparecido ayer, lo hizo sobre las 13:00 horas, momento que coincide con mi jornada laboral y en la que no tengo acceso a ningún ordenador. Los que me conocen conocen mi profesión y saben que esto es demostrable.
Seguiré con el relato de Alba, no me he olvidado de vosotros. Un abrazo y que disfruteis de las fiestas que estos días y en los próximos se celebran en nuestro concello.
ALBA (4ª entrega)
venres, 25 de abril de 2008 23:10
Alba tiña once anos cando de súpeto a nena convertiuse en muller. Aquelas manchas de sangre na súa roupa interior confirmábanno. Nese intre toda a súa inocencia convertiuse en madurez porque as circuntancias obligabanna a elo. Tratou de tranquilizarse e pensar que facer. Ninguén da súa familia podía saber aquilo, sabía ben o que sifnificaba: o fin da infancia. Seguramente tería que deixar a escola, deixar de ver a súa amiga Andrea. Tería que vestir aquelas saias longas que levaban as mulleres xitanas. Ela non quería afogar entre esas vestiduras, quería seguir subindo ás árbores, chapotear nos charcos, enredar cos outros nenos do poboado, e sobre todo, seguir sendo amiga de Andrea. Pero aquela sangre maldita que fluía do seu corpo, converteuna de súpeto nunha muller, e non nunha muller calquera, non. Nunha muller xitana. A partir de agora, a súa obriga era prepararse para o matrimonio, aprender a servir ao seu home, a parir fillos e a crialos naquela miseria. Aprender a calar, a someterse as leis do seu pobo das que a ela lle gustaría fuxir, pero sin rexeitar a súa xente. Quería ser libre, e ter dereitos. Non dixo nin ren do que lle estaba a acontecer, e en canto pudo, foi a pedir axuda á única persoa que podería axudala naquela situación: María, a nai de Andrea. Ela sempre fora unha referencia para Alba. En parte eses desexos de liberdade, de ser unha muller coma outra calquera, sin os perxuicios de haber nacido nun grupo determinado, viñan das longas conversacións que as nenas solían ter con aquela muller, de cando lles falaba de autoestima, de dereitos, de liberación feminina, de ser donas dos seus corpos e os seus soños, baixo unha gran capa de maquillaxe que ocultaba os moratóns que lle causaban as palizas do seu home.
María mirou desconcertada a Alba, que ficaba calada na entrada da casa sen decir nin ren. As bágoas corrían polas meixelas, e facían brillar aqueles grandes ollos azabache que parecían máis fermosos que nunca. Adiviñou que algo moi grave lle estaba a acontecer á rapaza.
ALBA (3ª parte)
luns, 21 de abril de 2008 17:45
Alba tamén fora á escola. Alí era rexeitada por case todos, menos polos mestres e por Andrea, unha nena loira, branquiña e escuchumizada. A Andrea tamén a rexeitaban pero por motivos diferentes aos de Alba. A ela rexeitábanna pola súa debilidade e brancura de nena enfermiza. A Alba pola súa pel morena, por ser tan bonita, tan xitana. Entre as cativas naceu unha fermosa amizade. Eran inseparables. Cando a nai de Andrea iba a buscala á escola, Alba sempre estaba con ela, contaxiándolle un pouqiño daquela inocente alegría infantil. Andrea empezou a ser unha nena máis alegre, e a súa saúde pouco a pouco foise fortalecendo. Un día a nena pediulle a súa nai, se Alba podería quedar con ela o fin de semá. E alá foi ela, a aquel poboado escondido para que non se vira dende a estrada. O que vía era desolador, nenos correndo descalzos pola lama, basura a moreas, chabolas feitas con catro tablas...Pero no medio de toda aquela miseria, había persoas alegres bailando e cantando, guitarras, palmas, risas... entón comprendeu que a xitaniña era unha nena leda, a pesares de non ter nada. Buscou aos pais da nena, e déronlle permiso para levala con ela.
Ao chegar a casa de Andrea, Alba quedou impresionada, nunca vira unha casa como aquela, nin siquiera se lle pasara pola cabeza que as casas non foran todas como a súa. Entrou timidamente na habitación de Andrea que descansaba despois de ter unha pequena crise asmática. Os seus ollos non daban crédito ao que vía. Aquela habitación estaba chea de “tesouros”. A súa amiga nunca lle dixera que tiña tantas cousas. A nai mirounas compracida, e pechou a porta.
Aquela casa estaba chea de “tesouros” como decía Alba. Os tesouros non eran máis que as cousas normales que pode haber nun fogar, pero que no de Alba non tiñan. Mais naquela casa non había a música do poboado, nin a alegría. Alí para elas todo era soidade e tristura, sometidas á tiranía dun pai que asoballaba por todo á súa muller, chegando incluso a pegarlle diante da filla.
A amizade das dúas nenas, fixo máis levadeira a pobreza de Alba, e a tristura de Andrea. Alba quedaba moitas veces na casa da súa amiga, máis Andrea non coñecera nunca o poboado xitano. O pai tíñallo prohibido. Xa era unha miragre que consentira que a súa filla fora amiga dunha xitana.
ALBA (segunda entrega)
venres, 18 de abril de 2008 19:42
A sogra estaba agardando por ela. Abrazouna. Despois aquela muller avellentada pola vida, non polos anos, agarrou ao neto e mentres as bágoas corrían por aquel rostro moreno e cheo de enrrugas, entrou na casa. Alba segiuna cos seus fardos ao lombo. A casa era humilde. Un piso pequeno, pero limpo, nunha calle asfaltada, con luz... Nada que ver co poboado que Alba deixara atrás para acudir á chamada desesperada de “la Merche”. Alba case non se atrevía a preguntar, e sabía que tiña que facelo:
-Y el papa?
-Mal, hija mal, tantos disgustos acaban con él. En el hospital dicen que se recuperará, pero hasta que vea al hijo fuera de la cárcel, el papa no estará bien.
Alba sentía un gran afecto polo seus sogros. Por iso estaba alí. Merche non podía con tantas cargas. Cuidar do home enfermo, do fillo que estaba na casa, gañar uns cartiños vendendo roupa barata de casa en casa polo barrio. Sin ela aquela familia non era nada, morrían todos na miseria. Merche foi a que quixo marchar do poboado para tentar á sorte. Ao millor non lles iba tan mal no mundo dos paios. E alá marcharon todos empuxados pola forza daquela muller que criara tantos fillos no medio da miseria.
A familia da Merche sempre tivera fama de boa xente. Antes pasaban fame que meterse en cousas pouco honradas. A Merche e o seu home “O Manuel”, gañaban a vida vendendo chatarra, mandaran aos seus fillos á escola, e procuraran para eles fillas de boas familias. Entre esas familias estaba a de Alba. E a pequena medrou prometida ao Adán, o fillo pequeno de Merche e Manuel.
es.youtube.com
+ ver máis >>